UM,
15.11.2005 (Id: 4124)
Caros companheiros do CMI gz, nom podedes por um titular algo mais clarificador e comprometido... Até Vieiros fez um titular mas parcial cara os companheiros detidos. Esta ofensiva não é contra independentismo, esta ofensiva é contra Galiza digna!!! E contra a nossa sociedade civil organizada, e contra tod@s nós!!!
Se defender a liberade e dignidade do meu pais é ser terrorista entom EU TAMBÉM SOM TERRORISTA !!!!
Saúdos.
un,
15.11.2005 (Id: 4129)
O correcto sería "Operativo contra o MLNG". Con "independentismo galego" estades a incluír tamén á FPG e a sectores do BNG que non teñen nada a ver co MLNG. Tamén estades abranguendo a sectores sociais (centros sociais, asociacións, etc) que aínda que defendamos ou comprendamos o ideario independentista, rexeitamos a vía da violéncia, que é o que caracteriza ao MLNG.
"Operativo contra o MLNG" expresa ben cal é o obxectivo da Audiencia Nacional, e limita o posible impacto que esto poida ter no conxunto do activismo social galego.
patriota,
15.11.2005 (Id: 4135)
Desculpa compañeiro, pero o termo MLNG lévase utilizando dende hai mais de vinte anos en Galiza e non é patrimonio nin "copyright" de ninguén, e moito menos de persoas escindidas do BNG recentemente.
De feito estas siglas xa as utilizaba o Partido Galego do Proletarido (PGP) en 1978. A revista Espiral -na súa primeira xeira- falaba habitualemente da construción dun MLNG no 1982. O Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN) utilzaba as siglas MLNG e MN-PG indestintamente en 1986. Etc,...
Polo tanto, ao deixar á FPG fóra dun hipotético MLNG estás a caír nun erro ou nunha desas falsas ideas que se revisten dun alo de verdade a base de seren repetidas de forma machacona.
Alén desta pequena puntalización, quero amosar a miña solidariedade co/as detid@s e reivindicar a súa inmediata posta en liberdade.
LIBERDADE PATRIOTAS!
A LOITA CONTINÚA!
cobardes,
15.11.2005 (Id: 4140)
Sempre usades a FPG como trincheira, igual que tedes usado a Beiras pero as cousas como son: o obxectivo do operativo policial é o entramado do MLNG, que sairá á luz cos AZs que se levaron dos locais de AMI, igual que a cúpula da AMI saiu das axendas dos teléfonos de Uxío e Xiana e as escoitas que se seguiron delas.
O que non pode suceder é que dende un meio contrainformativo se contribúa a criminalizar a todo o independentismo galego. A responsabilidade exclusiva desta movida é do MLNG, dos que calan e dos bocas que soltades pana sen parar nos foros de internet.
vieiros,
16.11.2005 (Id: 4173)
Ciclo da violencia
Colo aquí iste texto aparescido em "Vieiros". Acho que um debate sobre o exposto é necessário, nom é?
Dende o Día da Pátria ao San Martiño....alguén pode sorprenderse de veras do que está a acontecer? Non é o independentismo galego -ese independentismo en concreto, o do MLNG- o que preocupa ao imperial estado español.
O que preocupa e moito aos defensores da indisolubel unidade da castiza patria española é o movemento asociativo que agora chaman "movementos sociais", "multitudes" e demais os novos próceres da revolución social.
Cómo pode ser posibel que un pobo ignorante de labregos, mariñeiros e mariscadoras, de pensionistas añorantes dos vellos tempos, de analfabetos funcionais e por riba conservadores, un pobo desprovisto dende fai cincocentos anos dunha burguesía intelectual a la catalana ou dunha entramado industrial a la vasca, un pobo educado na desconsideración de sí mesmo, na aceitación do desprezo sementado nas aulas do sistema educativo español, un pobo que do único que se lle permite ser protagonista é dos chistes de gallegos e dos personaxes secundarias máis deleznabeis na literatura ou na cinematografía... cómo pode ser posibel que ese infrapobo sexa capaz de tumbar a maquinaria silenciadora das mafias internacionais apoiadas polo goberno galego e polo goberno amigo aznarista de Madrid? cómo pode ser posibel que esa protonación sexa capaz de encetar con éxito un proceso de acoso e derribo do dinosáurico patronciño Fraga, símbolo da eterna xuventude e vizosidade sexual?
Sumidos no noso perenne autoodio e desvaloración de todo o que nos sexa particular e propio negámonos a valorar o que implica todo eso, o que ten de imaxe e símbolo no que se poden recoñecer pobos e colectivos culturais minorizados de todo o mundo.
Nós non, pero eles ben que se decatan. Por eso atacan alí onde somos máis vulnerabeis. O cabalo de troia, o talón de aquiles dos "movementos sociais" localízase xusto onde as dinámicas de acción-reacción dirixidas dende o Ministerio del Interior e o complexo comunicativo das grandes corporación editoriais funcionan como a maquinaria ben engraxada que é.
