Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
1ª Masa Crítica Galega. Sábado 22 de setembro. 12:30h na Alameda de Santiago de Compostela
Birnarem , 10.09.2007, (Id: 12246)
A bicicleta non é unicamente un medio de transporte, é un elemento socializador, de saúde, liberador, divertido, que ademais contribúe a túa mobilidade. A masa crítica é un movemento descentralizado de ciclousuarios que loitan polo crecemento do uso da bici como medio de transporte. Este ano por primeira vez se unen as diferentes masas de Galiza nun evento que pretende sacar a relucir a incoherencia das políticas de mobilidade das nosas cidades.

1ª Masa Crítica Galega
1ª Masa Crítica Galega



O panorama nas nosas cidades é hoxe en día desolador: as rúas convertidas en couto privado dos automóbiles, cos demáis usuarios da vía pública acantoados, fuxindo do perigo. Motos a escape libre, bocinazos, atoramentos, as beirarrúas empregadas como aparcadoiro. Autovías, circunvalacións que actúan como barreiras, foxos infranqueables que desconectan barrios. A función orixinal da cidade como espazo socializador, de intercambio cultural e interacción humana vese afastado no medio do caos circulatorio. O peón e o ciclista son especies ameazadas, en perigo de extinción. ¿Que podemos facer?

Temos que ser conscientes da pegada ecolóxica que conlevan as nosas necesidades de desprazamento, dos custos ambientais e sociais que representan. Temos que avaliar a realidade desas necesidades e o xeito de realizalas co menor custo posible. Temos que recuperar a nosa centralidade como parte da cidade, desbotando o coche, e a actitude que representa, do noso xeito de vida. Temos que recuperar as rúas, as prazas, a convivencia, o xogo na rúa. En definitiva, temos que rehumanizar as cidades. Un elemento fundamental nesa humanización son as posibilidades que ofrece a bicicleta.

Máis a bicicleta non é unicamente un medio de transporte, é un elemento socializador, de saúde, liberador, divertido, que ademais contribúe a túa mobilidade. É o instrumento fundamental para dar un xiro radical as políticas urbanísticas e convivenciais das nosas cidades e vilas e, integrada co transporte público colectivo, solucionar os problemas que o automóbil particular está a ocasionar na nosa sociedade. Supón unha actitude vital, de respecto ao medio ambiente e ás persoas.

Por todo isto, o vindeiro sábado 22 de setembro celébrase a 1ª Masa Crítica Galega. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel!

O programa provisional de actividades é o seguinte. Agás a hora e lugar da Masa Crítica, o resto das actividades poden sufrir algunha modificación.

11:00 - Obradoiro de mecánica e decoración reivindicativa da bici. Poderás axustar a túa bici e decorala.Traede ideas e materiais para compartir!

12:30 - Masa Crítica Galega. Sairá as 12:30 e faremos un percorrido devagar polas principais rúas de Santiago.

14:00 - Xantar Colectivo. Sa hai bo tempo cada quen pode traer (se quere) algo para xantar/compartir todos/as xuntas no Parque de Bonaval. Se o tempo non acompaña procuraranse outras opcións (iremos informando)

17:00 - Proxección do Documental Return of the scorcher (v.o. subtitulada ao galego) que describe os inicios do "movemento" da masa crítica en San Francisco nun centro socio cultural da cidade.

18:00 - Mesa redonda coa participación de representantes de grupos de ciclousuarios/as participantes sobre a situación da bici en Galicia, futuro etc.....

Axúdanos a divulgar a iniciativa! Podes jpg descargar o cartel para enviar por correo-e aos teus contactos.

Vémonos en Compostela!

