Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
INCENDIOS EN GALIZA . UN DESASTRE CAUSADO POR INTERESES CALCULADOS
Xosé Lorenzo Puime [ Corrente Marxista O Militante] , 10.08.2006, (Id: 8034)
En Galiza levamos sete días infernais nos que o lume non deixou descansar nin aos servizos de extinción nin aos veciños. Estamos ante un novo desastre na costa galega, aínda que esta vez non se trata dun accidente, esta vez foi provocado por intereses calculados.
Nos últimos días arderon en Galiza máis de 15.000 hectareas de monte. O 80 % da superficie dos concellos de Rianxo ou Rois quedou arrasada polo lume. Tres persoas morreron e deceas feridas e intoxicadas. En Rianxo moitos veciños asolados polas chamas tiveron que pasar a noite no pavillón de deportes da localidade. A principal vía de comunicación do país, a A-9, cortada en varios puntos. Centenares de veciños autoorganizados, loitando contra o lume con caldeiros de auga pasados de man en man, as campás das igrexas soando para avisar a xente da proximidade do lume...etc. Esta é a imaxe dun novo desastre, que está a afectar a costa galega, aínda que esta vez non se trata dun accidente, esta vez foi provocado por intereses calculados.

En Galiza levamos seis días infernais nos que o lume non deixou descansar nin aos servizos de extinción nin aos veciños. O panorama é insólito, e varios obreiros de diversas comarcas costeiras, tiveron que faltar ao seu traballo, para tratar de evitar que o lume destruíse as súas casas. Nun programa de televisión feito en aberto por unha emisora comarcal das Rías Baixas (desde as 11 da noite ata as tres da madrugada) moitos veciños chamaron para denunciar a situación e explicar que en moitas aldeas atoparonse sólos e sen medios para apagar o lume, xa que os servizos públicos de extinción de incendios estaban completamente desbordados polos numerosos focos en activo. As declaracións do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, realizadas o martes pasado, dicindo que "todo está baixo control" pedindo á prensa "menos atención informativa para non provocar aos incendiarios" , ás que o Conselleiro de Medio Rural, Suárez Canal (do BNG), engadíu que se están poñendo todos os medios necesarios" , sentaron como un xarro de auga fría nas poboacións máis industriais e mariñeiras de voto obreiro. A sombra da desastrosa xestión do Prestige por parte do PP está viva na memoria da Galiza obreira e mariñeira, unha Galiza que agarda por parte da Xunta unha xestión da situación notablemente diferente. A nova Xunta non se foi de cacería, tal como fixo Fraga cando a marea negra chegaba ás nosas costas, máis a poboación busca unha maior eficacia na loita contra o problema, cunha actitude sincera, na que admitan que os medios, aínda sendo mellores aos dos anos do PP, víronse desbordados polas numerosas chamadas da xente avisando de lume en infinitos lugares . Os veciños saben moi ben que toda a propaganda dos últimos días de "gran despregue de medios" non é a que se enfrontou o lume estos días en diversas aldeas da comarca do Salnés e outras zonas de Galiza.

FALTA DE MEDIOS E PRECARIEDADE

O novo goberno da Xunta destinou nos seus orzamentos 70 millóns de Euros, fronte aos 60 millóns que destinaba o goberno do PP na loita contra o lume . Con todo, a política aplicada nesta materia como en moitas outras, non varíou sustancialmente da que aplicaba a dereita. O eixe desta política segue sendo alimentar con partidas millonarias ás variadas empresas privadas que xurdiron na Era Fraga no sector forestal, tanto empresas de servizos, como de aluguer de maquinaria ou hidroavións e helicópteros. E é que segundo as declaracións do Conselleiro Suarez Canal, realizadas á La Voz de Galicia o 10 de agosto do ano pasado, a política de extinción de incendios da Xunta do PP foi "razonablemente satisfactoria" . Polo tanto, está claro que con está filosofía ao goberno PSOE-BNG resúltalle absurdo fortalecer un servizo público de calidade, ofrecendo máis traballo e en condicións dignas e estables a todo o persoal de extinción de incendios. De feito, os traballadores das brigadas forestais da Xunta, durante o mes de xullo saíron á rúa para denunciar as súas condicións laborais. Nas súas protestas queixábanse da precariedade á que están sometidos, con contratos temporais de tres meses, sen máis formación sobre as súas funcións que un manual de lectura, con xornadas laborais de 12 e 14 horas, sen protección para a cara e roupa adecuada, etc.

Por outra banda os anuncios do BNG de destinar máis esforzos á prevención dos incendios, en tarefas de limpeza e control do monte quedáronse en tímidos avances. Os convenios asinados para tarefas de desbroce forestal afectan a 14.000 hectáreas (coa anterior Xunta eran 9.000 hectáreas)dunha superficie de risco total de 391.549 hectareas. Así mesmo, segundo denuncian algúns expertos mediambientais, o número de axentes forestais que coiden e vixíen os espazos naturais é moi reducido e apenas se incrementaron. Polo tanto, aínda que é verdade que os medios son un pouco mellores que nos anos anteriores, a política da Xunta, en esencia, segue sendo similar á dos anos nos que Fraga gobernaba.

