Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)
Nunca M�is

com imagens
com áudio
com vídeo
Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Beade contra o fraguismo
indymedia , 26.05.2005 03:27, (Id: 3271)
Seis meses despois, as veciñas de Beade continúan sen ter auga potabel nas súas casas, e durante istes meses tiveron que enfrentarse á única alternativa que lles dou o alcalde: marchar do concello ou acabar mexando sangue, literalmente. Pero as 26 denuncias apresentadas no xulgado e un mes de feche ininterrumpido na Casa do Concello ameazaban con arruinar a campaña eleitoral de Fraga Iribarne quen, incapaz de obrigar ao alcalde a recibilos, non lle quedou máis remedio que facelo él mesmo, calculando que os veciños de Beade aceptarían a chantaxe das promesas a cambio do siléncio. Mais os veciños de Beade viron a un ser decrépito e maleducado que só lles ofrecía un papel e non aceitaron cambiar promesas de cartos por dignidade. Na asamblea celebrada despois da recepción oficial, os veciños decidiron continuar avante coa súa loita, abandonando o feche do concello para difundir por todo o país a súa vivencia e contar a quen non o entenda aínda por qué hai que botalos. (sigue lendo)

Rita Raña, portavoz dos veciños, mostra botellas con auga contaminada.
Rita Raña, portavoz dos veciños, mostra botellas con auga contaminada.

veciños de beade frene á casa do concello
veciños de beade frene á casa do concello

pancarta no concello: Senén Pousa leva 1 mes sen pasar polo concello
pancarta no concello: Senén Pousa leva 1 mes sen pasar polo concello

senén emprega os bares da zona como despacho e ordena polo móbil
senén emprega os bares da zona como despacho e ordena polo móbil

outro cartel no concello
outro cartel no concello

quen son os sumisos?
quen son os sumisos?

o único pleno neste mes foi o electoral, delegou no irmán, tenente de alcalde
o único pleno neste mes foi o electoral, delegou no irmán, tenente de alcalde

interior do concello, onde durmían e facían as asambleas
interior do concello, onde durmían e facían as asambleas

Rita Raña cun cartel que 'apareceu' por ribadavia
Rita Raña cun cartel que 'apareceu' por ribadavia

aprovisionamentos no interior do concello
aprovisionamentos no interior do concello

mostras da auga contaminada, variadas
mostras da auga contaminada, variadas

pancarta no exterior do concello
pancarta no exterior do concello

veciños no exterior da casa consistorial
veciños no exterior da casa consistorial

non é cocacola, é a auga contaminada
non é cocacola, é a auga contaminada

Se por algo é coñecido o concello de Beade no interior da provincia de Ourense é por ser gobernado por Senén Pousa, un alcalde que accedeu á alcaldía baixo a dictadura de Franco e que se perpetuou nela amparado na complicidade que lle concede o Partido Popular a cambio de sumar un concello máis á súa lista. Non é casualidade que a dirección postal da Casa do Concello se sitúe na rúa Caudillo s/n como tampouco o é a súa teima en celebrar cada ano misas na honra do dictador español. Os perxuizos da política de control e hostigamento na que se basea o paradigma do cacique fascista son aínda máis graves neste caso: trátase do concello máis pequeno da Galiza, pois a súa extensión limítase a unha única vila e nela residen o meio millar de habitantes que conforman a súa poboación.

Nada se podía mover en Beade sen que o autorizara Don Senén... até o que no nadal de 2004 a auga comezou a saír negra polas billas das casas de Beade. Alguén descargara varias cisternas de resíduos nunha fosa séptica situada ao lado do pozo de abastecemento; a fosa séptica rompeu e o verquido filtrouse provocando a contaminación. Mais en troques de denunciar ao responsabel e solucionar o problema, o alcalde limitouse a sacar un bando avisando de que a auga non era potabel negándose a poñer en práctica calquera das propostas dos veciños ou a aceptar o ofrecemento de abastecemento que lle fixo o concello de Ribadavia. Senén Pousa non quere amañar o problema: perdeu a presidencia da cooperativa á que aspiraba, e deixar aos veciños sen auga é a súa vinganza.

Os veciños de Beade loitaron completamente sós durante estes seis meses contra o caciquismo e os últimos estertores do franquismo. Ninguén pode xa continuar a fechar os ollos ante o seu problema: ise é tamén o noso problema.


andrés novoa, 26.05.2005 - 13:53 (Id: 2366)

Entre tanta política-ficción, tanto blog-fashion, tanto cultureta con sobredose de internet e tanto revolucionario de salón un pouco de baixar os pés á terra (á Terra) xa facía boa falta.

Veño de ler os artigo de A Nosa Terra, de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e La Región: os únicos que dades a talla xornalística fostes vós, ademais de Javier Huete de Radio Ourense.

Noraboa e seguide nesta liña que así é como hai que botalos, con dignidade, tranquilamente e de frente.





xiana, 26.05.2005 - 20:16 (Id: 2374)

grazas por estardes ahí, esto é unha esperanza, é unha metáfora da galiza que mantén a dignidade, hai esperanza!!





vieiros, 05.06.2005 - 17:37 (Id: 2597)

Senén Pousa Soto, alcalde do concello que cada 20 de novembro homenaxea a Francisco Franco no día do seu pasamento, enfronteuse o vernes a unha trintena de veciños que protestaron cunha cacerolada ante a casa do concello, para reinvidicar a traída municipal de auga potable. A resposta de Pousa Soto a esta reivindicación reduciuse á ameaza, "vou reunir á miña xente, para dar leña".


Pero esa non foi a única ameaza que recibiron os veciños, senón que a ela sumouse "estamos dispostos a pelear e xa está, ou deixan de vir, ou xa está". Ademais, Senén Pousa asegurou que os manifestantes "o único que buscan é o enfrontamento, esto son unhas oficinas municipais e hai que atender o público e traballar.

A pesar de que os índices actuais de manganeso e ferro da auga da traída deses veciños son excesivamente altos, o alcalde argumenta que "é unha cuestión política do PSOE e do BNG.





Lorena, 22.11.2005 - 23:11 (Id: 4345)

Está moi ben o artigo, mais por moito q quixeras, poderías demostrar o da fosa séptica? o do famoso verquido? o xornalismo baséase en realidades, non en suposicións. A moitos, sobre todo ós veciños que sufriron os nove meses sen auga, gus´taríalles demostralo. Pero non houbo maneira. Agora que hai auga todo parece olvidado.





C.R.V., 15.12.2005 - 21:45 (Id: 4533)

Non son veciño de Beade pero grandes e moi bos e boas amigas teño alí. Teño que recoñecer que nunca oira falar de vostede mais dou grazas ao ceo de que inda quede xente comprometida cos problemas da xente de a pe. Espero que este desgraciado altercado que inda non posúe solución se arranxe o antes posíbel e teñamos por unha vez unha boa noticia e non máis e máis prórrogas como ata o de agora. Como debín dicir ao comezo destas liñas: GRAZAS por todo. Este apoio xamais será olvidado por ninguén dos que vivimos esta disputa tan de preto. GRAZAS de novo.


Caixa dos correios:: chory03@hotmail.com