Pontevedra foi un clamor social en prol do traslado de ENCE (con imaxes)
www.galizacig.com
,
07.06.2005 10:24, (Id: 3549)
A tarde do sábado 4 de xuño foi escenario dunha das maiores mobilizacións sociais vividas na cidade de Pontevedra. Unha xigantesca manifestación colapsou literalmente boa parte das rúas máis céntricas da cidade en favor do traslado de Ence fóra de Lourizán, manifestación que se abría cunha pancarta co lema “Pola recuperación da ría, a saúde e máis postos de traballo, Ence fóra de Lourizán”.
A convocatoria da manifestación partira de ducias e ducias de colectivos sociais, organizacións ambientais, xentes do mar, organizacións políticas como o BNG e sindicais como a CIG e mais o propio Concello pontevedrés -gobernado polo nacionalista Miguel A. Fernández Lores-, que veñen reclamando desde hai anos a recuperación ambiental da ría de Pontevedra, co conseguinte traslado de Ence-Elnosa fóra da súa actual localización en terreos de Lourizán.
Como é sabido, tanto a dirección da empresa, como Caixa Galicia -máximo accionista de Ence-, como a propia Xunta de Galiza e o PP levan tempo negando sistematicamente a posibilidade do traslado de Ence a outra localización, menos prexudicial ambientalmente falando. Incluso, ameazan unha e outra vez co peche da factoría se finalmente expira o prazo dado para o seu traslado, no ano 2018, e non se forza o seu mantemento en Lourizán.
Até o momento, ademais, tanto Caixa Galicia como o Executivo galego estanse a negar a sentar nunha mesa de diálogo que dea solución ao conflito, cos menos custos sociais e laborais posíbeis. É máis, tanto o PP como a propia Caixa Galicia están levando a que se tensione máis o conflito a nivel social, servíndose para iso de sindicatos como CCOO e FIA-UGT, os cales, baixo a escusa da loita pola defensa dos postos de traballo, levan realizando unha intensa campaña en contra do traslado da factoría, campaña que posúe un claro trasfondo político, de desestabilización do goberno municipal de Pontevedra e de desgaste do equipo municipal encabezado por Miguel A. Fernández Lores, único alcalde nacionalista á fronte dunha das sete cidades galegas.
Tampouco non se debe esquecer o lamentábel papel dos medios de comunicación, tanto locais como nacionais, totalmente ao servizo da estratexia da Xunta de Galicia e da dirección da empresa.
Así e todo, a demostración do pasado sábado é unha mostra ben evidente da vontade dos cidadáns e cidadás de Pontevedra e a súa comarca, de rematar dunha vez coa situación provocada pola localización da factoría de Ence en terreos de Lourizán. Situación sobre a que parece existir unha importante sensibilidade en todo o país, sobre todo en sectores nacionalistas -o propio candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou da marcha-, que non deixaron pasar a oportunidade de amosar a súa solidariedade cos pontevedreses e pontevedresas na súa loita pola recuperación da ría.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2005.
-,
07.06.2005 - 10:46 (Id: 2611)
-
-,
07.06.2005 - 11:02 (Id: 2612)
-
-,
07.06.2005 - 11:05 (Id: 2613)
-
sh,
07.06.2005 - 13:45 (Id: 2620)
Parece que na manife só estava o BNG e organizações satélites, que acontece com todas as pessoas e colectivos que estavam ali? Som invisíveis.
BNG SECTÁRIOS!!
Galego,
07.06.2005 - 13:47 (Id: 2621)
Solicito que se retire o comentário por eleitoralista assim como se fixo com outros da FPG e de NÓS-Unidade Popular.
"Situación sobre a que parece existir unha importante sensibilidade en todo o país, sobre todo en sectores nacionalistas -o propio candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou da marcha-, que non deixaron pasar a oportunidade de amosar a súa solidariedade cos pontevedreses e pontevedresas na súa loita pola recuperación da ría."
ruibal,
07.06.2005 - 14:14 (Id: 2622)
Ao censor, só dicirlle que evidentemente isto non é "marketig partidario". Só unha nova que nun parágrafo constata dúas evidencias:
1) que foi o nacionalismo quen historicamente estivo máis sensibilizado e máis traballou na loita contra ENCE
2) que Quin estaba na mani
A interpretación que cadaquén queira darlle é outra cousa, pero por dicir esas dúas cousas ninguén pode crer se está a facer propaganda.
Ao anterior comentario, dicir que hai fotos abondo aquí (e hai máis en www.galizacig.com) na que se constata a presenza de diferentes colectivos (había un total de 150 que convocaban), pero é un feito tamén que foron as organizacións nacionalistas as que máis se moveron, tanto no traballo previo como na manifestación en si.
toma@eleitoralismo,
07.06.2005 - 15:49 (Id: 2623)
Toma sobredose eleitoralista!