-- -- -- -- -- --

Semana europea da mobilidade ou pedalea ti, que a min dame a risa

O día 22 de setembro, cando finalice a celebración da semana europea da mobilidade e en Santiago esteamos a celebrar a primeira masa crítica galega, na túa cidade é posible que pasaran cousas similares as que seguen: tal vez tiveches que almorzar coa foto nos medios dun alcalde feliz subindo a un bus, un concelleiro de mobilidade en errático traxecto sobre unha bici de aluguer mentres prometía a inmediata posta en marcha deste servizo, excursións en bicicletas de cidadáns atrincheirados entre policías locais e protección civil, circulando por rutas coidadosamente escollidas dentro do tráfico, repartición de agasallos de todo tipo, incluídas bicicletas de montaña (moi apropiadas para circular por calquera cidade) e un multicolor despregamento de dípticos, trípticos e cartelería, que solicitaba a túa colaboración e invitábache a facer un pequeno esforzo por mellorar a mobilidade da tua cidade; anímate neno, unha semana pasa axiña.

A estas alturas ninguén discute que os modelos están obsoletos e que hai que empezar a moverse, e calquera político intelixente sábeo, igual que sabe cales son os pasos a seguir, entre outras cousas, porque os seus compañeiros europeos levan máis de 20 anos dándolles consellos e directrices baseados nas experiencias doutras cidades que conseguiron minimizar os problemas que causa o noso modelo actual.

Os teóricos afirman que a maioría dos políticos locais non se enfrontan á tarefa por falta de valentía política, non por falta de convicción. Se vives nunha cidade con políticos valentes, á par de intelixentes, parabéns, seguro que a semana da mobilidade terá algun sentido. Pero o que non ten sentido, e que cremos altamente reprobable, é que se gasten miles de euros en campañas publicitárias que non levan a nada, que non melloran a vida dos cidadáns e que pretenden involucrar á cidadanía sen dar alternativas reais. A semana da mobilidade, para moitos políticos, non é máis que un mal trago; que pase pronto esta semaniña e outro ano para a foto e a ver se non nos pitan moito no día sen coche, que aínda por riba, este ano cae en sábado.

Únete a nós e celebra a Masa Crítica Galega !

NOTA : Se vives en Coruña, estamos organizando diferentes grupos para acudir a Compostela, en bici saíndo o venres pola tarde (para ir a modiño, durmindo en Ordes na metade do camiño), en bici saíndo o sábado pola mañá (para xente de clubes e entrenada) ou en tren o sábado pola mañá (coa posibilidade de que haxa un autobús como alternativa). Apúntate e deixa o teu correo en  http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/masa_critica_galiza. Canto antes os apuntedes mellor, xa que temos que planificar un pouquiño a viaxe. Noutro caso vémonos directamente en Compostela.

 http://masacriticacoru.mundoforo.com
 http://bicis.info

Malaclypse el joven, 10.09.2007 (Id: 8683)







Eis unhas imaxes do pasado venres na Corunha





tantotem, 12.09.2007 (Id: 8692)



Durante tempo a bicicleta foi o veículo dominante nas ruas de Europa, na altura, o conceito de “via ciclista” ainda nom existia porque todas as ruas em si mesmas eram ciclistas. Agora, a terminologia “oficial” utiliza o termo “via ciclista” para designar qualquer via adaptada especialmente para a circulaçom de bicicletas, termo que leva a pensar em guetos e em que as ruas de por se nom sejam para as bicis.

Hoje pode-se falar de quatro tipos de “vias ciclistas”: CARRIL BICI (espaço segregado na calçada), BEIRA-RUA BICI (espaço segregado nas beiras das ruas), SENDA CICLÁVEL (via nom motorizada independente, por ejemplo: as vias verdes),e PISTA-BICI (via ciclista “segregada” do tráfico motorizado, junto às estradas).

Assim pois, som VIAS SEGREGADAS os “carris-bici” e as “beiras-ruas-bici” e há postas injustificadas esperanças nelas como soluçom definitiva aos problemas de mobilidade das ciclistas.

Estas vias segregadas começarom a se construir nos Paises Baixos com o claro e declarado objectivo de apartar as bicicletas de onde poideram amolar ao veículo do progresso: O AUTOMÓVEL. Assim os intereses da industria do automóvel conseguem afastar as bicicletas das calçadas, bem em vias segregadas como nos Paises Baixos ou bem como aconteceu nistos lares, simplesmente fazendo desaparecer a bici como medio de transporte.

