A trama incendiária entre as causas do lume criminal
Bloque Nacionalista Galego
,
18.08.2006, (Id: 8262)
Dende o Bloque Nacionalista Galego sinalamos dúas causas principais que explican POR QUÉ ARDE GALIZA. Ademais do abandono das terras forestais e agrarias, este ano engádese unha trama incendiária caracterizada por un novo "modus operandi" según os expertos.
Tramas organizadas puxeron lume á Galiza
O día 4 de agosto comezou o inferno particular dos galegos. O monte ardía nas provincias da Coruña e Pontevedra e o intenso labor das cuadrillas da Consellaría do Medio Rural resultaba infructuoso porque, non ben se sufocaba un foco, cinco novos aparecían ao outro lado do concello. Os galegos e galegas aseguran que nunca viviron nada semellante e todos se perguntan as causas polas que moitos están a perder o seu
medio de vida e os galegos e galegas estamos a ver hipotecado o noso futuro.
Por que arde Galiza?
Dende o BNG ao Día queremos convidar ás mulleres e aos homes do noso país a reflexionar sobre todos os elementos
que teñen a ver con este "terrorismo medioambiental".
1.- O principal problema dos nosos montes é o abandono que veñen sufrindo as terras forestais e agrarias dende hai máis de quince anos. Centos de miles de hectáreas que se deixaron "a monte" e que fan que as casas e os núcleos de poboación estean hoxe en día practicamente a carón das masas de árbores. Deste xeito, os incendiarios atopan un "caldo de cultivo" moi favorábel nas fragas e as leiras que rodean as vilas.
2.- Os expertos coinciden en subliñar que os feitos deste verán marcan un antes e un despois no "modus operandi" dos incendios forestais. Os pirómanos están por vez primeira organizados en tramas que semellan compartir un denominador común: buscan causar o maior dano posíbel, provocar a alarma
social, o caos e a desestabilización da sociedade.
Por outra banda, este novo xeito de actuar leva aos incendiarios a atentar en zonas habitadas e xunto ás principais vías de comunicación. Fálase de múltiples motivos que poden agacharse tras as tramas incendiarias: vinganzas, intereses especulativos e urbanísticos, manter ocupadas ás forzas da orde para realizar actividades delictivas, etc
O certo é que xa ninguén -excepto o Partido Popular nun patético esforzo por defenderse perante as incontestábeis críticas á súa "non xestión" do monte nos últimos 16 anos- pon en dúbida xa a existencia de grupos organizados após ter atopado nas zonas que foron pasto do lume diversos artiluxios destinados a prender o lume e o caos en Galiza.
3.- Outra das perguntas que se fai a xente é por que o potente dispositivo posto en marcha non dá feito. O certo é que existen varios elementos que xogan na súa contra. O primeiro deles é a situación meteorolóxica que está a
vivir Galiza cunhas altísimas temperaturas inusuais no noso país, un moi baixo grao de humidade e fortes ventos do nordés que espallan as faíscas.
Solucións: Medio Rural sementa unha política da que agromará unha nova Galiza
Alfredo Suárez Canal lidera dende hai un ano o traballo de moitos e moitas nacionalistas que queren que o rural galego teña un bon futuro. O conxunto de medidas deste departamento teñen carácter estrutural, polo que cómpre lembrar que os seus resultados non empezarán a facerse evidentes no curto prazo. De feito, detrás do terrorismo do lume hai tamén intereses ocultos e unha tentativa de impedir o cambio na política impulsado polo nacionalismo. Estes son os eixos da política rural do BNG no goberno da Xunta:
Un cambio de mentalidade A Consellaría puxo en marcha un
conxunto de medidas normativas e lexislativas vencelladas a un cambio de mentalidade que debe producirse na sociedade galega, isto é, ser propietario dun monte ou dunha veiga implica obrigas no seu mantemento por razóns que son de interese xeral. Os galegos e galegas deben asumir que, do mesmo xeito que os propietarios de inmobles en ruinas teñen a responsabilidade de rehabilitalos e evitar danos a terceiros, eles deben evitar os perxuízos que ocasiona un terreo abandonado. Neste sentido son fundamentais as normas
aprobadas recentemente sobre a limpeza en franxas de vintecinco metros nos perímetros dos núcleos urbanos.
unha xestión forestal máis eficaz Tamén no eido da xestión forestal e a silvicultura ten desenvolvido varias iniciativas o departamento de Suárez Canal. Trátase de axudas á limpeza, subvencións para as repoboacións con
frondosas, control e eliminación do omnipresente eucalipto e outras especies nas zonas de risco e aproveitamento da
biomasa, entre outras.
Apagar os lumes no inverno
O obxectivo que persegue o nacionalismo con estas medidas é rematar cos principais problemas do rural como a indiferenza social e a impunidade dos responsábeis do lume, reducir o combustíbel dos montes e crear unha protección eficaz arredor dos núcleos poboacionais. Coa política do BNG os
lumes apáganse no inverno.
Medidas como a incorporación de mozos á actividade agrogandeira e forestal, financiamento especial para proxectos de nova utilización de superficies agrarias e forestais en terras de cultivo; lei de mobilidade de terras... están en preparación ou xa en marcha.
gz,
18.08.2006 (Id: 6077)
Francisco Rodríguez dixo no Congreso que Galiza é un polvorín polo abandono do medio rural, e que os incendios foron claramente intencionados por xente preparada técnicamente
un,
18.08.2006 (Id: 6086)
Pero eso resolvese co novo estatuto de nación, poron pon pon, e ca axuda de galeuzca no próximo ano si dios quere.E si hai que perder outros 50.000 votos, pérdense.
Camándulas!
Um,
01.02.2007 (Id: 7100)
Dende cando merda de partidos políticos pode aparecer no indymedia??!!
No resto do mundo nom é assím
GALIZA IS DIFERENT cagondios!