Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)
Nunca Máis

com imagens
com áudio
com vídeo
Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Espazos antagonistas na Galiza: a Asemblea contra o desfile militar
Asemblea contra o desfile militar. , 07.05.2005 01:29, (Id: 2880)
A orixe de dita asemblea ven marcada pola intención de diferentes persoas do contexto psicoxeográfico-motriz-movimentista da Coruña de orixinar unha resposta o biopoder xeral ó que nos vemos sometidas a diario. O primeiro dos capítulos desta asemblea ía ser a organización do MayDay na cidade da Coruña, obxectivo truncado no momento que se fixo pública a celebración do desfile do día das forzas armadas na cidade herculina, redefiníndose deste xeito a axenda da asemblea.

Despois deste feito reconfiguráronse os obxectivos, sen tentar tocar o espírito constituínte da propia asemblea, que se plantexaba como asemblea de individuos-cyborgs. Así, dende as diferentes subxetividades movimentísticas existentes na cidade da Coruña reconstrúese este espazo público autoxestionado en Asemblea contra o desfile, espazo heteroxéneo, mestizo, que pretende rachar cas lóxicas autoreferenciais e autoidentitarias existentes nos movementos sociais máis clásicos e nos seus productos ideolóxicos que perduran co paso do tempo.

Esta intención de crear poder constituinte dende una multitude afastada de conceptos tradicionais é unha experiencia que pretende darlle as costas a modelos como os das plataformas mesomovilizadoras (sopas de letras dentro dun título cas enmarque) e que olla cara un modelo de organización difuso, acorde cas estratexias biopolíticas de moitos colectivos do ámbito da autonomía europea.

Os lastres que se queren deixar atrás teñen relación cas organizacións clásicas, cos repertorios de loita ritualizantes e cos marcos simbólicos propios de sectores que pensan máis na cantidade-razón-instrumental que na calidade-razón-liberadora.

A proposta é pois de creación dun movemento reticular-antagonista que tome consciencia do necesario que é mudar o paradigma de acción clásico, xa que os seus resultados e o seu alcance se demostrou erróneo.

Entre o repertorio de accións ten unha presencia importante a deconstrucción simbólica do entorno da Coruña, utilizando para elo ferramentas e metodoloxías da guerrilla da comunicación, tentado afastarse doutro tipo de accións destinadas a medir forzas, a acadar apoios numéricos, etc.

Baixo estas premisas nace dita asemblea, sen uns obxectivos demasiado pretensiosos pero ca mirada posta en crear espacios de disidencia social, de contrapoder, onde todas poidamos crear, compartir e soñar unha realidade distinta feita por nos mesmas.


A orixe de dita asemblea ven marcada pola intención de diferentes persoas do contexto psicoxeográfico-motriz-movimentista da Coruña de orixinar unha resposta o biopoder xeral ó que nos vemos sometidas a diario. O primeiro dos capítulos desta asemblea ía ser a organización do MayDay na cidade da Coruña, obxectivo truncado no momento que se fixo pública a celebración do desfile do día das forzas armadas na cidade herculina, redefiníndose deste xeito a axenda da asemblea.

Despois deste feito reconfiguráronse os obxectivos, sen tentar tocar o espírito constituínte da propia asemblea, que se plantexaba como asemblea de individuos-cyborgs. Así, dende as diferentes subxetividades movimentísticas existentes na cidade da Coruña reconstrúese este espazo público autoxestionado en Asemblea contra o desfile, espazo heteroxéneo, mestizo, que pretende rachar cas lóxicas autoreferenciais e autoidentitarias existentes nos movementos sociais máis clásicos e nos seus productos ideolóxicos que perduran co paso do tempo.

Esta intención de crear poder constituinte dende una multitude afastada de conceptos tradicionais é unha experiencia que pretende darlle as costas a modelos como os das plataformas mesomovilizadoras (sopas de letras dentro dun título cas enmarque) e que olla cara un modelo de organización difuso, acorde cas estratexias biopolíticas de moitos colectivos do ámbito da autonomía europea.

Os lastres que se queren deixar atrás teñen relación cas organizacións clásicas, cos repertorios de loita ritualizantes e cos marcos simbólicos propios de sectores que pensan máis na cantidade-razón-instrumental que na calidade-razón-liberadora.

A proposta é pois de creación dun movemento reticular-antagonista que tome consciencia do necesario que é mudar o paradigma de acción clásico, xa que os seus resultados e o seu alcance se demostrou erróneo.

Entre o repertorio de accións ten unha presencia importante a deconstrucción simbólica do entorno da Coruña, utilizando para elo ferramentas e metodoloxías da guerrilla da comunicación, tentado afastarse doutro tipo de accións destinadas a medir forzas, a acadar apoios numéricos, etc.

