Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Comunicado Interno do BNG sobre os lumes
BNG , 09.08.2006, (Id: 8023)
A raíz da vaga de lumes provocados que asola o noso país, o BNG e a súa secretaría de Comunicación queren por en coñecemento da nosa militancia e simpatizantes as seguintes valoracións:


-Existe un novo modus operandi dos incendiarios, dirixido a causar o maior dano posíbel, alarma social, caos e desestabilización, provocando lumes a carón das cidades e das principais vías de comunicación. A isto súmanse as peores condicións meteorolóxicas posíbeis, de carácter excepcional: altas temperaturas, baixa humidade e fortes ventos.

-Estes dous elementos conxunturais súmanse ao gran problema estrutural do medio rural galego: o abandono das terras forestais e agrarias. Hoxe en día, o monte está pegado aos núcleos de poboación, o que aumenta o risco para a poboación.

-A consellaría de Medio Rural investiu 70 millóns de euros en medidas contra os incendios: os medios cos que conta Galiza son 4.700 persoas e 38 medios aéreos, entre outros, aos que hai que sumar a axuda de brigadas doutras comunidades. A maiores, aumenta a persecución policial contra os incendiarios. Porén, os incendios provócanse de noite, polo que avións e helicópteros non poden actuar. Ante unha crise tal, por moitos medios dos que se dispoña, sempre serán insuficientes.

-O Partido Popular ten responsabilidades na crise, tras 16 anos de goberno. En primeiro lugar, a súa política económica favoreceu o abandono da agricultura, co que as terras agrarias que rodean os núcleos de poboación quedaron a monte. En segundo lugar, a súa política contraincendios limitouse á extinción, sen tomar medidas de prevención nen investigar os causantes do lume. A maiores, 33 concellos gobernados por este partido rexeitaron os convenios ofrecidos para formar brigadas, polo que as críticas que fan son oportunistas e demagóxicas.

-A superficie que ardeu ata o día 4 de Agosto era a metade da queimada en 2004 no mesmo período. Porén, o goberno galego practica unha política de transparencia informativa e non manipula as cifras para ocultar a gravidade do problema, como fixeron os gobernos de Manuel Fraga.

-A consellaría de Medio Rural está a levar a cabo unha nova política que dará resultados a medio prazo. O principio a seguir é que os lumes se apagan en inverno -prevención fronte á extinción-. Así, estase fomentando a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria e forestal, promóvense medidas lexislativas para obrigar aos propietarios a limpar o monte e estanse a facer repoboacións forestais con árbores frondosas -castiñeiros, por exemplo, máis difíciles de queimar- e non con eucaliptos. Detrás do terrorismo forestal pode estar a intención de impedir estes cambios impulsados polo conselleiro nacionalista Alfredo Suárez Canal.

Sen máis, recibe un saúdo nacionalista.
Gabinete de Comunicación do BNG


o_pasionario, 09.08.2006 (Id: 5741)

Que non. Que ante este ataque non se pode facer gran cousa. Que estades cheos de xustificacións; non pidades perdón por existir.



- " A consellaría de Medio Rural investiu 70 millóns de euros en medidas contra os incendios: os medios cos que conta Galiza son 4.700 persoas e 38 medios aéreos, entre outros, aos que hai que sumar a axuda de brigadas doutras comunidades"


Que non. Que a maior forza hoxe é a xente loitando contra o lume, desesperada e completamente abandoados. Que sodes incapaces que proporcionarlles medios para que non teñan que ir a peito descuberto. Que moi mal. Que haber cantos dimiten e cantos son despedidos. Que os incapaces seguen dentro.






jon, 09.08.2006 (Id: 5743)

O BNG tivo unha grande responsabilidade no seu momento: cando se lle plantexou a necesidade de afrontar a situación do Prestige con valentía (perante as eleccións municipais, por exemplo).
O que fixo foi instrumentalizar a Plataforma Nunca Máis e DESTRUÍR a posibilidade dun cambio social, conformandose cun mero e raspado cambio de goberno.

