Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer

VA-CA, 27.05.2005 - 13:56 (Id: 2401)






umha, 27.05.2005 - 14:24 (Id: 2402)

Indymedia Galiza é umha das coisas mais alucinantes que estam a passar neste pais; umha nova Galiza que está abandonar o conceito decimonónico de "povo" para se converter em "multitude". Viva a Galiza heterogénea face o seu interior; aberta e incluinte face o seu exterior. Morre umha velha Galiza que nunca chegou a "ser". Está a nascer a multitude galega! Bravo Indymedia Galiza! Bravo Assembleia contra o Desfile!





ojopinta, 27.05.2005 - 14:27 (Id: 2403)



mais de circos...





eu, 27.05.2005 - 14:35 (Id: 2406)

aprendamos dos erros tan recentes: todo isto foi (e será) moi difícil de construir, hai a quen non lle interesa que a vivamos e desfrutemos a NOSA vida.

se alguén salta para rebentalo todo: serenidade, acorralalo e identificalo ANTES de que o fagan a policía e os media.

crónicas, fotos, vídeos, que quede o noso testemuño do que aconteza nestes días.

e sobre todo: a desfrutar.





Marcha Mundial das Mulleres, 27.05.2005 - 16:38 (Id: 2414)

 Día das Mulleres Antimilitaristas A Coruña
Día das Mulleres Antimilitaristas A Coruña


Concentración que tivo lugar na Coruña o pasado 24 de maio.





fartodemerdas, 27.05.2005 - 17:15 (Id: 2415)

O dito,graciñas por serun vehiculodedifusión importantísimo






xiao, 30.05.2005 - 14:15 (Id: 2443)

de www.vieiros.com

Non pensaba comentar ren das manifas de onte, mais con mensaxes que falan de éxito dagúnha delas (por aí hai unha escandalosa que fala de éxito da convocatoria de Nós-up) non me queda remedo de facer unha particular crónica dos feitos.

- 11,45 da mañá. Camiño á Praza de Galiza dende os Cantóns coruñeses. Nesta parte da cidade apenas hai ninguén que non estea relazonado cos corpos de seguridade do estado ou municipal. Onde vai a xente? Ao final a convocatoria populista para asistir aos actos da parada de Doña Francisquita seica son un fracaso... (penso). Pois vai ser que non. A xente -Os pais, os nenos, os sogros, o cuñado...- non só da Coruña viñan e iban polo entorno do Orzán pulando por un posto nas bancadas a chanzos de socalco postas polo exército para o público en xeral. Moitos deles con bandeiriñas españolas. Moitos balcóns tamén con bandeiras españolas a modo de faixa. Hai toda unha inzada de contaminación ambiental entre os berros de lediza dos maruláns que asisten ao desfile, alarmas das leiteiras, asubios dos gardas de tráfico... ¡Festa rachada!.

-12 h. Achégome pontoal á Praza de Galiza, a que fica fronte os antigos xulgados da Coruña, onde está prevista unha concentración antimilitarista de Galiza Nova. Sei que nestes actos a pontoalidade non vai con asistente, mais o panorama é desolador. Non hai máis de 30 persoas. As faixas, bandeiras estreleiras e cartaces fican ciscados polo chan ocupando parte da entrada dos xulgados. Hai xente nos poucos bancos públicos que falan entre eles e algún grupiño de mozos de Galiza Nova. Hai un par de fotógrafos con cámaras profesionais de xornalista e media dúcia de mozas que levan cartaces colantes pendurados do pescozo. Pasan os mínutos. A xente vai vindo a pingueiras. Alguén comenta a escasa repercusión da convocatoria e especúanse causas. - "Nós viñemos de Sada e agardábamos unha cousa como esta... Xa sabemos como é a xente da Coruña" - "A convocatoria apenas chegou a ninguén, non se lle deu publicidade". Cando alí xa habería como unhas sesenta persoas comezan os actos. Un poeta de Galiza nova ao que se lle cortan os fios de voz a quendas por mor de problemas técnicos co micrófono, tamén porque de vez en cando sobrevoan como lóstregos avións de combate debuxando co chorro a bandeira española; un insubmiso que fala dende o corazón e con pulo; unha rapáza -tódo un achádego, de verdade!- que de xeito talentouso fai unha parodia militarista vestida de mariñeira da armada e na que non se esquece da toponimia da cidade de Paco Vázquez aínda inzada de denomincións franquistas. Así van pasando rapazas e rapaces con cadanseu comunicados. A xente xa estaba en calor cando lle toca falar ao director teatral Lino Braxe. Achega a xente en corro e sen micrófono arenga finalmente a xente a cantar. Remata o acto coa entoazón do ino galego cunha gaita.

