O MACHISMO NACE, MEDRA, REPRODÚCESE E MATAAAAA!!!!!!- nova acción de mulheres transgredindo
mulheres transgredindo
,
28.11.2007, (Id: 13278)
O dia 24 de novembro Mulheres Transgredindo voltamos a sair á rúa
O MACHISMO NACE, MEDRA, REPRODÚCESE E MATAAAAA!!!!!!
O Machismo nace na FAMILIA,
medra coa IGREXA,
afiánzase na ESCOLA,
multiplícase nos MEDIOS DE COMUNICACIÓN,
engorda no TRABALLO,
enquístase coa mal chamada XUSTIZA e, finalmente,
a mans dun cabrón calquera, non morre, non ...
MATA!!
Todas podemos contabilizar os golpes cando producen moratóns ou sangue. Todas podemos contabilizar os corpos das mulleres mortas a mans de asasinos... Si, todas podemos horrorizarnos coas consecuencias do machismo, pero seguimos sen nen sequer ver os seus comezos...
Como contar pois os golpes na alma... as coiteladas na estima... os martelazos á iniciativa e á independencia... os tiros á nosa forza e as patadas nos sentimentos que día a día sufrimos as mulleres por parte de todos os estamentos sociais? Quen está a contar esas mortes? Quen pode pensar que todas e cada unha destas mortes son inocuas para as mulleres? Que non ulen, non se notan e non traspasan? Quen?
O machismo non comeza, nen sequer está, na morte física dunha muller. Aí se acaso remata. Non se pode ir máis aló da morte... O machismo está no consentimento social das actitudes que propician, consinten e alentan a negación das mulleres. Aí comeza e aí temos que combatir todas e todos... todos os días, sempre... É só un pequeno chamado a unha gran revolución, apúntaste?
maribolheras precárias,
28.11.2007 (Id: 9391)
sodes um referente para todas as que luitamos!
Parabéns!
unha,
30.11.2007 (Id: 9407)
Parabéns tamén....
Tremenda acción! A seguir dándo..