Em defesa dos nossos direitos. Paremos a repressom
cmi-gz
,
08.12.2005, (Id: 5589)
Um amplo abano de colectivos da Galiza, agrupados em torno da
Plataforma Galega contra a Represom, venhem de convocar para o vindouro domingo 18 de Dezembro umha manifestaçom nacional sob a legenda
‘Em defesa dos nossos direitos. Paremos a repressom’.
A iniciativa pretende dar umha resposta unitária, nacional e suprapartidária à regressom que estamos a viver nos últimos anos em matéria de direitos e liberdades e, particularmente, trás o grave salto qualitativo que suponhem as detençons, assaltos de moradas e centros sociais e ataques a páginas webs independentistas realizadas pola Guardia Civil desde 14 de Novembro.
37 colectivos e associaçons apoiarám a mobilizaçom nacional contra a repressom do vindouro domingo 18
Este é na íntegra o manifesto a assinar polas entidades participantes,
Em defesa dos nossos direitos Paremos a repressom
A constante acossa e perseguiçom, própria dum Estado profundamente anti-democrático, a que estám submetidas os movimentos sociais, políticos e sindicais na Galiza acadárom nos últimos tempos níveis alarmantes. Mostra disto som as vagas repressivas da Guardia Civil contra a juventude galega organizada, concretamente as operaçons “Cacharrón” contra BRIGA e “Castiñeira” contra AMI, esta última posta em marcha com o respaldo da Audiência Nacional e no marco da qual forom detid@s 10 independentistas e assaltados, além das moradas d@s detid@s, os centros sociais da Gentalha do Pichel, a Esmorga e a Revolta, roubando informaçom interna da organizaçom juvenil atacada, as suas infraestruturas e recursos económicos das suas e dos seus militantes, além de paralisar duas webs independentistas.
Ante estos graves factos manifestamos,
- Este salto qualitativo afecta-nos a tod@s, já que instaura um antes e um depois, um perigoso precedente depois do qual qualquer organizaçom, plataforma, associaçom ou agrupaçom pode ser considerada nom grata, pode ser declarada associaçom ilícita em funçom de interesses particulares.
- A nossa mais rotunda condena ao circo mediático-policial da que fôrom objecto as 10 pessoas detidas. Os mesmos meios de comunicaçom que nom dedicam nem umha só linha ou minuto a informar das numerossas actividades dos Centros Sociais assaltados ou às organizaçons populares, cobrírom intensamente os saqueios e detençons alentando um julgamento paralelo no que o veredito já estava ditado.
- A criminalizaçom e perseguiçom dumha determinada organizaçom ou colectivo pola mera razom de pretender mudar a actual ordem de cousas nom só é umha mostra de autoritarismo político, senom que é um grave atentado aos nossos direitos políticos e colectivos, umha mutilaçom irreparável da liberdade de expressom e associaçom que nom pode ser permitida.
- Esta nova vaga repressiva pom em evidência os graves défices democráticos do Estado espanhol onde as ideias dessidentes som perseguidas com impunidade e o papel do PSOE do talante como continuador das políticas de constantes recortes das liberdades e dos direitos colectivos, iniciadas nos oito anos de governo do Partido Popular.
- Fazemos um chamamento ao conjunto das organizaçons, colectivos e pessoas a título individual, a solidarizar-se com a juventude independentista acusada de associaçom ilícita e evitar o intento efectivo de coarctar a auto-organizaçom popular.
- É o momento de dar umha resposta como País, coesionada e sem fisuras, por cima das siglas e dos matizes ideológicos e políticos, a quem quere impor a lei do siléncio e impedir a auto-organizaçom da nossa sociedade a todos os níveis.
Galiza, 18 Dezembro de 2005
Farruco,
09.12.2005 (Id: 4476)
Despois da derradeira vaga represiva, existen unha serie de sectores sociais que se plantexan a posibilidade de xerar novas dinámicas de loita, deixando de lado as xa clásicas do xenoma independentista, as cales non só xeneran frustración política, senón que levan á cadea a numerosas persoas, poñendo en perigo tanto o propio mundo independentista como a outro tipo de entornos, e en definitiva a todo o que cheire a “revolucionario” e “alternativo”.
Dende logo que cada colectivo ou organización e quén de facer a súa análise de xeito particular, máis é necesaria unha reflexión colectiva ó nivel dos movementos sociais que están a traballar dende a Galiza, unha reflexión que non se artelle en clave de conceptos e de ideas pechadas.
Como ben dicía, esta cuestión é de gran preocupación para moitas persoas que non somos independentistas pero que creemos na necesidade de xerar camiños de convivencia e de loita comúns. Por iso, é unha mágoa ver cal é o actual plantexamento “antirrepresivo”, cun cariz claramente independentista, e con numerosos vicios claramente “excluíntes”. Deste xeito, a estratexia independentista no tema antirrepresivo pasa por centrarse única e exclusivamente n@s “patriotas represaliad@s”, mantendo á marxe a outro tipo de activistas non independentistas pero claramente represaliad@s, creando así unha linguaxe que diferencia entre nós e eles. Parece así, que o interese radica máis en aumentar o número de militantes para as filas das distintas organizacións independentistas que en crear unha plataforma antirrepresiva útil, aberta, dinámica e combativa.