INCENDIOS PROVOCADOS

Que o lume en Galiza está sendo provocado só o dubida o PP, que segundo declaracións a Tele-Salnés do seu Secretario de Organización en Pontevedra , Juan José Durán, non hai probas de que isto sexa así, e carga toda a culpa sobre o PSOE e o BNG. Con todo a intencionalidade do lume en Galiza xa non a dúbida ninguén, mesmo un xornal local afín ao PP como é El Correo Gallego, afirmaba estes días que "a inmensa maioría de incendios céntranse na franxa costeira máis desenvolvida de Galicia, a comprendida entre Carnota e Gondomar, e abarca as zonas colindantes no interior das provincias da Coruña e Pontevedra. Son as máis ricas e poboadas, nas que cada verán se aglomeran deceas de milleiros de turistas. Resulta cando menos sorprendente esta selección cualitativa do espazo destruído". E efectivamente, calquera persoa que coñeza mínimamente Galiza e vexa o mapa dos principais focos de incendios, sabe que non están ardendo as provincias máis boscosas, senón os montes costeiros máis próximos a cidades atlánticas como Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa ou Santiago de Compostela, e ademais en espazos próximos a vías de comunicación como a A-9.


A HIPOCRESÍA DO PP

O PP está actuando en todo este conflito cun cinismo que roza todos os límites do absurdo. Acusan á Xunta e a Zapatero de falta de medios, porem xa se lles esqueceu a súa xestión á fronte do desastre do Prestige, onde os medios brillaban, pero pola súa ausencia. Ademais están utilizando este problema cunha actitude absolutamente carroñeira, criticando á Xunta porque nas bases de contratación de persoal anti-incendios sexa necesario coñecer o galego, cando o decreto do ano 2003 para a contratación de persoal, dictado polo PP, xa fixaba este criterio. O PP di demagóxicamente que para apagar lumes non é necesario saber galego, en cambio, considera indiscutible que os funcionarios dos servizos contra incendios ou de limpeza de edificios teñan que saber a constitución española nas ofertas de emprego público. Así mesmo é bochornosa a súa actitude, sobre todo cando trinta alcaldes do PP se negaron a asinar convenios coa Xunta para a creación de brigadas contra o lume, xa que estes convenios introducían por primeira vez unha xestión centralizada desde Santiago dos servizos dispoñibles e un control da contratación, que lles deixaba menos marxe de manobra, para para empregar á súa xente.

INTERESES ESCUROS

Obviamente detrás de tantos incendios, en zonas tan concretas da Galiza máis urbanizada, con boa parte dos lumes iniciados pola noite e en horarios similares, fan pensar que detrás de todo isto hai gato pechado. Algúns ecoloxistas sinalan intereses urbanísticos que buscan trocar a situación legal que impide construír en parcelas forestais. Isto podería ser así, aínda que actualmente a lei prohibe construír nos lugares queimados por un periodo longo de tempo, no entanto é fácil que non se cumpra dada a carencia de axentes forestais que vixíen estas zonas. Aínda así hai que ter en conta que coa política urbanística levada a cabo en diversos concellos, moitos constructores e promotores non necesitan queimar o monte, para conquerir sen esforzo que os seus alcaldes recalifiquen o chan a favor dos seus intereses. Os intereses da industria papeleira, tamén se apuntaron en varias ocasións como posible cómplice da situación, buscando abaratar a madeira polos efectos do lume na mesma. Sinembargo nestes momentos o prezo do eucalipto, ao parecer, está moi baixo, dada a súa abundancia, e aínda que non sería desbotable que pretendesen tirar polo chan o prezo da madeira, parece que podería haber outras causas máis escuras, nas que na miña opinión non sería descartable, tal como insinuou a Ministra de Ambente, que algún persoal que traballou para o PP en anteriores campañas contra o lume ( o actual goberno renovou dos seus postos a máis dunha ducia de xefes de distrito, xefes xerais e provinciais nos servizos de extinción) que coñecen os montes e as zonas máis volátiles teñan algo que ver con esta historia, ata algúns veciños chegaron a pensar, algo que tamén a nosoutros nos pasa pola cabeza, que o PP na súa campaña de acoso aos gobernos da Xunta e do Estado pode ter algo que ver con todo isto.

O CAPITALISMO NON É ECOLÓXICO

Hai un feito, que sen ningunha dúbida facilitou a propagación dos incendios, este feito é a difusión masiva por toda Galiza de especies arboreas non autóctonas, tales como o eucalipto. Esta política comezada no franquismo co fin de favorecer os intereses dunha minoría de empresarios papeleiros, converteu os nosos espazos forestais nun polvorín, e absorveu boa parte do auga que percorría os nosos bosques primitivos. Hai que ter en conta que o eucalipto é unha árbore fácilmente inflamable, que bebe moita auga e medra moi rápido, o que contribúe á desertización do terreo. Con todo, neste desastre, hai unha cousa que unha vez máis quedou en evidencia: a organización do espazo natural e humano sobre bases capitalistas, leva a un saqueo sistemático da natureza e as persoas e fai ao capitalismo algo claramente incompatible co planeta. Para evitar isto, e afrontar o problema ecolóxico que estamos vivindo estes días en Galiza é necesario reivindicar:

- Servizo público de loita contra os incendios digno, con medios e persoal suficiente. ¡Basta de subcontratacións e precariedade laboral!.
- Anulación dos plans urbanísticos que propoñen multiplicar varias veces a edificabilidade en chan rural.
- Plan de recuperación e repoboación dos montes con especies autóctonas, que respecten o equilibrio ecolóxico.
- Aumento do persoal de vixiancia e coidado dos espazos forestais.
- Nacionalización inmediata e reconversión ecolóxica das industrias papeleiras, mantendo e incrementando os postos de traballo a través dunha maior recolleita e selección de papel reciclable. Nacionalización das grandes industrias inmobiliarias e das hidroeléctricas que esquilman a nosa paisaxe.
- Caixa dos correios:: xpuime@hotmail.com
WWW:: http://www.elmilitante.org