Un comunicado da Plataforma NM, asinado por impostores partidistas, pechaba así a cuestión de afrontar as VERDADEIRAS CAUSAS da catástrofe:

""2ª.- O que foi capaz de dar sentido á Plataforma todos estes meses, e logrou a articulación dun movemento social sen precedentes na nosa historia contemporánea, radicou na defensa dunha postura común perante a catástrofe do Prestige e a incompetencia dos gobernantes. Os máis de 400 colectivos que se sumaron ao manifesto de NUNCA MÁIS fixérono baixo esas premisas. Nese sentido, pódese entender como contraproducente e inválido para futuras actuacións da Plataforma, pretender que NUNCA MÁIS asuma o papel protagónico colectivo doutras moitas situacións que requiren resposta social; e con isto non se está a restar lexitimidade a estas propostas, senón que se sinala un perigo certo, xa que o grao de CONSENSO ante as novas reivindicacións ía ser moi inferior ao acadado desde o nacemento da Plataforma.""

Agora o que ten O BNG son responsabilidades de GOBERNO. Así que poden ir pendurando as súas consignas na prensa burguesa e preparándose para cando baixemos do monte.


UNIÓN ACCIÓN AUTOXESTIÓN
Nunca máis !





tanto monta..., 09.08.2006 (Id: 5746)

A plataforma, entre todos la matamos y ella sola se murió. Lémbroche que cando parecía claro que certos sectores do BNG decidiran neutralizala, xurdiu unha inciativa para reapropiala:

 http://galiza.indymedia.org/gz/2004/11/743.shtml

e a resposta por parte dos grupos sociais foi CERO, por que ninguén quixo asumir determinadas responsabilidades que só a xente do bloque soubo asumir, así que nin tanto nin tan pouco: era moito máis cómodo criticar desde a poltrona revolucionaria o moi mal que o facían os outros, ao tempo que se despreciaban as iniciativas que houbo para poñelo a andar.

Así que nesto a responsabilidade é de todos, e isto escrébeo alguén que se escornou por convencer a según quen de que iso de restrinxir Nunca Máis ao Prestige e como moito aos afundimentos, era o mesmo que coller a bandeira e metela nunha vitrina do museo do pobo galego, por que O PROBLEMA DE FONDO É O MESMO, cousa que ao final acabou sucedendo, coa conseguinte frustración que iso supón.

Ir contra o BNG é moi fácil agora: tendes á prensa española, ás constructoras e ao PP a favor vosa. E ao exército tamén o tedes, e dentro dunhas horas aterrará Zapatero, igual tamén vai á torre de control da Coruña como foi Aznar. O complicado non é eso; o complicado é ir contra as máfias que organizan a queiman dos montes e deixarse de loitas partidarias e conseguir empregar a Xunta a través do BNG como parapeto contra todo iso.

O primeiro só require deixarse levar polo revanchismo; para o segundo -afortunadamente- non fai falta ser nacionalista nin do BNG.





maragota, 09.08.2006 (Id: 5749)

denúncia a máfia do lume
denúncia a máfia do lume

Denúncia a mafia do lume




mais dados concretos, 09.08.2006 (Id: 5756)

Se todo isso das máfias é verdade -e eu nom o duvido-, que espera o BNG para denunciar com nomes e apelidos, domicílios sociais, empresas, empresários, concelheiros de urbanismo, etc?!

É mui fácil dizer, como Quintana, com tom grandiloqüênte, que "ganharemos os galegos", e fazer publicidade falando de terrorismo assim, em abstracto. Isso nom vale de nada e é o mesmo que fazia Fraga.

Que figestes durante os 12 primeiros meses de legislatura, à parte de passear nos carros oficiais?

Além de incompetentes como o PP-PSOE, os do BNG sodes uns cobardes e nom merecedes nem o voto de um só nacionalista galego.






