Moitas piratas en Toralla e algúns corsarios que ninguén invitara.
Na tarde do sábado 8 de setembro celebrouse, tal como estaba programado, un acto lúdico e pacífico en reivindicación do uso e disfrute público da illa de Toralla, organizado polo colectivo vigués Xogo Descuberto.
Neste acto solicitábanse os seis metros de linde ó redor da illa para uso común, que ven descrito na vixente lei de costas do ano 88; tamén se pretendía denunciar o impacto ambiental e visual da torre de Toralla e outras construccions.
Participaron ó redor de 300 persoas, entre "piratas" músicos, bañistas, nenos, nenas e maiores que de xeito simbólico tomaron a illa.
Lido o comunicado, recolléronse as faixas e rematou a concentración.
Acabado o acto, un bo número de participantes entraron na illa dando un paseo pola vía publica. Nese momento 3 furgóns
antidisturbios irrumpiron entre os paseantes de xeito totalmente inxustificábel, con actitudes violentas, porras en man alzada, empurróns e outras agresións, ofrecendo unha pésima imaxe aos nenos e nenas asistentes.
O máis significativo e lamentábel é que a maioria das agresións se produciron no intre en que a xente abandoaba tranquilamente a illa, destacando a sufrida por un cámara e por outros transeúntes que recibiron máis dun porrazo…
Os colectivos abaixo asinantes, queremos denuncia-la actitude abusiva e provocadora das forzas de seguridade do Estado.
Xogo Descuberto, A.C. A Revolta, A.C. Caleidoskopio, A.X. Luar, Bouzas-movete, G.A.S, Salvemos Monteferro e Verdegaia
videomatico,
10.09.2007 (Id: 8672)
VIDEO da Reconquista de Toralla
http://blip.tv/file/371456
@,
10.09.2007 (Id: 8673)
Pero para o ano deberían avisar ás asociacións de veciños da zona, especialmente á de San Miguel de Oia e á de Coruxo, xa que son partes interasadas.
jdhdfu,
10.09.2007 (Id: 8674)
Ke boa! Snif, eu estaba na kama...O vídeo tamén espléndido.Parabéns, parabéns, parabéns...
as,
10.09.2007 (Id: 8675)
Parabéns desde Corunha, compas......
Piratas da Galiza.....
por certo, lenha xs monos...!!!
morrasense,
10.09.2007 (Id: 8676)
paseimo realmente ben e reivindicando unha causa xusta, para a seguite pensamos voltar :)
para a próxima tendes que darlle máis promoción tamén ó outro lado da ría eu entereime nas novas de www.delmorrazo.com onde alguén colgou o comunicado
saudiños
Anxo,
10.09.2007 (Id: 8678)
Eu estaba na praia e decidín sumarme ao acto. Quero felicitar a todos eses rapaces e rapazas que demostraron ter sensibilidade, intelixencia, imaxinación na defensa dos derechos de tod@s ao disfrute do que legalmente nos pertenece a tod@s. Foi para min unha alegría encontrar xente tan nova mobilizada por asuntos tan importantes. ENHORABOA
náufrago,
10.09.2007 (Id: 8679)
brutal o dos intelectuais !
POLICÍA "COCAÍNA" !!!
;),
10.09.2007 (Id: 8684)
para cando o pazo de Meiras? ;)
nómadas queer (piratas do género),
10.09.2007 (Id: 8685)
Parabéns às compas do sul!!!!
Estas cousas dam-nos ánimos a todas...
...tanto a acçom como o vídeo, brutais!
TOD@S SOMOS PIRATAS!
Manifestante número 198,
12.09.2007 (Id: 8693)
Soamente son un adolescente ó que lle gustarí disfrutar dun parque nesa preciosa illa. A manifestación, dende o meu punto de vista, estivo moi ben, e nas seguintes seguro que se xunta mais xente. O unico que fai falla e chamar a mais antidisturbios para que se encarguen de frear ós polis que se creen terminator...