Baixo estas premisas nace dita asemblea, sen uns obxectivos demasiado pretensiosos pero ca mirada posta en crear espacios de disidencia social, de contrapoder, onde todas poidamos crear, compartir e soñar unha realidade distinta feita por nos mesmas.


luther, 07.05.2005 - 13:02 (Id: 1901)

fantástico!
compre argallar nesta terra estratexias de construcción antagonista alén dos feudos políticos existentes. espazos de mestizaxe, de investigación, de creación, de loita. e quen queira seguer cos debates de sempre (es un frouxo e un reformista!!, pois tí máis!!) que o faga.
afortunadamente ainda quedan persoas con capacidade e gañas de construir. apertas





GZ, 08.05.2005 - 00:12 (Id: 1914)

Desarma Coruña, Coruña antimilitar... sempre com o puto chipe localista que a gente tem a respeito dessa cidade, certamente não consigo compreender. Certo que o desfile é nessa cidade mas mal vamos se tentamos mobilizar só aos corunheses focando a questão num localismo absurso. Desarma Galiza esse é o objectivo! Que é a Crunha senão um ponto (um dos mais colonizados) desse espaço chamado Galiza.

EXERCITO ESPANHOL FORA DA GALIZA!!!!





as nómadas queer, 08.05.2005 - 02:04 (Id: 1916)

Por que contraponhé-las? Há umha teima recorrente em certos ambientes que trata de fazer da corunha o chivo expiatório de turno: lacuruña de Paco Vázquez, a cidade espanholizada, a cidade pija, o pequeno madrid. Fraco favor lhe fam estes estereotipos a Corunha e a Galiza.

A Corunha nom é umha cidade especialmente mais espanholizada que outras. Bem é certo que no Concelho governa essa coisa populista, provinciana e antigalega chamada Pacochet; mas isso nom reflicte a realidade social e cultural desta cidade, que é muito diferente do que nos querem fazer ver.
Na Corunha, onde nasceu o nacionalismo galego, onde começou o ressurgimento da língua, dessenvolverom-se sempre fortes movimentos de ressistência e de transformaçom, como o sindicalismo revolucionário dos anos 20 ou 30.
A primeira corporaçom municipal nesta cidade, após o franquismo, tinha um alcalde de esquerdas e nacionalista: Domingos Merino. Algo impenssável naquel tempo noutra cidade galega.
A assembleia antidesfile é fruto de um processo local, fruto de umha aproximaçom vital entre gentes heterogéneas; e surge como reacçom do malestar que o desfile produciu em diversos sectores da cidade. Desde esta assembleia estam-se a fazer também chamamentos a toda Galiza, tanto a participar nas protestas como a espalhá-las. De facto, gentes de diversos pontos de Galiza acodirom a participar dos últimos actos. A assembleia antidesfile está a enviar informaçons e convocatórias a gentes de toda Galiza; a organizaçons nacionais, e a organizaçons e colectivos locais desta e doutras vilas ou cidades.
Os corunhesses que se estám a mobilizar, caro GZ, nom o fam por um localismo absurdo; fam-no desde as suas convicçons antimilitaristas, galegas e universais. Desarmar Corunha é desarmar Galiza; e também é desarmar o mundo. Nom há opossiçom nestes termos.
Por último, simplesmente apontar que o desenho-campanha "desarma Coruña", nom é, em si mesmo, a representaçom do espaço antidesfile. Mas surge desse chamamento antagonista e da resposta popular. É umha iniciativa mais de intervençom vissual (mui potente, ao menos para mim) e nom excluínte. nom contraponhas pois GZ, desarma Corunha a desarma Galiza, porque nom se excluem a umha da outra...quem tém os chips e os clichés? Se nom gostas desse desenho colhe outro. Há múltiplas ideias possíveis. O importante é que todas façamos algo.






GZ, 08.05.2005 - 12:55 (Id: 1920)

Tá bom, terei em conta as tuas palavras!





Galiza Nova, 09.05.2005 - 17:00 (Id: 1963)

cartaz
cartaz

Desde Galiza Nova, organización da mocidade nacionalista, rexeitamos rotundamente o desfile militar que terá que aturar o próximo 28 de maio a cidade da Coruña. É particularmente significativa a escolla do noso país para a celebración deste desfile, que se ten convertido nun lamentábel espectáculo itinerante, que exibe cada ano as armas de guerra e a última tecnoloxía asasina na que se malgastan gran parte dos orzamentos do Estado.

Galiza Nova lanza unha campaña de rexeitamento a este desfile, que se extenderá ao longo deste mes, e que está baseada nos seguintes pontos:

Exército Español, exército de guerra

Non é certo que o Exército Español traballe pola paz, como tantas veces nos repitan, senón que se caracteriza polo seu intervencionismo belicoso: non hai tanto as tropas españolas colaboraban na ocupación do Iraque, ao servizo do imperialismo estadounidense. Ademáis, hai que lembrar que forma parte de estructuras militares ofensivas, a OTAN, nas que os EEUU non son precisamente un socio menor e que actualmente, despois dunha retirada “mediática” do Iraque ainda permanece involucrado na ocupación de Afganistán, recentemente ampliada polo goberno español, e Haití, países aos que non atinxe o “pacifismo” do PSOE.

