Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Verdegaia chama á Xunta a non desvirtuar o voluntariado
verdegaia , 12.08.2006, (Id: 8151)
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade puxo en marcha o pasado día 9 o servizo “Voluntari@s contra o Lume”. A asociación ecoloxista galega Verdegaia demanda da Xunta de Galiza o non desvirtuamento do voluntariado e esíxelle coerencia na demanda de apoio e colaboración por parte da cidadanía.
O pasado 9 de Agosto a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade puxo en marcha o programa “Voluntari@s contra o Lume”, que anima á cidadanía a participar en actividades voluntarias en tres campos: vixianza de incendios forestais (alerta en zonas aínda non afectadas), apoio á extinción de lumes (en labores de intendencia) e recuperación de superficies queimadas (repoboacións). A asociación ecoloxista Verdegaia entende que este é un modo intelixente de canalizar a ansiedade e impotencia cidadá perante a actual vaga de incendios, e valora como lóxico e positivo que a Xunta de Galiza sexa quen coordene este voluntariado de urxencia en apoio á luita contra os lumes forestais.


Voluntariado crítico e transformador

A excepción provocada pola emerxencia non se debe transformar en norma, e por este motivo Verdegaia demanda da Xunta de Galiza que non desvirtúe o voluntariado. Verdegaia acredita no voluntariado como fenómeno surxido da cidadanía e xerido polas organizacións desta, con ánimo crítico e transformador. Os gobernos poden apoiar de diversos modos as iniciativas de voluntariado, mais este desvirtúase cando pasa a ser xerido directamente polas administracións públicas e/ou para apoio acrítico ao labor destas, mesmo aforrándolles diñeiro e ocupando o que deberían ser postos de traballo.

Na opinión de Verdegaia, os labores de recuperación de superficies queimadas, ao igual que os de xestión forestal para a prevención de incendios, deben ser realizados por profisionais contratad@s e propietari@s de montes, se ben tamén cabe neste ámbito o desenvolvimento de programas de voluntariado ambiental forestal. Xa que logo, Verdegaia entende que non é desexábel un grande programa de voluntariado para a recuperación de montes queimados –ou labores de prevención como as rozas– organizado pola Administración Pública, pero si cré necesario que esta dea apoio a iniciativas cidadás de voluntariado forestal, programas de educación ambiental através dos cais recuperar e coidar lugares concretos, ademais de formar e sensibilizar para coñecer, aprezar e defender os montes. De feito, Verdegaia ten programadas actividades deste tipo no seu Plano de Traballo, aprobado na Asemblea Constituínte de 2 de Abril de 2006.


Coerencia na demanda de participación cidadá

Verdegaia esixe á Xunta coerencia nas súas demandas de apoio e participación por parte da cidadanía. Non é de recibo que o goberno galego se lembre agora da cidadanía e non o fixese, incumprindo as súas promesas, para deseñar a política forestal. Sería, polo demais, intolerábel que a Xunta, despois de organizar voluntari@s contra os lumes, mantivese a mesma xestión forestal insustentábel e continuísta que ano tras ano coloca a Galiza á cabeza de Europa en hectáreas de monte incendiadas.


Nestes momentos Verdegaia está a organizar grupos de voluntari@s para a vixianza dos montes a pé e en bicicleta en Ourense (através do Comité de Defensa do Monte Galego), Vigo, Ferrol e Compostela, co fin de disuadir a quen queiman o monte e detectar incendios de modo temperán.