Unhas 30 activistas galegas respostamos ao convite do GAIA e a Plataforma Transgénicos Fora i estivemos presentes no protesto contra a cimeira na que os ministros europeus están a preparar o futuro da PAC.
A máis da acción do domingo, tamén no marco dos ensaios e preparacións do sábado tivo lugar un encontro entre activistas portuguesas e galegas na Casa Viva de Porto que serviu para dar a coñecer o presente estado de cousas e de loitas a ambos lados do Miño e pensar cales poden ser os futuros momentos e camiños en que portuguesas e galegas poidamos volver a confluir para a construcción dun común desexante no que todas nos achemos cómodas para "picar miolos" ;) .
Blogue da Casa Viva (espaço temporário*multicultural*intervencionista*gratuito*sem fronteiras*sem rosto*experimental*revoltado*de cidadanía):
http://casa-viva.blogspot.com
Blogue do Pica Miolos (fanzine da Casa Viva):
http://picamiolos-casaviva.blogspot.com
Plataforma Transgénicos Fora:
http://www.stopogm.net/
GAIA:
http://gaia.org.pt/