galiza.indymedia.org
O Concelho de Compostela (PSOE-BNG) pide cárcere para voluntárias do Prestige
activistas nunca mais , 15.12.2004, (Id: 1199)
Ao fio do publicado neste CMI na editorial "Juizo a 9 polícias" (ver  http://galiza.indymedia.org/gz/2004/12/1176.shtml) e mais no destaque "O futuro da plataforma" (ver  http://galiza.indymedia.org/gz/2004/11/743.shtml)


O Concelho de Compostela (PSOE-BNG) pide cárcere para voluntárias do Prestige

Ontem acudiamos satisfeitas aos julgados de Compostela a sentar na bancada de acusadas à polícia que carregara selvagemente contra nós (voluntárias na praia de Lira) quando há dois anos figeramos uma protesta diante do parlamento de Galiza, em tanto "celebravam" a primeira sessom na que se tratava do Prestige. (podem-se baixar os videos da brutal carrega um de só 6,80 MB e outro de 13,40 MB do que emitiram a TVG e mais Localia, assim como o audio registrado pola rádio kalimera e fotos desde esta ligaçom do CMI Galiza: liga aqui ).

O juízo foi adiado até o 1 de fevereiro de 2005 pola incoparecência dos polícias autónomicos denunciados (só aparecerom os e as "nazionais") a quem, pelo visto não lhes avissaram cumpridamente, mas também (para nossa sorpresa) porque o Concelho de Compostela mantinha a sua denuncia contra nós por ensujar o pavimento da rua Horreo com chapapote do Prestige que recolheramos na praia de Lira, pelo que amais de ser denunciantes também estamos denunciadas.

O curioso deste asunto, é que nós criamos que na altura o concelho de Compostela retirara a sua denúncia contra nós depois do compromiso acordado numa juntança da plataforma Nunca Mais na que se resolvera dirigir-se aos responsáveis do Concelho (co-governado na altura e agora polo BNG e PSOE ) para que a retiraram e incluso pediram desculpas por ter-nos acusado de sujar o pavimento, quando as nossas costas, portos e praias estavam a sofrer o impacto do Prestige.

Mas lá estava ontem a advogada do Concelho ( Esperanza Cobas Prieto, a sazom casada com um polícia) com um priego onde figura detalhada a quantia da factura das labores de limpeza da rua Horreo por parte dos bombeiros ( saida de dous veículos, horas de mam de obra de um sargento e mais 5 subordinados, 200 litros de producto dispersante, e 8000 litros de auga a pressom) que subem a 940 euros, o que viria a constituir um delito pola nossa banda com penas de prissom por verquer uns capachos com chapapote ( pena que estariamos dispostas a assumir sempre que os responsaveis do verquido de mais de 77000 toneladas tiveram a sua pena proporcional por sujar os nossos mares e costas).

Da-se também a circunstância de que as pessoas denunciadas polo concelho do BNG e PSOE a instâncias da sua advogada são só as 6 pessoas ( as mesmas que figuram como denunciantes dos e das polícias ) que foram identificadas dum jeito irregular no hospital quando acudirom voluntariamente a que lhes figeram um parte médico dos golpes recebidos (em tanto agardavam para ser atendidas, uma pessoa do registro do hospital accedeu aos requerimentos da polícia para identifica-las), polo que nos da para pensar que esta advogada do concelho actuou pola sua própria conta para contrarrestar a nossa denuncia contra os compas do seu marido.

Queremos pensar que é assim, que nem os responsaveis políticos do PSOE e BNG no concelho de Compostela estám ao tanto das subterfugios e triquinhuelas da sua advogada e da petiçom de cárcere para quem estivemos manifestando-nos pacificamente diante do Parlamento nos días em que o chapapote estava a entrar nas rias e as manifestaçons espontáneas de cidadás jurdiam por toda a geografia galega. Só com ver algum dos vídeos pode-se apreciar como em tanto eramos selvagemente apaleadas e empurradas mantinhemo-nos com as maos em alto e em actitude pacífica.