Prácticas como o martiriloxo (necesidade de ter mártires para que o movemento se manteña activo entre a poboación e nov@s activistas se sumen á loita), enxalzando a figura d@s activistas represaliad@s, son sintomáticas dun modelo de organización endogámico e claramente antisolidario, que por outra banda estase a crear de xeito mimético en relación a Euskadi e outras realidades ben diferentes á nosa.
Apostar por este modelo é apostar polo hermetismo máis clásico, o cal pode xerar moito rexeitamento de numerosos sectores , que non compartindo as premisas independentistas, poden deixar incluso de apoiar certas campañas claramente gravosas para os dereitos fundamentais das persoas.
A día de hoxe (2005) parece que as cousas non mudan demasiado en relación a outras épocas no que a represión e organización social contra esta se refire, onde @ pres@ bo/boa é o que comparte con nós unhas premisas ideolóxicas e identitarias, unha ou outra relixión máis ou menos crible. Como dicía un amigo meu: “los presos políticos son todos, porque el capitalismo y sus cárceles se basan en una premisa, netamente política, fundamentalmente represora”.
eu,
09.12.2005 (Id: 4478)
Chega con que deixedes de poñer bombas no noso nome. Se ademais diso vos poñedes a TRABALLAR POLO PAIS en troques de LOUBAR O VOSO EMBIGO igual damos saído do atraso histórico, dito doutro modo, a REPRESIÓN PERMANENTE
um,
10.12.2005 (Id: 4481)
Onde estám os coletivos firmantes desse manifesto?
Demilho,
10.12.2005 (Id: 4482)
Quanto estómago agradecido adica-se a abrir a boca com as lentelhas aínda sem engulir nela. Sabemos quenes som esses que falam e falam de que o caminho da submissom é o melhor caminho, porque evita a convulsom social e da cabida a elementos coma eles que predicam qual é a esquerda real, qual é a esquerda que o povo precisa e qual nom é o caminho.
No mundo há de todo a cada segundo, bombas, fame, guerra química, violaçons, torturas... e sabemos quem é o culpável. Porque a GZ ou a Europa vai ser diferente? Ou pq aqui nom pode nem deve passar? As minhas palavras nom som um canto à luita armada nem muito menos. Som dos que considero que aíndo nom demos criado as condiçons para resistir umha estratégia político-militar contra o capitalismo-estado espanhol. Mas o que nom tolero é que venham @s 4 patriotas de merda liberad@s do autonomismo a dar liçons de nada.
Tragade!! que da nojo olhar-vos falar com as lentelhas na boca!!!
tal,
10.12.2005 (Id: 4486)
Deve ser fantástico militar em organizaçons como Nós-UP onde nom tes que pensar, já que pensam outros por ti. E se alguém nom comparte as "tuas" ideas, é um autonomista, um revisionista e/ou um inimigo do povo, e já está.
Viva isto, viva aquilo, abaixo aquilo de mais alá.
calquera,
13.12.2005 (Id: 4516)
eue,
14.12.2005 (Id: 4530)
Mais Burla Negra
BCN,
19.12.2005 (Id: 4548)
Manifestación en Santiago contra la "represión del Estado" al independentismo de izquierda
Unas 200 personas se manifestaron ayer en Santiago de Compostela contra lo que consideran la "represión" del Estado hacia la izquierda independentista. La manifestación fue convocada por la Plataforma Galega contra a Repressom, que agrupa a asociaciones políticas, culturales y sociales de diverso tipo.
Durante el recorrido se lanzaron consignas contra la "represión" del Estado español y en favor de la libertad de los "presos políticos". Al final de la manifestación, el escritor Chechu Sende leyó un manifiesto en el que se destacaban los "niveles alarmantes" alcanzados por el "constante asedio y persecución" a la "juventud gallega organizada".
BCN,
19.12.2005 (Id: 4549)
Hay medios que sí han dado bola a la manifestación...
Suerte.
http://www.diarioiberico.com/default.asp?item=22669&seccion=1
Manuel,
06.02.2006 (Id: 4810)
Hello, finite after side my taste. Here it gives somewhat to meals and for drinking. I come from the Wachau am a well-known wine area in Austria. Between milk and Krems, approx. 60 km far from Vienna. If their desire have regard to you my Hompepage. Here gibts also some on the left of "like vacation with the dog". We offer also Schockolade to the sales at Mozart balls, Morzart are in the last days a world topic. My newest hobby is Blog reads that is more intresanter than newspapers or television. in the between time I spend already 4-5 hours at the computer. Writes firmly thereby I also still enough-end to read has.
cu Manuel