Primeira crónica das xornadas de xénero e tecnoloxía "generatech" organizadas por Ningún_lugar no Hangar.
Desde Galiza asistimos varios grupos invitadas: caleidoskopio, nomepisesofreghao, olholivre, maribolheras e andaina.
Agardamos que con esta crónica incentivemos o desenrolo de actividades e iniciativas para seguir traballando nesta linha de investig-acción
por iso desde os colectivos avisamos que imos comezar cunha treboada de accións, obradoiros e xornadas para dar saída as necesidades e desexos tecnolóxicos desxenerados.
Estamos en Poblenou, zona 0 da especulación urbanística da Barcelona Marca Rexistrada, en Can Ricart (
http://salvemcanricart.org/). Un espazo industrial derrubado polos intereses inmobiliarios, un foco de resistencia que foi okupado fai un ano pola xente de La Makabra, e que agora ofrece un aspecto de campo de batalla.
Aquí estamos no Hangar tantas mulleres, como máquinas, como queers, como ciborgs. Compartindo, aprendendo, discutindo, creando, maquinando, conspirando, sentindo, streameando, pervertindo(nos),
Ubuntu ou Debian? java ou flv? home ou muller? mandarinas ou galletas?
Todas somos diferentes e vimos de experiencias moi diversas, polo tanto cada momento é un momento de aprendizaxe, de facer colectivamente, de atopar os posibles puntos de colaboración, de aclararnos ou confundirnos (máis).
Dúbidas diversas, continuos patricarcais coma códigos reproducidos en aberto e en privativos,toma de consciencia polémica e constructiva...seguimos con preguntas, estamos no camiño:-)Dende tanxentes diferentes: desenvolvedoras, usuarias, creadoras, para/pos/pro/? feministas...en confluencia para reflexionar e actuar.
Preguntámonos se ser usuarias de software libre debería ter unha continuidade no terreo afectivo, xa que logo se ten por suposta no terreo da política e da acción social. Desta maneira, ¿resultaría moi radical identificalo co amor libre? ¿Como reconfigurar o xeito de entender as relacións?
Cuestionamos que haxa comunidades de linux que non teñan en conta as marcacións de xénero e que continúen reproducindo os mesmos mecanismos de diferenciación sexista de xeito completamente inconscente, mais non por iso menos nocivo. Por iso entendemos que estes espazos de debate resultan imprescindíbeis para poder establecer e propoñer estratexias de actuación, sempre continxentes e intentando evitar calquera binarismo reductor.
stream:
http://stream.horitzo.tv:8000/horitzo.ogg
+ info:
http://generatech.ningunlugar.org/