Okupación e desaloxo da Panificadora en Vigo
precarias en loita
,
26.05.2007, (Id: 11144)
O
reflexivo sábado 26 de maio desenrolouse unha acción de okupación dun emblemático complexo industrial do centro de Vigo.
Indiviudos procedentes de toda Galiza participaron da acción que pretende por en evidencia tanto o proceso de especulación como o abandono que sofre este céntrico espazo, o cal pensase adicar a "outro" centro comercial e a vivendas (das cales _ningunha_ sera de protección oficial, negociuse o seu cambio por 400 metros cadrados de parque... esperemos que nos permitan durmir nos bancos)
Rekuperemos os edificios abandoados, ocupemos os espazos que precisamos: Para desenvolver actividades sociais, para vivendas... para ter o modelo de cidade que desexamos [[Crónica da okupaçom colectiva]] [[Okupación en Vigo]]
PanificadoraCSAO
(Panfleto repartido durante o acto) Vigo volve a ser a cidade galega onde máis sube o prezo da vivenda usada (un 4,5% máis cara que o ano pasado), é a segunda máis cara de Galiza en usada e a máis cara en canto a vivenda nova (está entre as dez máis caras do estado).
Ao mesmo tempo hai 20.000 de vivendas desocupadas e medio millar son espazos abandoados que se deixan deteriorar mesmo ata que se derruban, para especular cos solares.
Dentro disto está un edificio arquitectónica e históricamente fundamental para a cidade como é a Panificadora, nós rebelámonos contra o último plan de destruilo (tan só conservarían os silos descontextualizadamente) pretenden construir vivendas de prezo inalcanzábel e espazos comerciais. En definitiva máis do mesmo nesta cidade invivíbel, onde o único que move o urbanismo son os beneficios económicos dos promotores.
Por qué en todos estes anos nos que leva abandoada, non se expropiou e arreglou.Pola súa significación e ubicación podería ser un moi bó espazo para fins sociais (un albergue?), culturais, artísticos, ou mesmo vivendas pero realmente para persoas sen recursos.
Falan agora da recuperación do Casco Vello vigués, pero un barrio é algo máis que arranxar fachadas ou rúas, e encarecer os pisos para que se valeire das súas moradoras e poder meter xente de máis recursos. O barrio o forman as súas relacións sociais, historias persoais e colectivas, as vivencias, lembranzas e por suposto os proxectos propios (non os impostos desde arriba).
Por isto nós pretendemos recuperar para a cidadanía, (aínda que só sexa esta fin de semana) un espazo abandoado.
Para dotalo de vida e contido, simbolizando e reclamando as necesidade colectivas de espazos sociais autoxestionados, porque vivir é algo máis que traballar e consumir, tamén é crear, conversar, relacionarse, loitar polos dereitos e exercelos .
Para lembrar as necesidades de vivenda digna na nosa cidade, secuestrada polo desarrollismo destructivo e a especulación urbanística. O dereito á vivenda non existe se non podes pagar estes prezos desorbitados, con esta acción buscamos fomentar a reflexión e a mobilización cidadá .
E para reivindicar que non se destrúa a nosa historia arquitectóncia industrial, o que en definitiva nos axuda a comprender mellor o que é e o que foi a nosa cidade.
As actividades que pensamos levar adiante son:
Sábado 26 de maio >>>
>>> 12:30 Asemblea coordinación presentación.
>>> 14:30 Comida Comunitaria
>>> 17:00 Mesa redonda sobre os Espazos Sociais. Participarán persoas do CS A Cova dos Ratos, CS A Revolta e LS Faísca de Vigo, así como doutros espazos e Centros Sociais galegos.
>>> 19:00 Presentación e taller de vídeo a cargo do colectivo audiovisual coruñés Olho Livre.
>>> 21:00 Cea comunitaria
>>> 21:30 Presentación de FugaEmRede e dos seus grupos de intervención global de este verán/outono. A cargo de participantes de A Coruña, Ourense e Vigo.
>>> 22:30 Concerto, (grupo a determinar).
>>> 23:30 Proxeccións de materiais de Olho Livre e documentais diversos de temática social.
Domingo 27 de maio >>>
>>> 12:00 Encontro/Asemblea de participantes en movementos sociais de Galiza.
>>> 14:30 Comida comunitaria
>>> 16:00 Taller xabrón reciclado.
>>> 16:00 Encontro Hacklabs galegos
>>> 17:00 Encontro Indymedia Galiza
>>> 18:00 Taller publicación en Indymedia e mediactivismo
>>> 18:00 Xogos Comunitarios
>>> 19:00 Foliada/Despedida
Durante todas as xornadas poderán programarse actividades e encontros á mesma hora, para aporveitar o tempo ao máximo.
viva!,
26.05.2007 (Id: 7846)
Que boa nova nos chega desde Vigo! Vaia programazo! Parabéns a todas as companheiras que permitirom que esta okupaçom fose possível. A ver se se repitem iniciativas como esta.
Isto é um grande passo para os movimentos galegos!
panificando,
26.05.2007 (Id: 7847)
.
.
.
.
.,
26.05.2007 (Id: 7848)
.
.,
26.05.2007 (Id: 7849)
.
precaria,
26.05.2007 (Id: 7851)
tras un xantar colectivo na fonte da Falperra, saimos cara outro espazo...
Na rúa Ourense con Romil.
.,
27.05.2007 (Id: 7861)
Na rúa Ourense con Romil, onde continuamos co resto do programa