Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Deriva/Roteiro pola Vivenda e contra a Especulaçom . Monte Alto, Corunha
Invisível , 19.03.2007, (Id: 10240)
será a partir das 19:30 de este sábado, para coordenar-se com a manifestaçom previa de María Pita


Deriva/Roteiro pola Vivenda e contra a Especulaçom

(Monte Alto, A Corunha)

Este sábado, 24 de março, às 19:30h., com saída no Campo da lenha.

A diferença doutras cidades e vilas galegas, A Corunha tem um plano de ordenaçom urbana desde hai 22 anos, Apesar disso, ou, seguramente, graças a isso, a situaçom de precariedade da vivenda na nossa cidade, e mesmo na sua área metropolitana, nom tem parangom nas demais urbes do seu eido geográfico.
O preço de compra de vivenda no lugar mais barato da área metropolitana da Corunha é de 2000E/m2. No centro da cidade o preço chega a 6000E/m2.1 Isto coloca à Corunha por acima dos preços das urbes de territórios como Aragom, Múrcia, Astúries, Canárias ou mesmo País Valenciá, onde as rendas som claramente superiores. Mesmo numha etapa em que por primeira vez em dous lustros começa a se ralentizar o preço da vivenda, A Corunha foi no 2006 a segunda cidade do estado na que mais medrou este preço -um 15%-, quase cinco vezes mais do que subirom as rendas.

As causas som conhecidas: umha miragre económica perigosamente substentada no negócio do tijolo; um preço do chao desorbitado, conseqüência directa de exerciços netamente especulativos; umha canalizaçom de aforro privado face ao mercado imobiliário (quem nom pensa solucionar o mercado da vivenda mercando-lhe um pisso à filh@?), umha falha de políticas de fomento do aluguer; a admissom de enriquecimentos obscenos -à margem do fenómeno Inditex, o galego mais rico está vinculado ao mercado imobiliário, da mesma maneira que estám 13 das 20 pessoas mais ricas do estado-; a massiva presença de pissos baleiros -entre 17.000 e 25.000 só na cidade d'A Corunha, mais do 25% das que existem numha província tam rural como a nossa-.

As conseqüências nom som menos manifestas. À margem da sujeiçom disciplinária que supom o endividamento-de-por-vida, 14.300 jovens corunhes*s abandonarom a cidade em 2005, boa parte del*s para estabelecer-se na área metropolitana. O momento mais espressivo dessas conseqüências deu-se em outono passado, quando, numha cidade conhecida pola escassísima presença de vivendas protegidas, 11.400 pessoas apresentarom-se ao sorteio dos 178 pissos da outrora Fábrica de Tabacos.

E isto nom é mais que umha perspectiva do zoom dos problemas do modelo urbano da nossa cidade. Os 22 anos do plano geral nom servirom, em absoluto, para umha ordenaçom substentável e humana do esquema urbano d'A Corunha. A carência de zonas verdes praticamente tem avançado nestes lustros, a declaraçom de ruína é o futuro mais comum das escassas vivendas singulares-protegidas da cidade e a expansom em forma de área metropolitana nom gerou nengum modelo de transporte público digno de tal nome, cos efeitos de contaminaçom e barulho bem conhecidos.

Quem queira conhecer a sem-raçom desse modelo urbano só tem de dar umha volta por Monte Alto. Um dos últimos espaços minimamente comunitários da cidade vive todas as doenças dum modelo perverso. A infravivenda e a carência de dotaçons convivem cumha formidável operaçom especulativa, que fai medrar de maneira iimparável os preços, e orienta-se a umha substituiçom das espécies sociais que habitam o bairro. A proliferaçom de imobiliárias, a diseminaçom de gruas e o barulho das excavaçons som os primeiros síntomas desta mutaçom biológica. Quem queira saber o que é a especulaçom na Corunha só tem que vir polo bairro. Monte Alto é hoje o verdadeiro laboratório da especulaçom e da ausência do direito a vivenda na cidade d'A Corunha.

Por isso convidamos-te a umha deriva/roteiro polo bairro e contra a especulaçom. Este sábado, 24 de março, às 19:30h., com saída no Campo da lenha.

Invisíveis. Acçom urbana

--------------------

Fontes dos dados: Instituto Nacional de Estadística, Instituto galego de Estatística, Lista Forbes de pessoas mais ricas do mundo, declaraçons em plenos do Concelho d'A Corunha



Assembleia das INVISIVEIS pola Vivenda
puf

lingua, 20.03.2007 (Id: 7313)

E para quando deixar essa linguagem pseudoautónoma que agora mesmo só vós usades?





multilingua, 20.03.2007 (Id: 7322)

**************************************************************************

Deriva/Roteiro pola Vivenda e contra a Especulación
(Monte Alto, A Coruña)


