Iº Encontro Desterrad@s por encoros
grupo Erva - Compostela
,
19.04.2005, (Id: 2576)
Consecuencias sociais e ecolóxicas dos encoros na Galiza.
23 de Abril de 2005 (10.30 h) Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia (Universidade de Santiago de Compostela)
Organiza: ERVA - Ecoloxistas en acción
Colaboran: Associaçom Cultural Aluviom Associaçom Cultural A Fouce
Podes descargar eiquí o interesante programa deste encontro (formato pdf) -
Na Galiza, definida na literatura propria como o país dos mil ríos, os modelos economicistas e espoliadores aplicados ao longo do século XX provocaron graves desfeitas ambientais coa construción de inúmeros encoros ao longo dos cursos dos ríos máis importantes que desembocan nas rías galegas. Grandes encoros que se convertiron en enormes barreiras ao transporte e deposición natural de sedimentos e á migración periódica de espécies piscícolas, ademáis de estragar fermosos vales. Os sistemas pluvio-fluviais do Ulla-Arousa ou do Tambre-Noia alteráron-se gravemente co levantamento dos encoros de Portodemouros e de Barrie de la Maza. A carga sedimentaria anual que estes ríos aportaban cortou-se e a súa redistribución nas rías e nos sistemas costeiros abertos que efectuaban as correntes e as marés alterou-se, descoñecéndo-se o impacto que isto puido ter tido sobre importantes recursos, como os marisqueiros, dos que dependen miles de familias da costa galega. Por outro lado, o caudal que estes e outros encoros libran río abaixo é en muitas ocasións claramente deficitário para garantir a preservación da función ecolóxica dos ríos, de tal xeito que augas abaixo deles a pervivencia dos hábitats fluviais e da flora e a fauna se encontra ameazada.
Pero a maiores dos efectos ecolóxicos, os encoros construidos na Galiza teñen provocado verdadeiros dramas sociais e económicos, ao supoñer o asulagamento de muitas aldeas e lugares, terras de labor e pasto, arvoredos, etc. Encoros como o de Castrelo de Miño, Fervenza, As Cunchas, Lindoso ou Salas supuxeron a destrución de dúcias de aldeas e a emigración forzosa dos seus habitantes. Na maioría destes casos a xustificación foi a produción de enerxía eléctrica. A pesar de que a Galiza conta cunha das redes hidrográficas máis aproveitadas para a xeración de electricidade, as compensacións económicas en forma de redución no pagamento de taxas de consumo son inexistentes e, polo contrário, padecemos unha das redes de distribución máis obsoletas e deficientes de cantas existen no Estado Español, orixinando numerosos cortes de fluxo e caídas de tensión, condicionando o desenvolvimento económico en muitas comarcas do país.
Este I Encontro de "Desterrados por encoros" quere ofrecer á opinión pública información real sobre unha das maiores desfeitas ecolóxicas e sociais que sofreu o noso país, desenmascarando a burda imaxe de progreso que os seus xestores aínda nos pretenden vender. Un "progreso" que países como o noso, superdotados de recursos naturais, sufriron através de políticas explotadoras de corte colonialista que só miran polos intereses especulativos. Unhas políticas que, de paso, converten en vítimas ás sociedades autóctonas, mergullándo-as na miséria e acabando cos seus medios de vida e coas fontes de riqueza que lles permitirían encarar un progreso real e autónomo nos eidos social, político e económico.
Pretendemos tamén renovar e activar a memória histórica, contribuindo a que o noso povo teña elementos de xuízo necesários para enfrontar con decisión e rotundidade a nova vaga de proxectos hidráulicos que ameazan numerosos ríos e espazos naturais.
Erva - Ecoloxistas en acción,
27.04.2005 (Id: 1713)
1ª mesa redonda: Javier Amigo, 3,33 Mb -
>
2ª mesa redonda: veciños desterrados por encoros, 12,1 Mb -
>
3ª mesa redonda: Emilio González, 1,78 Mb -
>
Eiquí tendes unha pequena mostra do que foi o encontro e do que se falou, pra que vos fagades unha idea do que alí se falou.
Ollo, que hai arquivos que pesan.
Fernando Martínez,
27.05.2005 (Id: 2385)
Manda güevos que a maioría dos encoros de produccción eléctrica estean na provincia de ourense, que a enerxía producida neles alimente fundamentalmente industrias de Madrid, Euskadi ou cataluña onde ¡Que casualidade! tiveron que emigrar tantas miles de persoas da provincia de ourense, Baltar mexa por nós e hai que dicir que chove
adependencia,
06.06.2005 (Id: 2602)
Onte estiven mirando os cortos de hai que botalos, e nun deles dise algo así como "...mexan por nós e xa vai sendo horas de dicir que mexan por nós..."
pois iso.