ESTE, 09.08.2006 (Id: 5758)

O bng é culpable por reformista, querer e non poder reformar o sistema dominante da propiedade e do Capital,por eso perdou 50.000 votos co seu interclasimo, quedádolle reservada a función de bombeiro, nunca mellor dito e evidenciando a sua inutilidade como parte do ESTADO.





Erasmo, 09.08.2006 (Id: 5759)

1. Se o BNG enrócase nas súas teses CONSERVADORAS do poder alá el.

2. Suarez Canal é un tolo cando afirmou o VENRES que tiña medios suficientes para facerlle fronte a esta loucura.

3. As actuacións a longo prazo SON CORRECTAS pero a XESTIÓN A CURTO É NEFASTA. E tódos podemos comprobalo en vivo i en directo.

4. Os que votamos BNG non comprendemos que as CANLES de INFORMACIÓN estea senon pechadas cando menos MUDAS. ¿A qué ven este SILENCIO MEDIATICO?

5. Ollo ó piollo... moitos estamos indignados con CANAL pero mentras as bases do BNG estades agochadas en cuestións ideolóxicas que ninguén pode comprender MENTRES GALIZA ARDE COMA NUNCA ARDEU... os nenos-bonitos do PSOE calan e ganan posicións...

6. Cesar a Suárez Canal e por á fronte da CRISE a calquera persoa que fora capaz de COORDINAR Á SOCIEDADE CIVIL EN DEFENSA DOS MONTES GALEGOS... serí non só unha NECESIDADE senon un AVANCE NA DIRECCIÓN CORRECTA.

7. O BNG non ten nada máis que dicirlle ós cidadáns? Mágoa...!




eu, 09.08.2006 (Id: 5761)

O BNG que denuncie as máfias e que se deixe de declaracións para a galería española centrista da transición





calquera, 10.08.2006 (Id: 5771)

Actuacions a longo plazo correctas.... Eso é como decir co paso do tempo todos sermos vellos. Ahí acóchase o reformismo posibilista e integrador que renuncia a batalla social pospoñendo actuacions directas de presión popular contra o Capital depredador en galicia, substituido a conciencia de clase pola pola conciencia de etnia nacionalista galeuzcana, desimulando que o enemigo está dentro.





gerry lleiró, 10.08.2006 (Id: 5775)

Pero a ver, oh, a ver: como publicades un comunicado interno para que nos enteremos quen non somos do BNG? Gargalladas a parte, dicirvos que coincido coas críticas previas. Dádesme risa, sondes patéticos, comezando polo voso ridículo líder, que cada vez que abre a boca é para dicir ren.
Coincido convosco en poucas cousas, pero estou de certo en que parece haber indicios dunha mafia organizada. Agora ben, tendo como tendes o aparato de 1/2 goberno galego, como non o poñedes a traballar, para denunciala e poñela aos pés da "xustiza de El-Rei"?
Por desgraza para este País, xa gobernades, co que conseguístedes que nos decatásemos de que "pasta" estades feitos. Sondes como os anteriores e todo se vos vai en tonterias, pouses escénicas e desculpas. Poñédeos a mover a este País dunha puta vez ou calade para sempre. E pensade que as vosas bases de toda a vida eran os proletarios, os traballadores, os mariñeiros, os labregos ou os funcionarios de clase baixa, e non os donos de Pescanova, nin os do banco Pastor, nin os de Fenosa, nin os da Celulosa-Ence, so burros.





pablo, 11.08.2006 (Id: 5841)

Sodes unha panda de merdentos, marcho a axudar a apgar o lume das vosas idioteces.





o de antes do pablo, 11.08.2006 (Id: 5857)

e ti que és, pabliño querido, ademais de escatolóxico e bobo? Unha cousa é ser nazonalista de Breoghan e outra ser boboseguidista. Cando fallan os argumentos, o escatolóxico é unha boa defensa, si señor. ¡Así lle vai ao Bloque con tontos coma ti!