Convocatoria :: deriva transfronteiriza na Corunha
Dauda
,
01.09.2007, (Id: 12127)
Partirase desde o Teatro Rosalía de Castro, situado na propia r/Real, ás 20:00h do vindeiro luns 3 de setembro.
En apoio ás compañeiras migrantes, ás que coactivamente se lles nega toda posibilidade de falar en voz alta para comunicar e denunciar públicamente as súas precarias condicións existenciais, convócase unha deriva transfronteiriza para expresar o rexeitamento social á acción policial do pasado mércores 26 na r/ Real da Corunha e pola libre circulación de toda persoa, sen distinción de raza nen condición socio-laboral.
Partirase desde o Teatro Rosalía de Castro, situado na propia r/Real, ás 20:00h do vindeiro luns 3 de setembro.
O proceso de globalización económica fai que a institución-fronteira, entendida como liña divisoria entre as diferentes soberanías nacionais se vexa difuminada. Non obastante, dase ao mesmo tempo un proceso de multiplicación das fronteiras, entendidas como un antinomadismo; unha fixación dos individuos a neo-apartheids xeográficos e sociais. A experiencia-fronteira contemporanea está atravesada, a máis, por unha guerra productora de orde e capital vía de afirmación de poder.
Actos como os acontecidos o pasado mércores, engadidos ás radicalmente inaceptabeis declaracións de quen ten boa parte da responsabilidade dos mesmos; a asociación de empresarios da Area Comercial Obelisco, así como o modo no que se veñen explicando desde varios medios de comunicacións as netamente pacíficas resistencias das migrantes, que siguen ocupando a r/Real para conseguir algo que levar á boca, merecen ser contestados por unha sociedade que exprese un rotundo rexeite destas fronteiras, exteriores ou intrametropolitanas, que son atravesadas de maneira diferente por blancos e ricos que negros e pobres.
Dáni,
01.09.2007 (Id: 8609)
bravo!!!
hai que contestar estes fascistas, a rúa non é súa!!
La Opinión, La voz, asociacións de comerciantes, esta guerra ímola parar, non ao apartheid!
unha,
01.09.2007 (Id: 8610)
o vindeiro luns é dia 3
vémonos todas no Rosalia, caña aos fascismos!!!
ilha,
01.09.2007 (Id: 8613)
xenial!!!! temos que defender aos nosos irmáns!
quitade as vosas sucias mans do povo trabalhador!! polizia + empresarios = violencia capitalista. FAGAMOS DO RACISMO HISTORIA
NIN CONTRATOS BASURA NIN RACISTAS NA NOSA RÚA!
NENGUNHA PERSOA É ILEGAL!
KdL,
01.09.2007 (Id: 8615)