Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Presupostos Xerais do Estado 2008: insolidarios e insostibles
GAS , 21.12.2007, (Id: 13601)
.


Para CGT, Ecoloxistas en Acción e Baladre, os Presopostos Xerais do Estado (PXE) dos últimos anos, e o previsto para o 2008, non son moi diferentes: baséanse en modelos de crecemento cada vez máis desiguais e insostibles.
Sostemos que os PXE para o 2008 manteñen e apoian unha orientación desigual no reparto da riqueza xa que:

1. O estado só cubre o 12% das necesidades de coidados na familia, persoas dependentes e discapacitadas.

2. Aínda que o gasto en pensións representa o 62% de todo o gasto social, a realidade é que o 92% das mulleres pensionistas cobran menos de 2,5 veces a pensión mínima.

3. O capítulo de fomento do emprego vai directamente a subvencionar aos empresarios no que se denomina o fomento á contratación, pactado na última Reforma Laboral 2006.

4. En canto ao capítulo adicado ao desemprego, non garante prestacións suficientes, ademais de estar cada vez máis vinculado a medidas disuasorias para percibir a prestación durante o menor tempo posíbel.

5. A partida adicada a políticas de vivenda oriéntanse básicamente a financiar deduccións fiscais dos xa propietarios e empresas promotoras.

6. O Gasto Militar ascende a 25.066 millóns de euros.


No que respecta á sostibilidade ambiental, os PXE tamén mostran resultados desoladores:

1. En lugar de basear a economía no local, aparecen partidas adicadas á externalización da “nosa” economía: Fondos de Axuda ao Desenvolvemento (1.572 millóns de euros), Institucións Financeiras Internacionais (904 millóns de euros), axudas á exportación (57 millóns de euros) ou aportacións á UE (12.208 millóns de euros).

2. As partidas para o transporte máis impactante abundan: transporte aéreo (402 millóns de euros), estradas (4.220 millóns de euros), AVE (1.267 millóns de euros). En contraposición, a financiación para o desenvolvemento de medios de transporte sostibles, como o tren convencional, quédase moi curta (1.463 millóns de euros).
Fronte ás partidas sinaladas anteriormente que van a fomentar o quecemento global, as que son para loitar contra o cambio climático resultan moito menores: IDAE (81 millóns de euros) ou loita directa contra o cambio climático (163 millóns de euros).

3. As partidas de promoción do turismo (391 millóns de euros), fortemente ligado ao proceso urbanístico, e de construcción de nova vivenda (1.274 millóns de euros) tamén son consideradas como insostibles.
As partidas que se adican a conservación (517 millóns de euros), a defensa da costa (278 millóns de euros), a un desenvolvemento rural sostíbel (100 millóns de euros) ou á protección da pesca (52 millóns de euros) volven a ser menores que as de destrucción en base ao urbanismo.


Deste modo, CGT, Ecoloxistas en Acción e Baladre consideran que estes PXE supón:

- Un crecemento económico cada vez máis insostíbel, inxusto e desigual.

- Un crecemento que non contempla nin as consecuencias sociais, nin as necesidades sociais reais da poboación en xeral, e da máis empobrecida en particular.

- Un crecemento baseado na explotación das clases asalariadas e na esquilmación de recursos.

CGT, Ecoloxistas en Acción e Baladre