26 maio, coruña, mani da vivenda, re-flexión na rúa
auga
,
22.05.2007, (Id: 11084)
desenladrillamento en asamblea, delirio de tizas no chan, o que sexa.
Gobernos, partidos, bancos e empresas invítannos a reflexionar. Nós flexionámonos e re-flexionámonos ó noso xeito de asamblea pequerrecha.
Re-construcción da vida común na rúa, precísanse ferramentas: tizas, pensamentos, cartulinas, tambores, zapatos, bicicletas, mazás.
Tráedevos a vós cando sodes máis vós, na praia, no botellón, na cama, bebendo o café pola mañá, descubrindo que outros pensaran o mesmo, flipando de súpeto con olladas, movementos, respiracións de corpos e árbores.
Reflexionamos na rúa, refacémo-lo noso código de circulación, en asamblea que agarda máis asambleas, nós, a xente-de-a-pé e máis a xente-na-punta-do-pé, a xente normal e os inadatados sociais, os pecespaxaros nas grúas.
Agárdanse palabras, acenos, sinais, efectos impredecibles sobre nós mesmos: resacas, mareas na vida cotiá, na cociña, no bus e no ascensor, no ciclo de alegrías e tristezas.
aSamBleA nA Rúa, mAni-cOnGa ou Oquesexa
sábado 26, maría pita, 17:00
forogalego de www.viviendadigna.org