galiza.indymedia.org
Proxeccións en Vigo: "Días de Furia, Experiencias Radicais do 68 nos USA"
GAS , 26.06.2008, (Id: 16295)
.


Ciclo na Cova dos Ratos r/Romil,3:

"DÍAS DE FURIA, EXPERIENCIAS RADICAIS DO 68 NOS USA”


Luns 30 de xuño ás 20:30h

"PANTEIRAS NEGRAS: TODO O PODER PARA O POBO”

Documental

1996 - USA - 116 Min.

Dirección: Lee Lew-Lee

En 1968, O movemento dos Panteiras Negras son o inimigo público número un do gobierno americano. Defenden a acción armada para conseguir a igualdade dos negros, desafían ao establecido e radicalizan a esquerda americana. O propio autor deste documental un ex-panteira negra retrata a historia deste mítico movemento, as súas actuacións e a terríbel represión que sufriron os seus militantes.


Xoves 3 de xullo ás 21h.

“THE WEATHER UNDERGROUND”

Documental

2002- USA - 92 Min.

Dirección: Sam Green e Bill Siegel

Documental sobre a loita armada revolucionaria nos Estados Unidos dos anos 60.

Weather Underground foi unha organización de persoas brancas e de clase media que cansadas da situación da época(guerra do Vietnam, falta de dereitos civís...) decidiron abandoar a loita estudiantil pacífica e tomar as armas para derrocar ao goberno. Co seu lema "Traer a Guerra a Casa" e os seus violentos e enfurecidos "Days of rage" (días de raiba) sacudiron en maior ou menor medida moitos pilares da sociedade da época e estableceron, xunto a outros grupos coetáneos como os Black Panthers, un antes e un despois na historia da desobediencia civil norteamericana.


Xoves 10 de xullo ás 21h.

“STEAL THIS MOVIE!” (rouba esta película)

Película Biográfica

2000- USA - 108 Min.

Dirección: Robert Greenwald

Actores: Vincent D'Onofrio,Janeane Garofalo

Película que narra a vida politica-social de Abbie Hoffman, activista, radical e un dos fundadores dos Yippies, e o seu paso pola clandestinidade convertíndose nunha das persoas máis buscadas polo goberno dos USA.

Organizan: Asociación Caleidoskopio ( http://bolezine.arkipelagos.net/node/151) e Grupo Axitación Social ( http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com/)
- Caixa dos correios:: gasvigo(arroba)moviments.net

gongh, 26.06.2008 (Id: 11576)

...is mai idol!

Iste sí que foi un bo peixe...mítico cando interrompeu a actuación dos Who en Woodstock largando contra tódolos jipis de postal que estaban alí. Pete Townshend lle deu unha oxtia coa guitarra e o tirou do escenario.

E dos weathermen qué dicer...en fin...

Molto divertente!





abbie, 01.07.2008 (Id: 11602)

"Se algumha vez escuitas algo sobre mim em conexom co festival, nom foi por tocar Florence Nightingale para os hippies. O que escuitaches foi o seguinte: 'Oh, esse, si, o que colheu o microfone, intentou dar um discurso quando Peter Townshend lhe partiu a cabeça coa sua guitarra? Atopei um semnúmero de referências ao incidente, incluso um colosal mural da escea. O que nom puidem atopar é umha soa foto do incidente. Por quê? porque em realidade nom sucedeu. Eu tomei o microfone, e dim umha curta charla acerca de John Sinclair, que acabava de ser sentenciado a 10 anos na Penitenciaría do Estado de Michigan por dar dous porros de erva a dous policias secretos, e como deveriamos ter a integridade que mantivemos na casa Woodstock para libertar aos nossos irmaos e irmás da cadea. Algo assim. Townshend, que estivera afinando, deu-se a volta e chocou comigo. Nom foi um incidente em realidade. Centos de fotos e miles de películas existem representando esse cenário, pero nom há nenhuma foto da tan comentada cena."

E sobre os yippies:
 http://www.lisergia.net/interferencias/purgantepublicitario/yippies.html




Wu Ming 6, 02.07.2008 (Id: 11610)


Nesta ligazón poderedes pasear impunemente pola memoria dos Provos, Indiani Metroploitani, Yippies, Situs e algúns mais.

Bo proveito.

 http://www.lisergia.net/interferencias/purgantepublicitario/trastornadas.html