Recentemente o exército español profesionalizouse para adaptarse ás novas exixencias do militarismo, pero tamén debido á presión do movemento pola insumisión, no cal a mocidade galega xogou un papel relevante.

O exército español é o símbolo máis claro da militarización da política internacional e do recurso á violencia para a defensa de intereses económicos, extendido hoxe no mundo como demostra actualmente o modelo do Iraque ocupado. As forzas armadas negan o diálogo e a solución pacífica dos conflictos como alternativa.


Valores do pasado

O desfile non é nengun símbolo de modernidade; polo contrario, o exército exalta valores que deberían estar superados hai moito: a obediencia cega, o machismo, o españolismo e a imposición dunha única lingua, a homofobia, a opresión dos débiles e a negación da pluralidade cultural.

O despilfarro: os orzamentos antisociais da defensa

Os orzamentos de defensa, elevadísimos na maioría dos Estados, impiden a reducción das desigualdades sociais. O comercio de armas e a investigación militar non favorecen nen á paz nen á seguridade dos pobos e as persoas, senón ás grandes industrias armamentísticas. Ademáis temos que pagarlle as festas (só a organización do desfile do día 28 vale en torno aos 400.000 euros), como se os orzamentos armamentísticos non fosen elevados.

Un exército que nos nega como pobo

Hai que recordar que a día de hoxe, en pleno 2005, no artigo VIII da Constitución Española se lle atribúe as forzas armadas a misión de garantir a unidade de España e negar a autodeterminación das nacións do Estado Español. Todo un síntoma de democracia: son os militares, e non os pobos, os que deciden.

Un traballo como calquer outro?

O Estado Español non deixa de promocionar entre a mocidade galega o Exército como unha saída laboral máis para a mocidade galega, e gabando ademáis as supostamente óptimas condicións salariais e laborais: continuas charlas de adoctrinamento castrense que o exército español imparte en centros de ensino medio ao longo do ano, un esperpéntico autobús pro-bélico (“unidade móbil de información”) que recorre as cidades e vilas de Galiza, e mesmo a Xunta enlazaba recentemente un portal de información xuvenil á posibilidade de entrar no exército. Non deixa de ser cínico que os mesmos responsábeis da pésima situación laboral das mozas e dos mozos galegos –os gobernos españois e a Xunta de Galiza -nos ofrezan despois como solución e falsa saída laboral a entrada no exército.

A mocidade galega responde

A súa celebración na Coruña é unha imposición antidemocrática contra os dereitos nacionais, unha provocación para un pobo, e nomeadamente para unha mocidade que xa ten manifestado reiteradamente a súa oposición ao militarismo e á guerra, e ademáis un gasto despilfarrador, innecesario e incoerente. A mocidade galega responde, máis unha vez, coa denuncia pública e a mobilización, e exixe outro modelo: para protexer a paz e os dereitos humanos, o camiño para os Estados, os pobos e a comunidade internacional é apostar claramente pola reducción das desigualdades sociais e entre pobos, por un mundo en paz onde os pobos decidan os seus destinos soberanamente, por un modelo de desenvolvemento economicamente xusto e ecoloxicamente sostíbel, que aprofunde na democracia e non na imposición militar.




Manel, 11.05.2005 - 18:54 (Id: 2055)

Vamos celebrar uma concentração antimilitarista e pola dignidade da Galiza em Dublin, enfronte da embaixada espanhola. Mais detalhes aqui: www.28m-ireland.tk
Estamos agora acabando de argalhar todo, mas a cousa vai estar bem :)




Alexandre, 12.05.2005 - 18:32 (Id: 2080)

Non creo q sexa moi doado falar do exercito nestas datas en que as novas xeracions exigimos un cambio nas directrices mais duras do coservadurismo social.
A sociedade ainda discrimina as xentes por a sua condicion sexual, por a sua ideoloxia, ou por a sua cor... e isto si e unha realidade..
Queremos dende eiqui avisar que nos valoramos a movilizacion contra el desfile das forzas armadas , sò por ser un desfile que nadie en nosa cidade hai solicitado.
Saudos y paz


Caixa dos correios:: darrenhere@latinmail.com




fartodemerdas, 13.05.2005 - 18:08 (Id: 2111)



Desde xá!!!

Amosa a túa repulsa á exaltación militarista do desfile das Forzas Armadas do 29 de maio en A Coruña...

...Colgando unha sábana ou trapo branco da fiestra da túa casa (ou unha faixa antimilitarista, un cartaz,... o que ti queiras!!


Se amas a liberdade, desarma a cidade!!!!



Por favor, reenvía esta mensaxe a todos os teus contactos

PÁSAO!!!!!!!!





MIGUEL, 30.05.2005 - 20:52 (Id: 2448)

NO TENEIS NADA QUE HACER LA MAYORIA DEL PUEBLO GALLEGO ES ESPAÑOL,
ESTO NO ES EL PAIS VASCO LOS GALLEGOS ODIAMOS A LOS INDEPENDENTISTAS,
UN SALUDO ROMANO Y ¡¡VIVA ESPAÑA !!.