Enhoraboa e adiante coa conquista do patrimonio público
plataforma Ortigueira Sostible,
12.09.2007 (Id: 8695)
Parabéns pola iniciativa. Polos motivos e mais polo estilo.
Tedes o noso apoio e si queredes outra atalaia que conquistar, por aquí temos algunha ben guapa. Un saúdo.
eu mismo,
12.09.2007 (Id: 8698)
"un bo número de participantes entraron na illa dando un paseo pola vía publica" pois non, tratase dunha via privada, dado que se atopa nunha propiedade de titularidade privada, que foi mercada, vendida e que tributa os seus impostos correspondentes ao concello de vigo e asustadesvos de que veña a policia a botarvos, a ver como vos podes vos si van á vosa casa a botar unha cagada no voso baño. tendes cada idea... e como facemos un paseo de 6 metros ao redor? tiramos con todos os chalets? haberá presuposto no concello pa tanto? ou facemos mais grande a illa? tiramos ca torre? facemos un camping si tal. a torre igual moi ben non queda no medio da ria pero leva 40 anos, non a vamos tirar agora, por outra banda, que sentido ten pedir que a illa sea publica, non hay mais que un xardin con arboles e un campo de futbol, por que non vades a calquera outro lado porque hai moitas fincas con xardín arboles e campos de futbol. a verdade e que non alcanzo a entender as vosoas inquedanzas, e sinceramente o unico que vexo é: ENVEXA!!!!
magdalena,
12.09.2007 (Id: 8700)
efectivamente a illa de Toralla é unha illa preciosa, cunhas vistas espectaculares da ria e das illas Cíes e non creo que haxa ninguén en todo Vigo ó que non lle gustaría vivir alí. Pero mira por onde resulta que esa illa é de propiedade privada dende fai moitos anos, xa que os seus veciños compraron os terreos ó concello. E agora vos protestades porque uns policias no exercicio das sus funcións vos votaron fora do recinto desa PROPIEDADE PRIVADA á que vós accedestes ilegalmente e sen permiso explicito. O que deberían ter feito é detervos a todos. E para a xente que lea isto e que non estivo ali, que eu si, a vosa actitude foi en todo momento chulesca e provocativa, negandovos a sair cando as forzas do orde volo pedían. En todo momento sabiades que o que estabades a facer era ilegal, e ainda asi apurastes a situación ó límite, e no límite so hai un desenlace posible. EN LA ISLA DE TORAYA NO HAY INJUSTICIA...HAY MUCHISIMA ENVIDIA.
eu mismo,
12.09.2007 (Id: 8701)
POR CERTO, ESTO É PARA OS QUE TEÑEN TANTO INTERESE NA ILLA:
http://www.segundamano.es/vi/7759077.htm?ca=36_s
burt lancaster,
12.09.2007 (Id: 8702)
é unha pena que no video do que tanto vos sentides orgullosos non apareza a actitude chulesca e provocadora da que fixestes gala. sodes uns manipuladores ó igual que moitos daqueles ós que repudiades. se vos tendes que levantar Galicia.....entón estamos perdidos
la cagaste burt lancaster,
12.09.2007 (Id: 8703)
Como feden a brea estes últimos comentarios!!! Envexa? Ja!
"a ver como vos podes vos si van á vosa casa a botar unha cagada no voso baño" de eu mismo, home, mentres tiren da cisterna..., non sei, alguén me pode confirmar se algún dos participantes foi cagar na illa.
"se vos tendes que levantar Galicia.....entón estamos perdidos" de burt lancaster, ben, galicia non sei se a levantaremos, a min mentres se me levante a pirola...
blabla,
13.09.2007 (Id: 8706)
Enveja?????????
Caeria-me a cara de vergonha de viver num sítio como a ilha de Toralha, num chalecito de pijos, rodeada de pijos. Pensades que todo o mundo temos a mesma filosofia de vida ca vós: a quanto mais tenho mais som, que normalmente se traduz em "a quanto mais destruo mais som".
