galiza.indymedia.org
Mani maribolhera, primeiras imaxes
Olholivre , 02.07.2007, (Id: 11622)
Durante preto de duas horas, un numeroso grupo declarou unha zona temporalmente autónoma nas ruas da cidade da queerunha, ca forza do orgullo, a festa e a raiba, dirixidas en clave de celebración dos novos xeitos de desenrolar a máis vella das loitas: a emancipación do individuo e do conxunto social.







Un sound-system montado nun camión, bailes e cánticos, faixas e diversas accións co claro obxetivo de deconstruir a terrible doble moralidade que se agocha nas escuras esquinas do noso ser autónomo e social. De non sair de nengún armario, senón de rompelos todos, de superar as lóxicas de xénero que a día de hoxe falan en clave de dominación, na procura dunha sexualidade difusa, desexante, libertina e libertaria que de xeito radical proclama a liberdade como principal procura, os afectos e a determinante necesidade de rematar co réxime patriarcal que emprega o concepto de unidade familiar coma célula de control social,berrando para expresar un rexeite absoluto a un modelo social integrado na producción coma un feito complexo, onde traballo, ocio, relacións,... son un todo alienante e desmovilizador, co que se debe rachar dende a mesma base.

Parabéns a todas as participantes,.... nunca o terrorismo foi tan divertido!!

E xa sabedes, coito anal contra o capital!!
+

mini-Video, 02.07.2007 (Id: 8153)

E espera de que as compas de Olholivre enviem os seus docimentos audiovisuaus, aqui um primeiro mini-vídeo de algumha das acçons de esta belísima jornada de luita e desejo...

 http://picasaweb.google.es/rizlinha/Queerunha07/photo#5082197039736361058




Piotr, 02.07.2007 (Id: 8155)

Millóns de imaxes por segundo, mil palabras ou longas parolas non son dabondo para explicar o que aconteceu polos recantos da cidade, nos que, por espontaneidade, sinalouse o punto cero.

Cómo fotografiar tan alucinante experiencia física de anormalidade, contra-poder e autonomía?

Beijinhos anormais, compañeiras.







gzcontrainfosgz, 03.07.2007 (Id: 8159)





trastendoso, 03.07.2007 (Id: 8160)





Olholivre, 04.07.2007 (Id: 8164)







algunha outra foto da mani do sábado pasado e da festa que houbo ao seu remate no campo da lenha