Peche da programación de verán do CS A Treu! e as Invisibeis
Olholivre
,
31.08.2007, (Id: 12114)
Música e cinema na rúa; interferencias de creatividade na Corunha para libertar a cultura.
POLA CULTURA LIBRE E A LIBRE CIRCULACIÓN! ABAIXO AS FRONTEIRAS!
As fascinantes creacións musicais de CANS DE CORREDOIRA, xunto coas accións de guerrilla da comunicación á OMC dos YES MEN, puxeron o peche á programación de cultura libre que o ciclo de cine na rúa do CS A TREU e as INVISIBEIS desenvolveron durante o mes de agosto.
Neste peche de programación quíxose escenificar tamén unha primeira resposta á brutal acción policial contra as migrantes que estaban a vender na rúa Real a noite anterior. Víctimas dun novo modo de guerra, productora de orde a nivel global, as vidas das compañeiras migrantes constitúen unha resistencia no día a día ás identidades e ós espazos que de modo predefinido lles son asignadas, é por iso que non cesaremos de buscar as vías para evitar o fraccionamento dun corpo social capaz de artellar infinitas alternativas ao modo capitalista de socialidade/producción.