Os grandes beneficiarios dos lumes
CNT-Luco
,
18.08.2006, (Id: 8247)
Soben fumo e chamaradas até case tocar o ceo.
E aquí,
entre cinza e árbores calcinados,
o campo xeme doente
por como o trata o home anque come do seu pan.
O 4 de agosto, inician-se na Galiza unha série de incéndios que asolan, sobre todo, as zonas limítrofes ao Atlántico; Pontevedra e Coruña, por tanto, son as principais vítimas do desastre.
A CNT de Lugo estaba facendo un estudo sobre as consecuéncias do desastre do Prestige, petroleiro afundido o 13.11.2002 e sorprendia-se de que, pese aos malos augúrios para a economia das zoas que foran afectadas polo verquido, éstas eran cada vez máis visitadas polo turismo; tanto, que múltiples constructoras, ante o barato do suoo e a permisividade da Ley do Solo, invadiron a costa galega e fixeron plans para construir 600.000 novas vivendas en 10 anos. Entre estas constructoras figuran Metrovasa, Lábaro, ACS, Fadesa, Urbis, Vallehermoso...; e constituiron-se outras ao cheiro do diñeiro fácil.
Por outro lado, fai xa moito que sabemos que os narcotraficantes "lavan" o seu diñeiro na construcción principalmente. E tamén sentiron-se atraidos por este maná: "lavado"... e fortes benefícios dado que ainda ia comezar a especulación forte.
Tendo en conta o expresado, ¿non é acaso factíbel que para evitar demoras na recalificación de terreos, licéncias de obras, etc., demoras causadas por recursos de propietários que se sentisen prexudicados ou por grupos ecoloxistas... e que podian dar tempo à aparición de leis en verdade protectoras da terra, determinados constructores ou os narcotraficantes, ou ambos, ordearan ou financiasen a queima?
A fin de calar a aqueles que se escandalicen, hipocritamente en moitos casos, con esta pregunta, queremos reflectir os seguintes pontos, intimamente relacionados cos incéndios:
1º) Usaron-se métodos incendiários non ao alcance de todos.
2º) Non foron incéndios a salto de mata: concentraron-se, na sua maioria, en terreos próprios para a especulación do formigón e o tixolo.
3º) Actualmente, en caso de incéndio, a lei só retrasa, 30 anos, a recalificación das zonas boscosas, e deixa as outras en completa indefensión.
4º) Os grandes beneficiarios dó lume son os constructores e os narcotraficantes, éstes como inversores.