galiza.indymedia.org
Universidade Invisíbel: Obradoiros Novembro/Decembro
Universidade Invisíbel , 02.11.2009, (Id: 21450)
Obradoiros: 1. Eixo Migración. A reforma da Lei de Estranxeiria, endurecemento das fronteiras e autoorganización migrante. ;
2. Eixo Xénero. Reconsideracións teóricas e prácticas do sexo e do xénero dende os feminismos e a teoría queer ; 3. Eixo Cinema. Ficción e realidade. ; 4. Eixo (Pop)Metropolis. Sim city: videoxogos e metropolis.


1. Eixo Migración. A reforma da Lei de Estranxeiria, endurecemento das fronteiras e autoorganización migrante.

A modificación da lei de estranxeiría que se está a debatir no Parlamento aprofunda no carácter represivo das políticas de inmigración e supón un recorte de dereitos e liberdades para a poboación migrante. Marga M. Escamilla, a xurista que está a ser a cara pública da campaña de oposición á reforma, achegaranos ás claves deste proceso que acentúa a consideración das persoas inmigrantes como mera forza de trabalho e as alonxa cada vez máis do sistema de protección de dereitos.

Un percorrido polo Ferrocarril Clandestino e pola Oficina de Dereitos Sociais Seco nos permitirá coñecer unha serie de redes de alianza, de apoio mutuo e acción común entre migrantes e autóctonas que fuxen do asistencialismo e do paternalismo. Veremos como a través da experimentación de novas formas de agregación de saberes, mutualismos de base e autodefensa colectiva das precarias, tentan a conquista de novos dereitos no actual devir migrante e flexível do trabalho e da vida.

Tamén debatiremos con diversas experiencias de autoorganización migrante da cidade, como a Asociación de sengalesas/es Aseser Teranga ou a Asociación de Uruguaias/os MedioMundo, que viven, actúan e resisten dende territorios fronteirizos na loita por unha cidadanía democrática e inclusiva que tenha en conta o carácter constituínte da movilidade.

Datas eixo migraciones


>> Luns 2 de Novembro
Titulo: Experiencias de autoorganización e loita migrante en Vallecas.
Presenta: Oficina de derechos sociales, Centro Social Seco (Madrid).
Lugar e hora: Centro Social Propolis, as 20 hs.

>> Venres 6 de Novembro
Titulo: A reforma da Lei de Estranxeiria: o novo endurecemento da política migratória.
Presenta: Margarita Martínez (Grupo Inmigración y Sistema Penal, Madrid).
Lugar e hora: Centro Social Propolis, as 17 hs.

>> Data por confirmar
Titulo: Experiéncias de autoorganización migrante n’A Coruña.


2. Eixo Xénero. Reconsideracións teóricas e prácticas do sexo e do xénero dende os feminismos e a teoría queer

¿Como podemos descolonizar e desnormativizar o xénero, a sexualidade e os feminismos?

¿Como desestabilizar o binarismo de sexo-xénero? ¿Como comprender os feminismos máis alá dos ollos de Occidente?

Dous exemplos de activismo feminista e queer axudarán a repensar a subxectividade mutante, inestável e dende as marxes dos corpos desnormativizados. Xunto a Mujeres Creando, colectivo anarkofeminista, nos adentraremos nunha perspectiva feminista xestada dende as rúas bolivianas. Con Gracia Trujillo repasaremos a historia de movimento lésbico dende o 1978 ate a actualidade.

Datas eixo xénero

>> Mercores 4 de Novembro
Titulo: Mujeres creando, axitación feminista nas rúas de Bolivia.
Presenta: Mujeres creando (Bolivia). Coorganiza Nomepisesofreghao.
Lugar e hora: Centro Social Atreu!, as 20 hs.

>> Data por confirmar
Titulo: Experiencias queer n’A Coruña.
Presenta: Maribolheras Precarias.


3. Eixo Cinema. Ficción e realidade.

A Historia do cinema e o cinema como historia. A realidade dende a cámara e a cámara creadora de realidade. Onde están as fronteiras? Como o obxectivo pasa a ser subxectivo; e viceversa? É o cinema un arte ou unha ciencia? Sitúase acaso no seu intersticio? Como podemos os espectadores non ser máis que meros espacios baleiros ante a pantalla, obrigados a mirar de fronte, a non mover a cabeza, a non ter ningún tipo de interacción, nin influencia, nin efectividade… sobre a imaxe? Non se nos impón unha actualidade? Que queda do cinema na televisión e na grande industria? Ver dossier. Obradoiro completo.


Datas eixo cinema

>> Martes 17 de Novembro
Titulo: O específico do cinema.
Presenta: O teatro resoante, Manicómicos e Olholivre.
Lugar e hora: Asociación Cultural Manicómicos (R/ Andrés Gaos, 16 baixo) as 17 hs.

>> Xoves 19 de Novembro
Titulo: A crise da imaxe-acción.
Presenta: O teatro resoante, Manicómicos e Olholivre.
Lugar e hora: Asociación Cultural Manicómicos (R/ Andrés Gaos, 16 baixo) as 17 hs.

>> Martes 24 de Novembro
Titulo: Novo documental. A cargo de Olho livre.
Presenta: O teatro resoante, Manicómicos e Olholivre.
Lugar e hora: Asociación Cultural Manicómicos (R/ Andrés Gaos, 16 baixo) as 17 hs.

4. Eixo (Pop)Metropolis. Sim city: videoxogos e metropolis.

Hablamos de cultura (pop)pular pero en este caso nos referimos más bien al papel que los videojuegos toman en nuestra sociedad. ¿Por qué videojuegos? En primer lugar por una cuestión meramente cuantitativa, pues los videojuegos conforman hoy la primera industria cultural, ya por delante del cine -y aún a pesar de eso, se trata de un territorio prácticamente inexplorado por la crítica. En segundo lugar, nos interesan los videojuegos porque definen nuevos espacios de interacción social (gamespace) más allá de la pantalla de nuestro televisor, nuevas epistemologías de la imagen y nuevas políticas de la narración. En los videojuegos encontramos también alegorías (algorítmicas) de nuestro mundo. Exploraremos a través de una instalación/exposición/debate una de estas alegorías, aquella que tiene que ver con Sim City -videojuego de gestión urbanística de gran popularidad- y las calles por las que andamos diariamente.


Datas eixo (pop)metropolis

>> Xoves 26 de Novembro (Instalación)
Titulo: Sim City: Videoxogos e metropolis.
Presenta: Ergosfera e Universidade Invisibel.
Lugar e hora: Praciña Pastoriza. Instalación/exposición de 13:00h a 20:00h.