Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
1 de maio de Precarias en Loita en Vigo
Precarias en Loita , 26.04.2007, (Id: 10692)
Chamamos a facer un bloque precario na mani da CGT e CUT que sairá ás 11h da Praza Fernando Católico.
Sacaremos en procesión á nosa patrona, para que nos axude o resto do ano nas nosas loitas.


O Neoliberalismo Precariza as Nosas Vidas, Dereitos Sociais Xa!!!

Loitemos contra a precariedade! que provoca este sistema e na que, en definitiva, se sustenta o capital. Pero temos que facelo tanto fronte ao recorte de liberdades laborais, sociais, de futuro, de movementos, de expresión, etc, como contra as múltiples agresións ao medio, froito do crecemento salvaxe, e ao gasto inasumíbel de enerxía (o que ademais destrúe a nosa forma de vida tradicional e, mesmo, postos de traballo máis sustentábeis).

Encadeamos contratos dun mes durante anos, sen ningunha seguridade. Sobrevivimos con traballos sen futuro que se suceden e non nos importan. Mantéñennos nunha situación de inseguridade permanente.
Porque tentan que interioricemos o estar agradecidas por ser explotadas? cando nós o que reivindicamos é o noso dereito a sobrevivir máis alá de ter ou non ter un salario. Mais, de telo, polo menos, en condicións dignas, para nós e para o medio ambiente. Sen que nos despidan (ou que non nos renoven) se quedamos embarazadas ou se temos unha baixa. Sen que nos acosen se reclamamos que se cumpran as leis que malamente protexen os dereitos laborais, se tentamos organizarnos, ou se simplemente traballamos como seres humanos e non como robots.

A nivel público as grandes empresas reforzan o seu poder coa ameaza de peches e deslocalizacións que este sistema baseado na globalización permite e promove sen que lles custe nada ás multinacionais. Gañan miles de millóns ao ano, dirixen a planificación de cidades e rexións (vía zonas francas), pero dun día para outro marchan a zonas necesitadas onde producen por nada e sen leis laborais que os deteñan. Mentres están aquí, pretenden que sexamos competitivas en contra dos nosos intereses, a costa de prexudicar a nosa saúde física e mental, sacrificando a nosa dignidade.

As multinacionais só producen corrupción, clientelismos antidemocráticos, pobreza e destrución na búsca de resultados económicos inmediatos.

Por iso dicimos non ao traballo a calquera prezo. Nós reivindicamos o dereito a vivir dignamente, a ter unha renda suficiente para sobrevivir, porque é o noso dereito como seres humanos nunha sociedade capitalista e na que todo estaba xa vendido e privatizado cando nós chegamos.

Vémonos cada vez máis encadeados ao salario, obrigados a facer máis horas ca nunca, a xogarnos a vida, a renunciar a todo por cartos. E, porque cada vez temos menos ao que agarrarnos, recortan máis os nosos dereitos.
As privatizacións encarecen os servizos básicos (comunicacións, enerxías, etc). Non podemos acceder a unha vivenda digna por culpa da especulación e, as grandes infraestruturas de transporte (para as empresas e os cargos executivos) reciben todos os cartos (AVE/TAV, Aeroportos, ampliación de portos, etc) mentres as persoas que o necesitamos temos que pagar prezos desorbitados por transportes nada públicos.
A sanidade segue colapsada e só atopa solucións vía seguros privados e externalizando servizos, etc.

A educación e a universidade seguen o mesmo camiño, as estudantes sairán da universidade non só directas á precariade senón xa con débedas. E o desembarco das empresas nese medio só contribúe a unha maior privatización do coñecemento creado por séculos de cultura humana, dos códigos xenéticos, etc. En definitiva, pretenden chegar a patentar as nosas vidas, e cobrarnos por existir...

Nós, queremos recuperar o noso tempo para facer actividades realmente necesarias, socialmente útiles, producir saber colectivo, coidados comunitarios, construír en xuntas a sociedade que desexamos.

Non queremos seguir tendo que marchar de Galiza por causas económicas. Reivindicamos o dereito a vivir na nosa terra ao mesmo tempo que esiximos a liberdade de movementos para todas as persoas.
Tanto para os que veñen de África morrendo a miles no intento, como para as que veñen doutros lugares e teñen que deixar as súas familias e endebedarse totalmente. Deben poder ter unha verdadeira vida aquí e ser tratados como persoas e non como unha impersoal forza de traballo.
Temos que loitar por unha integración que non se basee en que as empresas rendabilicen ás inmigrantes, senón en facer unha sociedade máis rica culturalmente e cuns lazos sociais máis fortes.

Ante esta sistema baseado na precariedade social xeralizada, as persoas precarias temos que experimentar e buscar formas de loita, resistencia, solidariedade e colaboración para tecer redes sociais que nos permitan construír unha sociedade baseada na dignidade, na liberdade e nos dereitos das persoas e dos pobos.

Precarias en Loita

oar, 27.04.2007 (Id: 7550)

..
..

nos soportais do concelho de redondela domingo 29 ás 19h




OAR, 27.04.2007 (Id: 7554)

1. A data é o domingo 29. Non o sábado 28 como anunciamos nun principio, nin o domindo 28, como aparece no cartaz.
2. O acto lévase adiante coa non colaboración do Concelho, quen negou o enchufe que se lle solicitou.





CARMUCHITA, 29.04.2007 (Id: 7563)

LUITA PREKARIA!! NOM PROLETARIA!!
NOM PERDAS O TEMPO A BATER-TE COM O NEMIGO DAS TÚAS AVOAS!!
TODAS À MANI!





-, 02.05.2007 (Id: 7615)

Explicade-lho aos 30000 operários do Metal da greve do ano passado





Wu Ming 6, 02.05.2007 (Id: 7628)

Cite outros exemplos que sirvan para a crítica a textos como do Bloque Prcário, que proben a presente hexemonia do proletariado industrial como suxeito revolucionário, e que non sexan a folga do metal do ano pasado (inutil por manido):
a)
b)
c)
d)

Prémio: poder estar á altura dun debate no que non bastan simplezas.

Ánimo. Para poder entender Inditex, o que significa en termos: a) de nova morfoloxia da explotación; b) de reformulación do modelo produtivo en clave de terciário, de just in time, e de captura das subxetividades no plano produtivo e -sobre todo- no do consumo; c) dos verdadeiro retos emancipatórios e de artellamento das loitas (moito máis complicados, obviamente, que os que enfrontaba o proletariado industrial) que temos por diante non fai falla ser queeruño. Axuda, pero non é necesário.





tío matt, 04.05.2007 (Id: 7666)

xa que temos tanto fervor nostálxico fabril en clave de crispación (é que non tenhen proxectos?, non é mellor construir qué criticar e vomitar rencor sobre o que fan as demáis?), caro wu ming 6, compas das diferentes trastendas, frikies varias...., saibamos que como dicía o clásico: "se ladram, é porque cabalgamos!!"

forza precaria e desobedente!!