preSOS Galiza,
08.12.2006 (Id: 6846)
Envíamos cartaz informativo para difundir a campaña, así que os impresos a cubrir por colectivos e persoas para unirse e apoiar a campaña
preSOS Galiza,
08.12.2006 (Id: 6847)
preSOS Galiza,
11.01.2007 (Id: 7024)
O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALIZA CONDENA Á XUNTA DE GALIZA AO PAGO ÍNTEGRO DAS PRESTACIÓNS NON CONTRIBUTIVAS (PNC) ÁS PERSOAS PRESAS MINUSVÁLIDAS
O Alto Tribunal confirma a sentenza de primeira instancia do Xulgado do Social nº 1 de Compostela, determinando «que o mero feito de que unha persoa se atope ingresada en prisión non supón, en modo ningún, que deixara de concorrer nela o requisito de carecer de rendas previsto no art. 144 da LXSS, aínda que se lle subministre aloxamento e comida no centro penitenciario».
Deste xeito, a Xunta de Galiza aplica a tod@s @s pres@s unha circular interna do IMSERSO considerada "ilegal", pola cal se lles desconta ás persoas presas minusválidas os gastos de manutención, vulnerando con iso os dereitos fundamentais á Seguridade Social do art. 25.2 da CE.
ANTECEDENTES
Dende o ano 1993 ata 2001 o IMSERSO, en colaboración coas Comunidades Autónomas, acordou que as persoas presas minusválidas non tiñan dereito a cobrar a Pensión Non Contributiva (PNC), ao considerar que as súas necesidades básicas se atopaban cubertas polo establecemento penitenciario. Esta decisión non foi publicada en boletín oficial algún, nin comunicada ás persoas afectadas.
Tras unha mal interpretada sentenza do Tribunal Supremo, de decembro de 2000, o IMSERSO modificou este criterio, pasando a descontar ás persoas presas minusválidas os gastos de manutención dos xa insuficientes 301,55 € mensuais de pensión. Isto significa que a Administración Autonómica, co consentimento do IMSERSO, retén unha parte da retribución que as persoas presas minusválidas reciben en concepto de Pensión Non Contributiva. Perdéronse prestacións e con iso a xa exigua capacidade adquisitiva d@s penad@s.
O colectivo preS.O.S. e o Comité Antisida de Lugo iniciaron unha campaña estatal de defensa dos dereitos sociais das persoas presas, solicitando, como parte integrante da Coordinadora Estatal de Solidariedade coas Persoas Presas (CESPP) e da Mesa de Traballo SidaGaliza, a apertura dunha mesa de negociación tanto a nivel galego como estatal.
Para isto remitíronse sendos escritos tanto á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza coma ao Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, co fin de que esta inxustiza sexa tamén reparada no resto do Estado español.
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Teléfonos de contacto:
665 787 430-Asociación PreSOS-Galiza (Fran)
652 868 944-Comité Ciudadano Antisida de Lugo (Marisa)
Página web:
http://presosgaliza.cespp.org