Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Carta aberta aos responsables da Radio e Televisión de Galicia
vía chuza , 10.08.2006, (Id: 8084)
Comunicado de Mabel Rivera e mais Enrique Banet
Os dous asinantes deste escrito, profesionais ben coñecidos en amplos sectores da sociedade galega debido, entre outros motivos, ás nosas continuadas aparicións na T.V.G., participamos o pasado martes día 8 na rolda de prensa convocada por un grupo de compañeiros, á súa vez sobradamente coñecidos, do teatro e do audiovisual de Galicia.

Do acto, recollido por diversos medios, informouse posteriormente nos sucesivos telexornais do día. Se ben é certo que ningún de nós os dous estabamos no estrado, senón sentados entre o público, non é menos verdade que gran parte do tempo a atención de TODOS os presentes (os propios compañeiros da mesa, o público e os medios alí desprazados, especialmente as cámaras da T.V.G., que mudaron de posición para recoller de fronte toda a nosa intervención, que foi certamente longa) se concentrou no debate que nós suscitamos.

Pois ben, se nos atemos á información aparecida reiteradamente nos informativos da canle pública, calquera podería pensar que simplemente pasabamos por alí. E nada máis lonxe da realidade: ningún de nós os dous estivemos xamais de paso neste País, que é o noso, nin no público nin no privado. Ben ao contrario, levamos moitos anos mantendo abertamente un claro posicionamento e un compromiso activo coa realidade social, cultural e MEDIOAMBIENTAL de Galicia. De xeito que, sen ánimo de reclamar ningún tipo de protagonismo persoal, nin moito menos de llelo restar aos compañeiros convocantes do acto, queremos denunciar un tratamento informativo que consideramos que desvirtuou por completo o carácter desa comparecencia. Non estamos en condicións de afirmar que o fixesen de maneira intencionada, pero para nós supuxo unha evidencia máis de que na nova televisión pública hai discursos que segue interesando silenciar, e isto si que non nos parece casual.

Tiveron Vdes. a oportunidade de recuperar un dos mellores espacios de servicio público da historia da canle autonómica, xerme dunha auténtica EDUCACIÓN AMBIENTAL, como era o programa Senda Verde, reiteradamente censurado, limitado de medios e finalmente retirado da programación e o seu director improcedentemente despedido en clara represalia por sumarse a unha campaña cidadá na que moitos nos unimos para esixir un cambio para Galicia. Cando Vdes. tomaron o relevo, en vez de recuperar e dotar dos medios que cabe esperar dunha canle pública para un espazo medioambiental xa consolidado e co forte calado social acadado polo programa ao que nos referimos, limitáronse a deixalo morrer de maneira tan torpe coma irresponsable. Non se confundan: non estamos reclamando un programita na tele, non buscamos colocarnos. Todo o contrario, protestamos aínda máis contundentemente polo feito de que nin sequera se molestaron Vdes. en substituír de inmediato ese necesario espacio por algún outro, a ser posible (será posible?) de rigor e características similares. Ou por sete, ou por vinte: desgraciadamente (ou deberiamos dicir desgraZAdamente?) os problemas da nosa sociedade, e aínda máis da rural, dan para iso e para moito máis, e proba dilo é a demente situación que estamos a vivir nestes días e que nos ven dando a razón do xeito máis cruel que ninguén puidera nunca imaxinar.

Unha imperdoable coincidencia de criterio que os iguala a Vdes. de maneira vergoñenta cos seus antecesores nos cargos directivos da canle autonómica. Por certo que, en canto a criterios de programación, o seguidismo do que veñen Vdes. facendo gala con respecto ao réxime anterior non acaba aí, senón que continúan Vdes. fiando a tremenda responsabilidade que comporta a xestión dunha televisión pública nos mesmos tres tristes piares fundamentais: as reposicións, a carallada e a verbena.

Por certo que a campaña cidadá por unha Galicia mellor, e moi significadamente por unha nova televisión pública, plural e de calidade, chamábase HAI QUE BOTALOS, lembran?, e nela tivemos a honra de compartir trincheira con algúns dos que agora ocupan os cargos directivos da nova televisión.

Recordámoslles, por se tamén o esqueceron, o título da curtametraxe que nós aportamos a esa campaña: Incendios.
Pola nosa parte, nin mudamos de compromiso nin pensamos renunciar ao dereito de manifestalo de maneira libre, crítica, responsable, independente e perante quen sexa preciso. Polo que a Vdes. respecta, non teñen nin dereito nin autoridade moral para silenciarnos.

Para calquera cousa que se lles ofreza, contan Vdes. co noso boto.

Atentamente,

Enrique Banet (realizador de TV) Mabel Rivera (actriz)

fulxencio, 10.08.2006 (Id: 5808)

É unha magoa que xente comprometida co País fale desta forma tan pouco elegante cos que son os salvadores da nosa Patria. Coido que están a falar dende ....o coñecemento empírico.
Os novos gobernantes non só fan iso na Telegaita senón tamén no resto dos entes e órganos da Administración Pública que controlan.
É mareante e vomitivo ver como se dedican a dicir, coa boca grande, que manteñen nos seus postos a moitos antigos altos xerarcas da época anterior, e porén se esquecen dos que os axudaron a estar onde están. Hoxe pola tarde, unha miña irmán, traballadora da consellería X e durante moitos anos afiliada á CIG e compoñente dalgunha lista electoral do BNG no concello no que reside, dicíame que era inconcebible como ata en postos de mando se está a poñer, dentro desa consellería a xente...do OPUS DEI, e non precisamente polos seus saberes, senón polas súas actitudes.
Coñezo casos de xente, manifestamente nacionalista de sempre, de moito antes que a meirande parte dese conglomerado ridículo en que se converteu o BNJ, que son vilipendiados, maltratados de palabra e de obra e esquecidos cando se trata de pedir opinión a xente que a ten, pero autorizada, non lambona e boba.
Podería aportar unha morea de casos, en concellos ou na Xunta, e todos son copiados os uns polos outros. Son unha merda e o mellor que lle podería pasar a este País é que se vaian ao carallo axiña, por que por moito que se pensen que van pasear ás súas queridas en coche oficial durante moito tempo, están fodidos e non lles arrendo as ganancias.