O independentismo do MLNG, ese independentismo copiado e pegado do vasco pero sen a infraestructura legal e financieira que o sustenta en Euskadi é o máis previsibel por coñecido, e xa que logo é o máis obxectivo máis fácil para fundamentar unha campaña de criminalización tan grata e necesaria para o nacionalismo español.
Outro independentismo ten que nacer, quizá do escrito por Beiras, quizá do escrito por Ferrín, pero un independentismo GALEGO, adaptado á sociedade GALEGA, e non unha simples e burda representación superficial atascada na estúpida ecuación que iguala o share de pantalla co éxito político. Aínda que sexa poñendo mortos de por medio.
Un independentismo que alomenos non funcione como excusa para o intervencionismo estatal, que sexa mínimamente intelixente, pero sobre todo un independentismo GALEGO que se deixe dunha vez de estratexias infantís e prácticas rupturistas que o único que poñen en perigo é a solidez da nosa capacidade colectiva de reaxer como POBO.
E ante esta situación qué facer? A resposta non é simple, pero debe basearse na decidida defensa dos direitos humanos E PROCESAIS dos acusados, que só logrará quebrar a liña criminalizadora preestablecida dende Madrid se ao tempo se deixa clara a DESVINCULACIÓN con esa especie de cancro político e social que é o "independentismo" do MNLG.
Defendámolos como galegos que son pero deixando claro tamén que a vía da confrontación á marxe dos mecanismos da democracia escollérona eles mesmos.
Todo o que está sucedendo entra dentro das súas previsións, pensar o contrario é dunha candorosa inocéncia. Pensar que sacarán rédito político desto tamén: o que demostra o pouco que nos coñecen. Eso é un alívio.
Luther Blisset,
16.11.2005 (Id: 4185)
Sob a dependéncia da lóxica da guerra no movemento social galego e a voluntaria autoanulación que iso supón.
Qué ben. Qué contentos estamos todos e todas. Os da Audiéncia Nacional por que xa teñen material abondo para trazar a información que precisan para golpear o entramado asociativo galego cando mellor lles conveña durante os próximos anos. Contentas tamén as víctimas da última acción xudiciária, convertidas agora en protagonistas da loita dea liberación nacional tan devezosa de mártires e de herois. Contentos os medios corporativos, que aumentaron en ventas e visitas coa operación. Contento o seu entorno político, xa afianzado na denominación de "independentismo galego". Contentos no BNG, que cunha de cal e outra de areia continúan a cimentar a única opción válida coma interlocutora do pobo galego no complexo institucional galego, español e mais europeo. Contentos tamén no PSOE, que afianzaron a súa identificación co "Estado protector" que nos defenderá ante o proteccionismo que o nacionalismo galego exercería ante unha hipotética situación de violéncia , ao modo do PNV en Euskal Herria tal como demostrou Francisco Rodríguez no Congreso. Contentos tamén os movementos dos direitos civís, que conseguiron visibilizar a importancia da súa acción en contextos de represión coma iste; nin siquera nos momentos máis duros da represión acaída nos tempos do Prestige conseguiu isto.
Mais, hai alguén que poida considerarse perdedor nesta orxía de victoria colectiva? Algún damnificado, alén dos direitos e liberdades fundamentais sempre restrinxidos con esta clase de "accións"? Non hai dúbida que hai un claro derrotado: o movemento social galego, a dinámica movimentaria, o entramado asociativo, chamáille como queirais.
A cousa é que un elemento importante das motivacións transversais a moitas das manifestacións sociais da Galiza é común a determinadas reivindicacións e constatacións procedentes do ámbito independentista. Isto, que non debería representar un problema por canto non expresaría máis que a convivencia de distintas opcións ideolóxicas expresivas da diversidade que debe reflexarse nun movemento social realmente operativo, convírtese en factor de bloqueo cando tanto nos media corporativos coma nos alternativos -caso desta páxina web- se consensúa a asociación do uso da violencia con esa opción política.
É evidente que é do interese do estado, do capital neoliberal, do "grande irmau", do pensamento único... a neutralización de calquera resorte que posibilite unha resposta social de autodefensa; e resulta evidente tamén que o xeito máis efectivo é o que emprega a criminalización multimedia orquestada en torno a "evidencias" tais como foron a bomba de Compostela no Día da Pátria, pouco antes o sobre-bomba a un ex-militante ou as detencións masivas que vimos de vivir.
Mais ante esa evidencia, cal é a resposta do entramado social galego? Sorprendentemente, emular e amplificar a "verdade" que se proclama nos meios de comunicación oficiais. E así vemos como ao final, todo esto se reduciu a unha operación contra o "independentismo galego". A palabra violéncia nin se menciona, ao parecer non é válida para adxectivar o obxecto desta acción xudiciária, e como conclusión o que temos é a aceptación implícita da dinámica movimentaria de que violencia=independentismo. Xenial. A Audiéncia Nacional escrebe as cláusulas, poñen o anúncio nos xornais acompañado do imprescindible show policíaco, e nós coma bós galegos afeitos a obedecer, asinamos a hipoteca que lle permitirá a ises sectores do independentismo autoafirmarse ante a sociedade como verdadeiros apoloxetas dos sagrados valores da pátria galega. Excluíndo por tanto o amplo sector do independentismo que identifica na violéncia o botón que poñemos a disposición do estado para que o poidan premer en calquera momento e BOOM nos rebente na cara cando máis lles conveña a iles. Desprovistos da identificación ideolóxica, eliminamos toda posibilidade de que xurda un movemento independentista capaz de actuar coma interlocutor ante as instáncias do noso entorno, conscientes de que con ou sen independencia nin o estado español, nin a comunidade europea nin os estados unidos van desaparecer por arte de máxia.