Assim com o tempo, as ciclistas terminamos interiorizando como própria a ideia de que o nosso lugar natural nas cidades e vilas som as vias segregadas, do mesmo jeito que coma peons interiorizamos as beiras-ruas como o nosso espaço. De tal jeito, a segregaçom de peons e ciclistas nom foi feita na busca da nossa seguirdade senom que o seu objectivo real foi “acadar a máxima velocidade do tráfico motorizado possível com umha seguridade razoavel de peons e ciclistas”.

Os partidos políticos utilizam estas vias segregadas com a única intençom de propaganda “verde” e muitos colectivos ciclistas seguem a reclama-las como a panacea para se mover em bici pelas cidades . Nom tanto, se miramos à bici como posível resposta ao modelo de cidade imposto, temos que começar a desmontar o sinónimo ciclista-carrilbici, porque o problema nom é a nom existência distos, ou de si estám bem ou mal feitos, senom que o problema está no excesivo número de carros e motos, o irracional transporte maciço de mercadurias e pessoas, o modelo urbanizador que sofremos, etc.
É bem doado observar que se abusa dos autos e das motos e os motivos deste abuso nom som que nom haxa carril bici, senom uns outros: sociais, psicológicos, costumes, educaçonais, consumistas, de prestígio e estatus social, ou de comodidade, por dizer alguns …, e a gente nom vai baixar do carro ou da moto por muita via segregada que houvera, e ainda que as houvera nom seria o jeito de soluçonar os graves problemas distos abusos dos veículos motorizados como som a perigrosidade vial, a contaminaçom atmosférica e acústica, a ocupaçom exclusiva de caminhos e ruas, atropelos, “parkings” subterráneos,..., etc. Assim pois, ainda que me repita, insisto em que a problemática nom fica na NOM EXISTÊNCIA de vias segregadas, nem de si nom estám bem conectadas, ou nom estám bem feitas, dado que nom vam conseguir soluçonar istos graves problemas.

Se queremos recuperar as ruas, devolver-lhes o seu carácter público, reduzir a contaminaçom e mais o ruido, mover-nos de forma segura, saudável e gratuita.... começemos a reivindicar umha rede de ruas nom motorizadas, como mínimo, em troque de reclamar vias segregadas.

Isto quere dizer que demandemos que as calçadas sejam para bicis e as beira-ruas para peons? NOM. Imaginadevos umha rua sem autos, "desmotorizada", onde as bicis e peons poideramos conviver sem necessidade de marcas ou sinais de nengum tipo, mas para que isso fosse seguro seria necessário, por suposto, que as bicis circularam a umha velocidade compatível com a das peons. Trataria-se de apostar por umha convivência pacífica à velocidade de quem é mais débil. Desta maneira, haveria lugares onde a "eficácia" da bici nom ia ser tal, é dizer, veriamo-nos na obriga de circular extremadamente demoradas ou baixar da bici simplesmente porque nom é cómodo circular nessas circunstâncias. Por certo, cumpre apontar o feito de que muitos bicistas queixam-se a cotio das peons que invadem “O seu sagrado espaço vermelho do carril bici”, um outro ejemplo de cómo a segregaçom (neste caso de bicis e peons) nom foi concebida primariamente para garantir a seguridade do mais débil, senom que o seu objectivo primordial é facilitar a velocidade do mais forte (neste caso, a bicicleta, respeito as peons). O mesmo razoamento para a segregaçom de autos e bicis, o que nos leva novamente à conclusom de que o carril bici é um servinte e cómplice do “cochismo”.

Em fim, que se o direito de circular em carro e/ou moto vai em prejuízo de muitos outros direitos muito mais importantes como a saude, porqué pedir vias segregadas que nom melhoram nadinha o nosso benestar quando os molestos som outros e todas essas molestias seguiram existindo junto a essas vias segregadas. Exijemos as ruas livres de tráfico motorizado.

Bibliografia: www.ciudadciclista.org