CONTRA OS LUMES E OS SEUS BENEFICIARIOS
ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)
,
18.08.2006, (Id: 8248)
CONTRA OS LUMES E OS SEUS BENEFICIARIOS, RACHAR CO COLONIALISMO
Desde ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) queremos manifestar a nosa dor e condena ante os ataques de terrorismo medioambiental contra a nación e o pobo galegos.
Sendo, unha vez máis, o pobo galego autoorganizado, ante o baleiro das institucións autonómicas e estatais, a principal ferramenta para a defensa da nosa nación.
Para ADIANTE esta cadea de incendios forestais non é casual nin accidental, senón que buscaba facer o maior dano posíbel, estando ligada a diversos intereses partidistas, urbanísticos e especuladores, así como a intereses madeireiros e de empresas eléctricas... E ten a súa orixe na crise estrutural do noso rural que comeza coa imposición por parte do Estado Imperialista Español na súa etapa franquista dunha política forestal baseada no roubo dos montes en man común para a súa transformación en extensas áreas de piñeiros e eucaliptos (para beneficio das empresas de enclave tipicamente coloniais).
A continuación desta crise é o progresivo desmantelamento do noso tecido agro-gandeiro coa conseguinte fuxida da poboación rural cara as cidades sen ningunha orde nin planificación, e ficando os nosos montes e aldeas abandonados á súa sorte, sendo a poboación rural a que mantiña vivos, coidados e limpos os nosos montes, debido ao seu aproveitamento.
Ante esta situación, nestes máis de 25 anos de autonomía, nunca existíu un goberno autonómico (nin estatal) que elaborara un verdadeiro proxecto do monte galego, do seu aproveitamento, coidado, protección e prevención contra o lume.
Desde ADIANTE exiximos ás institucións responsábeis a implementación de políticas estruturais (unha vez rematada a situación de emerxencia) destinadas a rematar co abandono do medio rural e coa súa desestruturación, estabelecendo planos de actuación destinados a potenciar o noso sector agro-gandeiro e forestal a través dunha Reforma Agraria baseada nos intereses nacionais e dos sectores populares.
Alén diso, é importante a implementación de politicas de prevención, subsidiarias das anteriores, como a limpeza de montes e a recuperación e replantación de especies forestais autóctonas.
Desde ADIANTE tamén queremos manifestar o noso apoio á manifestación nacional convocada pola plataforma Nunca Máis o vindeiro domingo 20 de agosto contra o terrorismo forestal e por un cambio nas políticas para o noso monte.
ESTAMOS FART@S DE SER UNHA COLONIA!
UN,
18.08.2006 (Id: 6055)
"O noso monte" ten 400.000 propietarios minifundistas e 2600 comunidades veciñais mal xestionadas, que cobran rendas negras das despensas e moitos votan o pp.
Ese é o champú.
@,
18.08.2006 (Id: 6058)
Non che falta razón UN, pero non se deben confundir causas con consecuencias. Non cres?
un,
18.08.2006 (Id: 6065)
Eu non creo en nada que veña por arriba, compañeiro, pero de consecuencias estamos a reventar.
@,
24.08.2006 (Id: 6227)
...se non te importa.
Eu tampouco creo no que veña de abaixo.
borxita,
31.08.2006 (Id: 6300)
Crer é de burros...
O monte estase a oxidar e nos discutimos por internet, polas rúas, polas casas e polas institucións, como se eles tiveran algún tipo de dereito a prohibir ou legalizar. Fai moitos anos eles quixeron o poder e non dubidaron en alcanzalo por medio de merda. Hoxe por hoxe non fai faia matar... chegaría con darnos a identidade de poder. Cada un de nos somos igual de poderosos en potencia que eles, e seguimos a deixarnos dar polo cú.
Non é o camiño. Os cambios non se piden, fanse. E precisamos reencontrarnos coas nosas raices naturais para que se poñan de punta os pelos.
Dame vergoña non saber falar galego.