A isto nos conduz a censura em Indymedia contra NÓS-UP e FPG. Acaba-se por fazer propaganda grátis ao BNG, como se nom tivesse bastante financiaçom do Estado para pagar as campanhas, ao contra´rio que o independentismo, que as paga com as quotas da militáncia.
É indignante...
xeito,
07.06.2005 - 16:01 (Id: 2624)
O absurdo de todo isto que dicides é que os feitos demostran que o máis "censurado" (isto é, o que máis veces incumpriu as normas segun os administradores) foi o BNG, pois foi o que máis novas súas viu apagadas baixo a acusación de "eleitoralismo"...
Garrapata,
08.06.2005 - 08:55 (Id: 2630)
Unha escolma de imaxes sempre ten este tipo de perigos, que tan so aparezan os que son do mundillo nacionalista, pero como non chove a gosto de todos, tamén hai publicacións escritas, como La Campana, de Pontevedra, que cando informa de que vai a haber a mani contra ENCE esquece citar que entre os sindicatos convocantes estaba a CNT, que levaba unha pancarta grande que decía "Non queremos meio ambente, queremo-lo enteiro". Tan so lembrar que tres sindicatos tan so convocaban a mani: CIG, CNT e CGT. Toma sectarismo informativo, toma sectarismo e manipulación informativa, ésta vez libertaria.
rial,
08.06.2005 - 12:27 (Id: 2632)
panfleto distribuido por Galiza Nova -
cachitoka,
08.06.2005 - 12:34 (Id: 2634)
Pelead@s e ceg@s, asi estades todos, penso que o importante e sobresaliente desta nova, é que se lle pode recriminar ao BNG, que presume de mani e monopoliza a reibindicacion, hai moitas rias na Galiza, como a de Ferrol, que tamén corre perigo, e quero decirvos que ás manis contra REGANOSA, non se mobilizou nen un so dos que contra ENCE, a conciencia ecolóxica do BNG é aquela da que pode sacar rendimento electoral, coma o resto dos partidos, incluidos Nós-UP e demais mangantes, Nós-UP ou a FPG nunca pedirian que se sacase unha foto con a pancarta deles nunha mani contra REGANOSA porque non habia ningunhan porque non asistiron como grupo, ainda que, eso si, nos seus periodicos e panfletos din apoiar e loitar, como decia, no se pode facer esto, en Pontevedra contra ENCE e en Ferrol a favor de REGANOSA (esto é o recriminable ao BNG, esa é a contradicción a atacar), non se a noticia é electoralista ou non, que tod@s nos damos conta de que o é, so hai que leer e mirar as fotos.
Parece que o que mais vos importa é poder publicar novas con os vosos anuncios de campaña, e estades chorando por cada nova que se publica e decindo que se esta si ou esta non, porque a min si me censuran e a outros non, sodes patéticos e ides todos de mártires pola vida, cando o que realmente queredes é que vos deixen publicar as vosas novas electoralistas nun medio no que está ben claro que non se pode publicar esta clase de noticias, vos insistides, sodes uns túzaros de carallo.
cachitoka,
08.06.2005 - 12:38 (Id: 2635)

cachika,
08.06.2005 - 12:39 (Id: 2636)

flipas@meu,
08.06.2005 - 13:30 (Id: 2637)
cachitoka, repetes-te mais que a cebola.
Estamos a falar de censura, nom de ambientalismo. Se queres falar de REGANOSA ou de ENCE ou da política ambiental do BNG e de NÓS-UP, parece-me bem, mas nom insultes.
um mais,
08.06.2005 - 13:57 (Id: 2638)
Nom creio que seja um assunto de censura sim ou censura nom que quiser, penso que pode pôr as fotos que considere sempre que nom sejam, racistas, xenofobas, homofobas, machistas, ... nem pedir o voto ou propaganda eleitoral. Todas e todos nós somos usuari@s de indymediagaliza, assim que nom nos vai levar ao engano o que diga cada quem pois já sabemos que cada quem pom as fotos que quere, senom só há que ver as fotos da manifestaçom antimilitarista da Corunha de há uns dias. Até alguém levou umha faixa onde só iam as siglas e anagrama do partido. Assim que tod@s e todos temos muito que rascar, nom emporquemos mais este meio de comunicaçom tam necessário como é indymedia. Ponher as fotos quando o vejades conveniente e menos parvadas. Obrigad@s !!
Nom ao sectarismo !!
Larga vida a Indymedia !!
Viva a liberdade de expressom !!
Viva o sentido comum !!
Entremos na página de IndymediaBolilivia é necessário que estejamos antent@s.
Actos de Solidariedade com o Povo de Bolivia e os povos indios, já !!