Qué é o que nos está sucedendo? É que todo esto nos superou até tal punto que somos incapaces de artellar respostas un pouquiño fora do canon preestablecido? Somos realmente incapaces de camiñar fora do camiño que nos marcan? Tanto medo temos? Tan cobardes somos que nos imos conformar coa épica do guerrilleiro, do preso político ou do pobo oprimido para construir o noso discurso de liberación nacional? Tan incompetentes somos que do único que imos ser capaces é de xogar a bola que nos lanzan do outro lado? Son bombas e manifestos dogmáticos o único que imos ser capaces de lanzar?
Quizá sexa tristemente certo que ao final somos un pobo de escravos, descabezado intelectualmente, únicamente capaz de emular o que fan os outros e por tanto identificados no máis característico do ser español "que inventen otros". Quizá sexa certo que ao final escollemos sempre o cabalo perdedor, e que postos a copiar, prefiramos a opción borrokari vasca que únicamente demostrou ser quen de enquistar o conflicto frente á que xa se demostrou efectiva: a que lexitima o horizonte da independencia na renúncia á violéncia como instrumento de intervención política, caso de Esquerra Republicana de Catalunya.
No primeiro caso basta manter o silencio desconfiado que nos é tan proprio. Para o segundo fai falta falar, e sobre todo estar dispostos a escoitar. Que sexamos capaces de facer iso é algo que, tristemente, aínda está por demostrar.
www.galizalivre.org,
17.11.2005 (Id: 4209)
Ceivar organiza um recebimento popular @s dez militantes detid@s pola Guardia Civil esta semana
Submetido por galizalivre em Quinta, 2005-11-17 19:10
http://www.galizalivre.org
Segundo informa o organismo anti-repressivo Ceivar, @s independentistas detid@s o passado dia 14 em várias localidades da Galiza serám recebid@s e homenagead@s na capital galega em um acto de urgência a anunciar nas próximas horas. O recebimento popular que prepara a associaçom de solidariedade com @s independentistas retaliad@s propom-se como "umha primeira demonstraçom de força e de solidariedade, após as mobilizaçons destes dias", à vez que "a resposta às tentativas da Guardia Civil e os juízes especiais espanhóis de situar a AMI e à juventude independentista no ponto da repressom".
O organismo nom aponta a data e hora exactas, dado que esta resposta de urgência depende de outras iniciativas de carácter comarcal e local em andamento, mas anuncia que se celebrará em Compostela na tarde de sexta-feira ou sábado na Praça do Toral. A associaçom anti-repressiva convidou ao exercício da solidariedade económica perante o importante desembolso económico que supom o presente processo repressivo, com o deslocamento de advogad@s a Madrid, a contrataçom de letrados ligados à Audiência Nacional espanhola, procurador@s, etc.
pastagansa,
19.11.2005 (Id: 4290)
Non se pode ser máis dogmático, máis endogámico... xente a sofrer no cárcere, xente do común presa por motivos moito máis inxustos que uns nenés de papá xogando a revolucionarios, e o único que vos preocupa é sacar pasta para seguir dándolle ao bombo do victimismo... Saíde do gueto, abride os ollos a algo máis que ese dogmatismo endogámico do que non saídes, o medo tenvos paralisados, sodes tan vulnerabeis...
Um indignado,
21.11.2005 (Id: 4329)
Anunciavamos esta semana que a vaga repressiva contra a AMI conhecida como “Operaçom Castinheira” nom estava encerrada. Os factos ocorridos esta tarde venhem confirmar o asserto: a militante da formaçom juvenil em Ourense, Maria B., era detida novamente hoje por agentes da Guardia Civil. A independentista galega poderia encontrar-se neste momento sendo deslocada à Corunha.
Esta nova detençom é bem indicativa da tentativa da Guardia Civil de situar a militáncia da AMI num permanente estado de excepçom e insegurança, impedindo o trabalho político-social da formaçom juvenil e pondo sobre o conjunto da militáncia a ameaça permanente de novas detençons. Ceivar responderá nos media e nas ruas da Galiza esta nova detençom política durante as próximas horas.
Seguiremos informando em quanto tenhamos novas notícias sobre a situaçom e localizaçom da patriota galega. Por enquanto, chamamos todas as pessoas, associaçons e colectivos sensibilizados frente a esta campanha repressiva a dar resposta à mesma e difundir a informaçom que vaia tirando o nosso portal