A diferéncia doutras cidades e vilas galegas, A Coruña ten un plano ordenación urbana desde hai 22 anos. A pesar diso, ou, seguramente, grazas a iso, a situación da precariedade da vivenda na nosa cidade, e mesmo na sua área metropolitana, non ten parangón nas demáis urbes do seu eido xeográfico.
O prezo de compra da vivenda no lugar máis barato da área metropolitana da Coruña é 2000€/m2[1]. No centro da cidade, en cámbio, chega a 6000€/m2. Isto coloca a A Coruña por riba dos prezos das urbes de territórios como Aragón, Múrcia, Astúries, Canárias ou mesmo o Pais Valenciá, onde as rendas son claramente superiores. Mesmo nunha etapa na que por vez primeira en dous lustros comeza a ralentizar-se o prezo da vivenda, A Coruña foi no 2006 a segunda cidade do estado na que máis creceu ese prezo -un 15%-, case cinco veces máis do que o fixeron as rendas.
As causas son coñecidas: unha miragre económica perigosamente sustentada sobre o negócio do tixolo; un prezo do chan desorbitado, consecuéncia directa de exercícios netamente especulativos; unha canalización do aforro privado cara ao mercado inmobiliário (quen non pensa solucionar o problema da vivenda mercándo-lle un piso * fill*?); unha falla de políticas de fomento do aluguer; a admisión de enrriquecimentos obscenos -ao marxe do fenómeno Inditex, o galego máis rico está vencellado ao mercado inmobiliário, do mesmo xeito que o están 13 das 20 persoas máis ricas do estado-; a masiva presenza de pisos baleiros -entre 17.000 e 25.000 só na cidade da Coruña, máis do 25% das que existen nunha província tan rural como a nosa-.
As consecuéncias non son menos manifestas. Ao marxe da suxeción disciplinária que supón o endebedamento-de-por-vida, 14.300 xoves coruñes*s abandonaron a cidade en 2005, boa parte del*s para establecer-se na área metropolitana. O momento máis expresivo desas consecuéncias deu-se en outono pasado, cando, nunha cidade coñecida pola escasísima preséncia de vivendas protexidas, 11.400 persoas se apresentaron ao sorteo dos 178 pisos da outrora Fábrica de Tabacos.
E isto non é máis que unha perspectiva de zoom dos problemas do modelo urbano da nosa cidade. Os 22 anos do plan xeral non teñen servido, en absoluto, para unha ordenación sostible e humana do esquema urbano da Coruña. A caréncia de zonas verdes apenas ten avanzado nestes lustros, a declaración de ruína é o futuro máis común das escasas vivendas singulares-protexidas da cidade e a expansión en forma de área metropolitana non ten xerado ningún modelo de transporte público digno de tal nome, cos efectos de contaminación e barullo ben coñecidos.
Quen quera coñecer a senrazón dese modelo urbano só ten que dar unha volta por Monte Alto. Un dos últimos espazos mínimamente comunitários da cidade vive no seu ser todas as doenzas dun modelo perverso. A infravivenda e a caréncia de dotacións conviven cunha formidable operación especulativa, que fai crecer de xeito imparable os prezos, e se orienta a unha sustitución das espécies sociais que habitan o bairro. A proliferación de inmobiliárias, a diseminación de gruas e o barullo das excavacións son só os primeiros síntomas desta mutación biolóxica. Quen quera saber o que é a especulación na Coruña só ten que vir polo bairro. Monte Alto é hoxe o verdadeiro laboratório da especulación e da asuéncia do dereito a vivenda na cidade da Coruña.
Por iso, convidámos-te a unha deriva/roteiro polo bairro, pola vivenda e contra a especulación, este sábado, 24 de marzo, ás 19:30h., con saida no Campo da Leña.

Invisíbeis. Acción Urbana

[1] Fontes dos datos: Instituto Nacional de Estadística, Instituto Galego de Estatística, lista Forbes das persoas máis ricas do mundo, declaracións en plenos do Concello da Coruña.





Wu Ming 6, 20.03.2007 (Id: 7323)

Se ben leo e releo o texto e non atopo linguaxe 'pseudo-autónoma'(!?!) por ningures, a verdade é que penso que o texto é copyleft; en consecuéncia, a quen non lle preste -enténde-se: a linguaxe- o que ten que facer é traduci-lo ao seu léxico máis amado, e emprega-lo desa maneira. A pluralidade, en liña de princípio, sempre é positiva. O é que o problema non é a linguaxe, senón a pluralidade?





Nocilla, qué merendilla!!, 20.03.2007 (Id: 7324)

Sinceiramente, un texto riguroso, documentado e citando fontes.
Penso que é como se deben facer as cousas nos movementos sociais para non caer no panfletarismo.

Parabéns!!

Animo a todos os que se recoñezan nos termos da protesta (amplo abano de ideoloxías e pensamentos)que deixen de lado os prexuizos (e as "camisetas") e que se fagan invisibles contra a especulación

Vémonos, invisibles, nas rúas...!!





cagallón, 20.03.2007 (Id: 7326)

A praza de España (ou campo da Leña) non está situada no barrio de Monte Alto, por moito que vos pese.





mutante, 20.03.2007 (Id: 7327)







As fotos som de SINUNEURO:  http://sinuneuro.spaces.live.com/



+++

+++, 20.03.2007 (Id: 7330)



+++