O Esperpento da Dignidade
Casa Encantada
,
27.01.2005, (Id: 1592)
O día 1 de febreiro 6 manifestantes levarán a xuìzo a 10 policías pola agresión sufrida durante a carga diante do Parlamento Galego o día 3 de decembro do 2002, día no que se celebraba o primeiro pleno parlamentario sobre o “Prestige”. Pero a dignidade non vén sen esperpento: Bugallo desde o concello, pide para os manifestantes de 1 a 3 anos de prisión por ter botado 3 capachos de chapapote de Muxía no asfalto da rúa do Horreo.
Dous días despois da Manifestación da Dignidade, arredor de 20 persoas se concentraron nunha acción diante do Parlamento Galego na que se verteron tres capachos de chapapote, unhas sardiñas mortas e un barco de papel mentras outras seis persoas se encadearon ao enreixado do edificio.
Durante o tempo que durou o pleno parlamentario sobre o "Prestige" as manifestantes mantiveron a concentración na rua con o tráfico cortado pola policia. Cando ia rematar o pleno, xusto antes de que as súas "señorías" saísen do Parlamento foi cando a policía, sen mediar palabra,
comezou a carga contra as manifestantes.
O Alcalde de Compostela denunciou a estes manifestantes por un delito de danos, que xustifica cunha factura emitida pola Xefatura do Servicio Municipal de Bombeiros de Compostela cunha cuantía de 994,40€ por efectuar unha "limpeza" de chapapote da vía pública con nada menos que 200 litros de producto dispersante e 8.000 litros de auga a presión. Se tres capachos na rúa do horreo son 994,40 Eur. 77.000 toneladas nas costas galegas serán…
Maniféstate o 1 de febreiro ás 10:00 h diante dos xulgados de Fontiñas.
Maniféstate o 1 de febreiro ás 10:00 h diante dos xulgados de Fontiñas.
O Esperpento da Dignidade. Novo juízo pola carga brutal diante do parlamentinho. Como saira na prensa aquela acción: http://causaencantada.org/casaencantada/chapapote/vergonza/prensa/prensa.htm Os videos da TVG e de Localia: http://causaencantada.org/negativopositivo//parlacarga/parla.html Máis información neste CMI Galiza: http://galiza.indymedia.org/pt/2004/12/1176.shtml
galego,
28.01.2005 (Id: 970)
creio que por umha vez so eles que vam passar pola roda da justiza fascista qeu defendem,e que temos que ir ali em apoio dos companheiros que forom maltratados ese dia,mas tambem polas moitas palizas que derom eses policias e que quedarom impunes.A luita continua nas ruas!
NOM MAIS REPRESSOM DENDE OS SICARIOS DO CAPITAL!
sapoconcho,
29.01.2005 (Id: 985)
Quixera dar o meu apoio incondicional ás persoas que sufriron a brutal carga policial diante do parlamento. A ver se desta vez a balanza da xustiza cumple o seu cometido cos torturadores. Gostaría asistir á manifa, mais non hei poder por motivos laborais.
Estarei ao tanto neste cmi do que aconteza...
Ningunha agresión sen resposta!!
NUNCA MÁIS!
javichu,
30.01.2005 (Id: 987)
mi mas sincero respeto a las personas que se atrevieron a denunciar a los policias que les golpearon, no debe ser nada facil enfrentarse a una mafia de semejante tamaño ...
mucho valor y mucha rabia es necesario para afrontar una situacion de ese calibre
mi mas sincera admiracion y respeto ....
mucha suerte y que se haga justcia
acasa,
01.02.2005 (Id: 1006)
A fiscalía solicita penas de 2 meses de multa e indemnizacións de varios miles de euros en concepto de responsabilidade civil para 9 dos dez cans acusados. Ao memso tempo o concelho, na figura da súa avogada (mulher de policia, para + datos) reitera a súa acusación con solicitude de arrestos de fin de semán, pagamento de danos e indemnizacións para tod@s @s denunciantes, ainda que probablemente non chegue a prosperar. Así, o xuízo queda visto para sentencia.