Agora agardamos que este tema seja tratado no vindeiro Plenario da Plataforma Nunca Mais do día 17 (passado manhâ) e que se acorde dirigir-se ao concelho de Compostela e aos grupos políticos que o co-governam (BNG-PSOE) para que justifiquem esta actuaçom da sua advogada e que respostem se conta com o seu beneplácito ou pola contra excedeu-se nas suas funçons o que levaria a conseguinte apertura de expediente, ou de ser o caso que a advogada sim actua por ordem da alcaldia, saberemos se o BNG e o PSOE estám da corda dos que lijarom as nossas costas e mares ou da corda das que protestamos e sofremos as suas actitudes incopetentes.

xxx

xxx, 15.12.2004 (Id: 673)

E nisto non se pronuncia o Movemento polos Dereistos Civis??? Cantx cínicx en GN e o BNG... vaia noxo




Xiao, 15.12.2004 (Id: 676)

Non fagas demagoxia. O movemento polos dereitos civís non levou este caso, porque por desgraza hai tantos que non pode estar ao que sae. Pero de seguro que proximamente fai algo, e seguro que o inclúe no Informe que está a elaborar, e no que recolle todas as violacións de dereitos e liberdades, contra persoas de toda cor e signo, e sexa quen sexa a administración implicada. Non se pode criticar por criticar.

Pola miña parte, solidarizome como persoa cos enxuizados e o considero un auténtico escándalo que enlaza con todo o que está pasando no mundo e na Galiza: os conflitos que deberían ser asumidos con normalidade resólvense da pior forma posíbel, pola xudicialización e a inquisición política.

Unha aperta a tod@s @s de indymedia.




aSFADSF, 15.12.2004 (Id: 677)

UMMMMM!!!!!! pero o que fixestedes foi unha acción de Nunca Mais? e que non aparece por ningures dentro das actividades da plataforma........




pergunto, 15.12.2004 (Id: 678)

Se non é por indymedia non me entero que as había, ou seica pensades que todos vivimos en santiago? Poderíades os contertulios poñer un listado das que hay? E podedes deixar de pelexarvos? Ou non vos decatades de que traballades no mesmo?




Nunca Máis!, 15.12.2004 (Id: 681)

Nunca Máis!
Nunca Máis!

Tú mesmo/a o dixeches.

Era unha actividade de Nunca Máis, dese movemento social do que formamos parte todos/as que participamos entón e agora para difundir ese berro e darlle soporte e que tiramos para adiante cada un no seu espazo. Lémbroche, xa que tí pareces esquecelo, que esa manifestación fora convocada pola Casa Encantada que sí formaba parte da plataforma igual que outras moitas convocatorias de outras organizacións que tamén formaban parte da plataforma e que non eran 'oficialmente' convocadas pola plataforma simplemente por que non tiñan unha canle para facelo e que xurdiu moito despois.

En outras palabras; a plataforma é só un dos elementos que conforman ese movemento social coñecido por Nunca Máis, cunha característica que a diferenza do resto: que se consideran co dereito de representarnos a tod@s nós.

O feito de que esta carga policial non fora denunciada nin condenada pola plataforma -entre outras cousas- puxo en cuestión a súa validez como interlocutora do movemento, xenerou unha crise de credibilidade e despois dos resultados electorais do BNG provocou a súa paralización.

O erro de fondo foi considerar que un movemento social pode ser dirixido por unha organización vertical en función de intereses electorais. Veremos a ver se nestes dous anos tiveron tempo as xentes que orbitan a plataforma de abrir os ollos ou se queren que as enquisas que tanto desfrutan agora se convirtan no preludio dunha nova derrota eleitoral dos que representan eses mesmos intereses.





j., 16.12.2004 (Id: 684)

Toda a solidaridade para *s compañeir*s encausad*s. Nunca Máis somos tod*s! (= non só quen diga a Plataforma)




omeunome, 16.12.2004 (Id: 693)

estas organizacións teñen que apoiarse mutuamente por que os direitos humanos poden ser defendidos alén dos intereses políticos, cada un ten os seus, pero todas as accións deben ser apoiadas veñan de onde veñan. parabens ao MpDC se é capaz de superar eses condicionantes, e o mesmo para os demais nas accións contra os represaliados da CIG, AMI e demais.

 http://galiza.indymedia.org/gz/2004/12/1212.shtml

se golpean a un, golpean a tod@s
nengunha agresión sen resposta




anti-fascista, 18.12.2004 (Id: 699)

PP-PSOE-BNG-PG-DN... O INIMIGO A COMBATER!

VIVA A UNIDADE DE FPG-NÓS-PCPG-CNM-AVO...!

SOLIDARIEDADE COS REPRESALIADOS POLO CONCELLO NACIONAL-SOCIALISTA DE COMPOSTELA!

NUNCA MÁIS!