.
Ciclo de palestras titulado:
Publica dende os
Indy-Pontos
O 3 de dezembro de 2002, un grupo de cidadáns e cidadás galegas encadearonse ao Parlamento Galego durante a celebración dun plenário de (inoperante) urxencia, verquendo o chapapote de 6 capachos recollido nas praias de Lira diante das súas mesmas portas e manifestando así por varias horas unha protesta nonviolenta ante a patética actuación técnica dos responsabeis políticos e a súa reiterada manipulación informativa. A desproporcionada cárrega policial que segueu a esta acción pacífica/reivindicativa saldou-se co ingreso de 6 dest@s cidadás nun centro hospitalario de urxéncias e dou unha vergoñenta volta ao mundo a traverso de diversos meios de comunicación internacional, deixando así ben ás claras cal era a resposta oficial do governo fascista de Fraga á unha máis que (ainda hoxe) xustificada indignación popular.
Pouco depois o excedentisimo concello tripartito de Compostela persoaba unha denuncia por danos ao mobiliario urbán (incluida unha factura co importe do servizo público dos bombeiros!¿) o cal implica a solicitude dunha pena de prisión para @s participantes. Cál debería ser pois a pena proporcional por ter verquido 77.000 toneladas de fuel? Cál a factura do povo galego?
Con todo, hoxe, 2 anos e 11 dias depois da brutal agresión, 2 anos e 27 dias depois do afundimento irresponsabel do prestige, 10 dos polícias identificados coma protagonistas da malleira baixo o mando do coñecido inspector Enrique León Calviño, ían ser pasados pola maquinaria da súa propia xustiza no banquiño dos acusados. A vista foi aprazada ata o 1 de Fevreiro do 2005 por incomparecencia de 5 policías autonómicos acusados. O concello de compostela reiterou a súa acusación por danos contra @s denunciantes
Podes tentar baixar o vídeo da cárrega.
Salvo excepçoes explícitas este site está licenciado sob a Licença Creative Commons.