Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
España rómpese
O Curmán do Fervello , 20.11.2007, (Id: 13142)
España rómpese e nós con estes pelos
Definitivamente, España rómpese.

A noticia da separación temporal dos proxenitores de Froilán, Marichalar e Borbón, non deixa de ser unha oportunidade máis para que esta semana botemos un rato agradable no barbeiro coa prensa visceral e de colorín, que virá cargada a base de ben con fotos do noviazgo en París, do enlace, dos bautizos (aparecerá Rouco Varela botando auga?) e de cando visitaron as murallas de Lugo e comeron tarta de "El Rey de las Tartas de Mondoñedo", outro da realeza.
Xornais serios e tan monárquicos como ABC dan por descontado que esta triste noticia é un indicador máis do mal que vai España e do ben que marchaba antes con José Mari.

El País asume o fatal desenlace como normal nunha sociedade que avanza cara a modernización e que é xa un exemplo para varias nacións europeas e varias familias reais, pois despois dos numeritos de todo tipo que houbemos de tragar con Diana, Carlos e Camila, non deixa de ser reconfortante que teñamos acó unha real familia que asume sen aspaventos nen choromiqueos a separación do exemplar matrimonio de Don Jaime de Marichalar e a Duquesa de Lugo.

La Voz de Galicia, honrada empresa de Santiago Rey Fernández-Latorre, aguantou até a fin de semana para que Josemi largará no seu impresentable artigo catro chorradas que non alporizarán as damas do Casino Coruñés, faltaría máis, Josemí, para este tipo de asuntos, é balsámico.
E que conste que don Santiago sabe bastante do asunto das separacións matrimoniais, o que lle custou separarse a él e, sobre todo, separar aos fillos do negocio xornalístico; había un que, Deus noso, gastaba nunha fin de semana todo o que producía nun mes unha delegación local e cuarto e metá dunha comarcal con esa chica presentadora de algo na tele, cómo lle chaman, ah sí, Igartiburu ou algo así, como non sei basco ao pior estará mal escrito o apelido.

Se a familia real está así, partida en trozos, cabe pensar qué ocurrirá co resto das familias españolas que son, digamos, máis do común, máis de embaixo e non chegan a fin de mes, como Esperanza Aguirre.
Se entre as clases máis ilustradas hispánicas sentara francamente mal que o Príncipe Felipe elexira como compañeira ¿para toda a vida? a unha plebeia que, ademáis, casara polo civil e estaba separada, é de calcular que a ruptura matrimonial do irmán do chico ese que bota media vida montado nunha moto acuática e a filla máis espabilada de Juan Carlos e Sofía remexerá o almorzo de máis dun duque ou baronesa tipo Tita Cervera, ex de Tarzán, iso sí que che ten mérito.

Está visto que nen os de arriba están a salvo dos infortunios da vida e que a vida, como decía alguén, "la vida te da sorpresas".
Porque, imos ver, de vagar, serenamente, os Reis son un modelo, un exemplo para os menos cultivados; os seus xestos, vestidos, calzado, etc. son analisados polo miudo pola prensa máis servil e canina coa intención de nos mostrar un patrón a imitar, e se resulta que agora son iguais ca nós, que andan tomando cañas como calquer canalla da costrución e que a semente do amor tampouco entre armiños xermina, díganme entón se realmente non estamos diante dun fracaso estrepitoso, un fracaso de todo, un fracaso colectivo, un fracaso como Estado, como Nazón de Nazóns (algunha sen Estatuto). U-lo amor, que diría un escritor galego seguindo a normativa.

Se fora Testículo de Jehová, perdón, Testigo de Jehová, amosaríame seguro de que esta separación é un signo do retorno de Deus á terra para levarse por diante a todos os pecadentos abertos en canal. Como non creo nese tipo de patrañas, pero sí en San Federico Jiménez Losantos, direi que esta separación temporal (ja, temporal!) é un sinal preocupante da deriva que toma España. Vexamos, vexamos se estou errado:
1. Navarra continúa en venta. Sabémolo ben. E o goberno de Zapatero mantén o pacto segredo con ETA.
2. Ceuta e Melilla, que non estaban no expositor, tamén, sí, hai que decilo, tamén están en venta e neste caso cobraremos do ouro que cagou o mouro. E Mariano Rajoy, in albis.
3. Os xuices da sentencia do 11 M son axentes dunha potencia inimiga aconchabada co Consello Supremo de Ayatolás (non confundir co Comité Central da UPG) para trocear a España e que nos convertamos todos ao Islám. Eu estou disposto se pagan ben e teño auríes a todas horas.
4. A mona de Chavez dispara contra España e insulta a Asnar, a Juan Carlos e a Suso de Toro por escreber o libro "Madera de Zapatero". Bon, un é maragato (dito sen segundas) e outro leonés, está ben que se entendan, por fin unha parella lévase ben neste bendito mundo.
5. A outra mona, Esperanza Aguirre, sabedora da crise que estaba a pasar a familia real, como boa xogadora de ventaxa que é, amargoulle o viño a Juan Carlos e case lle da o postre pedindo para Jiménez Losantos un trato amable, un pouco máis amable que o que lle da a Raiña Sofía a este xornalista especialista en doenzas cardiacas, cómo lle chaman, bon, xa saben quén é.
6. E agora isto, o matrimonio feliz dos duques de Lugo escarranchado, unha perna por alí e outra no noso tellado. Teremos tamén que dividir a provincia de Lugo, interior para Helena, costa para Marichalar?. E Froilán, o noso futuro Rei galego, acabará por coller un trauma

Podemos soportar esta situación?. Pois vostedes non poderán pero eu sí. Aguanto todo e estou aberto o todos os fanatismos.
Non sei a qué agardan os nosos republicanos para dar un golpe de estado.

O Curmán do Fervello.