Hackelarre>> HackMeeting 2007# Gernika
colectivo editorial CMI-Gz
,
09.10.2007, (Id: 12583)
Máis um ano vai ter lugar o Hackmeeting, espaço colectivo no que as diversas experiências que se reproduçem em torno ao activismo e as novas tecnologías -sempre desde um ponto de vista livre e horizontal- ponhem em comúm os trabalhos, novedades e iniciativas que estam a desenrrolar. Numha luita política e tecnológica como a que nos ocupa, o conhecemento mútou nom fai senom reforçar as iniciativas singulares, dotando-as de capacidade para levar adiante espaços de liberadores de movimento como pode ser a propria rede global indymedia.
Nesta ediçom, a celebrar em Euskal Herria entre o 12, 13, e 14 de outubro no Gaztetxe Astra de Guernika, participará umha cumprida representaçom dos hacklabs galegos, que trabalham desde as novas tecnologías como elementos de potenciaçom das luitas locais. O Trebelab de Vigo , o hacklab da Casa Encantada em Compostela ou o Hacktreu em Corunha pretendem ser espaços de socializaçom das ferramentas telemáticas como reproductores da luita dos movimentos.
A propria rede indymedia fará do Hackmeeting um momento de encontro onde poder analisar problemas comunes das redes que pretendem fazer dos medias um altofalante radicalmente democrático a direitamente oposto ao poder.
+Info >> Programa hackmeeting07++Sobre o hackmeeting no Indy EH++ Crónica do encontro >>Outros espaços galegos de contrainfo e proposta tecnológica radical: ++ arredemo ++ GalizaLivre ++ GziFoto ++ saramaganta.info++ aderiva.net
hackelarre
gongh,
13.10.2007 (Id: 8901)
Ata o de agora...
No C.S.O. Astra, enorme complexo de fabricación de pistolas para o bando franquista, e agora exorcizado pola actividade colectiva das xentes que o transformaron e que o están configurando como dispositivo de guerra e de acción colectiva, estamos empapándonos de múltiples perspectivas hacker non só sobre o funcionamiento das màquinas, senón tamén sobre o funcionamento dos corpos e das mentes.
A cuestión que nestas xornadas se investiga é a modificación de maneira creativa de procesos definidos a priori como estáticos e inamovibles, que é como poderíamos definir de xeito xenérico a actividade hacker.
A expedición galega dividíu a súa indagación onte en dous threads: unha opción chamánica (o obradoiro de brain-hacking) e unha opción máis tecchie (a conferencia sobre supercomputación).
Nestos precisos momentos, un novo thread infiltrado por galegas se se está executando no ámbito da marcación GPS usando técnicas de openstreammaps...
De organización, acollida e capacidade de traballo, qué dicir... de novo as xentes de Euskal Herria nos maravillan coa potencia e a alegría da súa ferramenta de loita...
gongh,
14.10.2007 (Id: 8914)
Onte talleres 'serios' sobre hacking... Rootkits (introducción de rutinas de ensamblador na bios, insertar hooks en archivbos executables...)... Arduino (increíble experiencia de interacción entre elementos analóxicos e dixitais, librerías de programación de servomotores e sensores todas con licencias baseadas en GPL)...
Porque un hacklab non só consiste en instalar Linux...
gongh,
15.10.2007 (Id: 8931)
Algunhas máis temáticas tratadas...
Pure-data (introducción ó tratamento numérico de datos de audio e video)
Arduino (incríble e divertido show de programación dunha placa de hardware con unha licencia parecida ás que teñen as aplicacións Free Software)
Soma (interesante e excelentemente documentada exposición sobre unha interesante plataforma de xestión de radios libres)
Modificacións de variables de entorno para MAC no estándar IEEE802.11b (como o seu nombre indica, se trata de hackeo de redes wireless)
Microformatos (alucinante show de maxia con teléfonos móviles e metatags)
...
Eu qué sei, cantidade de cousas meu...