Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
As Redes Escarlata solidarízanse con Olga Novo
@ , 26.05.2006, (Id: 7250)
Dende a asociación sociocultural Redes Escarlata queremos mostrar a nosa total solidariedade con Olga Novo, de quen nos consta a honestidade e a profesionalidade con que exerceu o seu labor como lectora dese Centro.


Ante a improcedente anulación de contrato que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia quere aplicarlle a Olga Novo, lectora do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Rennes (Bretaña), dende a asociación sociocultural Redes Escarlata queremos mostrar a nosa total solidariedade con Olga Novo, de quen nos consta a honestidade e a profesionalidade con que exerceu o seu labor como lectora dese Centro. Asemade tamén queremos manifestar:

1. Se Olga Novo cumpriu satisfactoriamente coas obrigas docentes establecidas polo devandito Centro (e isto parece claro a xulgar polo apoio explícito de alumnos, Xunta da Facultade e autoridades universitarias de Rennes), non entendemos que se pretenda anular o seu contrato como lectora para o vindeiro curso, polo que pedimos que a Secretaría Xeral de PL anule ese "despido".

2. Os Centros de Estudos Galegos creáronse coa finalidade de promocionar a lingua e a cultura galegas en todo o mundo. Se Olga Novo tivo o valor de denunciar irregularidades no Centro de Rennes, como é o financiamento de actividades que de ningunha maneira se axeitan a tal fin (por ex., conferencias en castelán sobre La Regenta, sen dúbida excelente novela da literatura española, pero a súa análise non encaixa nos obxectivos dun CEG), o lóxico é actuar sobre a persoa responsable do Centro que cometeu tal irregularidade e non actuar sobre quen denuncia tal cousa, como se fixo neste caso.

3. Consideramos que a creación dos Centros Galegos foi unha feliz iniciativa da Xunta de Galicia, que, pese a deficiencias que membros das Redes Escarlata temos detectado en intervencións en diferentes Centros, podemos dicir que, en xeral, son auténticas embaixadas da lingua e da cultura galega, e de Galicia, sempre mercé a un abnegado esforzo dos lectores e lectoras, que ás veces non contan coa comprensión da persoa responsable do Centro.

Como cremos que deben potenciarse e dignificarse eses Centros Galegos, pero que tamén se debe procurar unha total transparencia da xestión dos fondos públicos a eles destinados, pedimos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:

a) Mellore a precaria situación laboral dos lectores e lectoras

b) Que faga un efectivo seguimento de todos os CEG e que se controlen os investimentos en material e actividades para que redunden sempre na promoción e dignificación de Galicia e da lingua e cultura galegas.

En 1906, cando se ía constituír a Real Academia Galega, Manuel Murguía recibía os parabéns do académico sueco Göran Björkman, cun telegrama en latín: Vivat floreat natio galaica. Hoxe, xusto cen anos despois, as Redes Escarlatas queremos que viva e floreza a nación, a lingua e a cultura galega na Universidade bretona de Rennes e en calquera outra parte do mundo.