E estades bem equivocadinhos. Eu nom quero rouvar a ninguem, nem explorar a ninguem, nem destruir o património colectivo para que o resto admire "lo rico que soy".
Nom pudem estar este ano no asalto pirata, mas aseguro-vos que o próximo estarei. E também vos aseguro que terei essa atitude chulesca da que falades, inevitável, xq a gente que vivides em Toralha nom me dades mais que vergonha alheia e asco. Se tiverades a mínima vergonha, iriades-vos de ali polo vosso próprio pé.
eu mismo,
13.09.2007 (Id: 8709)
bueno, enton, se con moita imaxinación supoñemos que fan publica a illa, como o imaxinades vos? con vinte autobuses de portugueses dentro recén chegados ás sete da mañan para coller sitio os primeiros nas 6 mesas dispoñibeis?
un de aqui,
24.09.2007 (Id: 8821)
Canto pailan sin nada que facer.
E por riba inda fan un video, manda carallo! Pondevos a traballar e deixade de facelo can.
Digo eu que reivindicar esta moi ben, pero porque sodes sempre os mesmos desarroupados, lacazans, e paiasos os que facedes estas cousas... porque a paisada do video, a verdade esta graciosa, pero e iso unha paisada.
En fin penso que ningun pai quereria ter un fillo como vos... con iso esta todo dito... ah! e por certo, deberiades respetar un pouquiño mais as vosas institucions (policia, xunta...) que teñen un traballo de verdad, e se cadra dende algun estamento poden facer cousas de xeito que sirvan para algo e non para pasar un ratiño...
Saudos dende a outra beira
X,
26.09.2007 (Id: 8828)
Está claro qe no mundo ten qe aber de todo, pero xa se ve o resultado de tanta xente coma esta qe ven aquí a insultar dende a súa ignorancia, non vos culpo: a ignorancia é atrevida. Como resposta dicirvos que ler un pouco a prensa de vez en cando abre bastante as miras, igual qe os libros de historia. Neste mundo movido polos cartos e o medo hai moita xente coma ti (si, o do último comentario) que vive na súa soberbia ignorancia e non quere ver os problemas alleos, e moito menos replantearse a súa podre vida. Pois ben, eu de vos pararíame a pensar que se tedes tantos privilexios ( coche, piso, educación, comida suficiente...) e porque moita xente coma nós loitou (e moita morreu) no seu día para defender as causas que eles consideraban xustas e que outros, coma vos, pensaban absurdas.
Se queredes considerarnos unha panda de pailáns desfarrapados, peor pra vos. A realidade é que somos moitos, que estamos preparados e organizados, que non vivimos diferenzas de idade nin de clase, e que non temos medo.
¿podedes durmir de noite?
algún de Xogo,
03.10.2007 (Id: 8846)
é curioso .... a xente que descubriu esta páxina polo de toralla entra aquí pra insultar e aspirar á burla por escrito, pero claro onde viron eles un portal no que poder expresarse coon tal liberdade sen dar nome nin telfono nin dni nin seña algunha....nunca tal virán!!!!!!!!!!!!
así aproveitades pra soltar merdiña desa vosa da boca ao teclado: fustracións.
abofé que somos paiasos, é un grande halago aspirar a selo; os paiasos fan moito ben e son mil veces mais necesarios ca xente coma ti, mellor nos iría......moito mellor con mais paiasos e menos do que ti e toda a xente sabe.
eu non penso falar dos teus pais. pero se queres douche o seu número e quedas con eles e comigo e discutimos se quererían ter un fillo como min ou coma ti.
moitisimas grazas a toda a xente que se sumou e a que non coñeciamos de nada por facer súa tamén esta paiasada, moitas moitisimas.
Guilherme,
15.09.2008 (Id: 12082)
Parabéns pola acçom, companheirxs.
A propósito de todxs essxs que venhem deitar merda ao indymedia, lembrai que quando ouveam os cans é que vamos por bom caminho.