- 13, 10. Comezo unha andaina até a Praza de Pablo Iglesias, situada noutro estremo da cidade, no adro do camposanto de Oza. Toda unha pateada que me permete esculca-lo ambiente. Camiño entre a sordidez do urbanismo coruñés máis cutre -que xa é dicir neste engano de cidade deturpada en extremo que é A Coruña-onde en antigos barrios da parroquia de Oza vense familias con nenos que levan bandeiriñas españolas, vellos renqueantes e moitas comunións con nenos vestidos de marineiriño. Será posible que até haxa xente que faga coincidir a comunión do neno coa parada militar? As veces ves lenzos con cartaces de deseño de alta calidade con tintas planas, Pacoland, na que unha impoñente caricatura de Paco Vázquez desfía fachendoso como un fascista nun fondo vermello e marelo. Estes cartaces mextúranse nunha morea de pegadas estractos, non que se albiscan outros cartaces alusivos ao machismo do exército, ofertas de solaríum, excursións para a terceira idade a Ribadeo e unha festa no disco-pub "La Luna" de Guísamo. As veces ollas para arriba e novamente os balcóns de recebo deturpado con fendas e manchóns de humidade, cubertos en galería de aluminio anodizado e con cadansúa bandeira española despeluxada cortada a tixeira. As veces agroman os seus propietarios. Anciáns octoxonenarios. En bata e peinado de laca ela, en camiseta e con cañotos sen afeitar el, limpando as cacas da gaiola do canario.

13,30. Achégome á marcha contra o exército español convocada pola autodenominada "Esquerda independentista" e descoñezo se algún grupo máis. Láiome da non unidade das convocatorias, entre outras cousas para non ter que patear unha cidade que fai alarde aldeano do seu urbanismo ferozmente desarrollista, feista e faltón a harmonia e que por riba masacra a toponimia tradicional. Que é iso de "La avenida de los caidos", "Avenida de Las Juvias" ou "Calle/Rúa de la Iglesia" nun entorno onde había unha ricaz toponimia tradicional consolidada?

13,35. Onde vai a manifa, que xa chego abofé tarde? A pista infalible dama un elicóptero da policia española aspetado no ar inmobil dende hai minutos. Está vixiando con cámaras as incidencias da marcha. E velaí están un grupo dunhas 100 persoas custodiados e intimidados por un despropocional desplegue de leiteras policiais, tan habitual nestes tempos entre as demostracións dos gupos "alternativos". A manifa eche ben colorista: malabares, xente coa face pintada, disfrazada de militaróns matóns, faixas de colectivos vencellados á esquerda independentista e anarquista (non é broma!), algúnha bandeira republicana, estreleiras ao vento como unha película de Kurosowa, algunha co lema "pace" cun fundo arco da vella, tambores e outras percusións fende tímpanos... Entre o colectivo ácrata rulan canutos, algunha linguetada a licores vario.

14,10. Concentrámonos en círculo nun parqueciño infantil das inmediacións para o acto final. Un coche achégase tamén para proporcionar apoio eléctrico á megafonía. Comezan os manifestos. Xurxo Souto comeza a falar e observo que Carlos Morais (o lider de Nós-up) le en boz baixa a copia mecanografiada do manifesto seguindo a Xurxo Souto. Observo tamén, que entre o colectivo ácrata, dunhas 30 persoas, hai un malestar que se evidenza nos comentarios polo baixo -"Vai ao carallo co exército español, condena tódos os exércitos, ostia...", "aquí non hai patrias, ooh!". Rematan os manifestos. Dende a megafonía dinse que "imos cantar o imno nacional". Nese intre levántanse os acratas airados increpando aos independentistas. Hai rifas verbais e algunha agarrada, cando a meirande parte da xente xa está a finalizar o imno galego. Falo coa xente vida a título persoal e din sentir desacougo e vergoña polo que ven de suceder.

Velái a miña particular crónica dunha xornada "gloriosa". E coido que para nada beneficia que sigamos con retóricas de triunfalismo absurdo e intoxicacións.





MIGUEL, 30.05.2005 - 21:19 (Id: 2449)

Gracias a el mejor Alcalde que hay en España, por dejar disfrutar a la ciudadania de sus Fuerzas Armadas, el pueblo Coruñes respondio a la llamada del Alcalde para asistir al desfile demostrando sus patriotismo y su amor por su ejército, dando sobradas muestras de su amor por el rey y la reina, o no os parece que 60.000 personas no es un éxito a pesar del mal tiempo.
Como ya se que sois independentistas os teneis que joder Coruña es España porque asi lo quiere el pueblo soberano.
Y de paso deciros que en la foto quedais retratados, no meteis miedo a nadie y por mucho que copies a los jarratxos, os queda un camino que no recorrereis nunca vuestra manifa fue un fracaso, y sois un grupo marginal no contais con el apoyo popular y hablais un idioma que no tiene arraigo en Coruña, HABLAR ESPAÑOL O GALLEGO NUNCA PORTUGUES, si tanto os gusta portugal ese pais del tercer Mundo, iros para hay vendedores de toalla.

¡¡¡¡¡ VIVA GALICIA !!!!!! ¡¡¡SANTIAGO Y CIERRA ESPAÑA!!!!





umha, 31.05.2005 - 02:25 (Id: 2456)

Por favor, nom caiamos no jogo deste provocador. Deixemos este Indymedia para ó que é, umha ferramenta de intercriaçom e comunicaçom livre. Que ninguem lhe conteste.





Patijones, 31.05.2005 - 21:19 (Id: 2477)

AQui está o esperado filme da manifestação.
A qualidade não é a melhor mas tinha que ficar assim para poder ser carregado na internet. Mesmo assim tem uns 10mg.