Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Crónica e fotos do acto do 22-12-07 polo Dereito ao Transporte Público gratuito en Vigo
Precarias en Loita , 23.12.2007, (Id: 13622)
.








Na mesma semana en que Vitrasa e o Concello anunciaron a suba no Vitrasa para o ano 2008, polo que o billete do autobús urbano pasará a costar 1,08 euros, fixemos en Vigo un acto para contribuir a que a veciñanza de Vigo reflexione sobre o modelo urbano e de transporte que sufrimos na nosa cidade. Así como o abusivo de que empresas privadas cobren prezos abusivos e se lucren cunha necesidade básica na nosa sociedade como é o tranporte.

Arredor das cinco e vinte do sábado 22, medio cento de persoas acudimos á convocatoria de Precarias en Loita para reivindicar o Dereito Social ao Transporte, na Porta do Sol de Vigo.

Iniciouse o acto lendo o manifesto da campaña ( http://galiza.indymedia.org/pt/2007/12/13490.shtml) e berrando lemas reivindicando a gratuidade do transporte, ao mesmo tempo dúas compañeiras encaramáronse ao teito do posto informativo que Vitrasa (empresa concesionaria do bus urbano de Vigo) ten no comezo da rúa Policarpo Sanz, alí colgaron unha faixa reclamando a gratuidade do transporte, así como varios cartaces A2 co logo da campaña.

Boa parte das precarias acudiron ao acto con piruletas con lemas contra o AVE, polo carril bici, contra Vitrasa, ou pola gratuidade do transporte; pola súa parte as compañeiras de OAR levaban unhas bandeiras contra a Autovía de Redondela, e montaron una mesa informativa no comezo da rúa Príncipe para seguir recopilando alegacións contra a brutal agresión que supón ese proxecto, ademais de berrar lemas e consignas a xente de Xogo Descuberto acompañou o acto coa súa música.

Unha vez que a xente se repartiu entre Príncipe, Policarpo Sanz e o Posto de Vitrasa, dous grupos marcharon polas paradas para colar cartaces da campaña nas marquesinas e nos autobuses, así como para informar das nosas reivindicacións á xente que subía aos mesmos.

Pasadas as seis da tarde regresaron as compañeiras que foron de pegada e as que permanecían no teito do posto informativo baixaron, encamiñámonos entón cos nosos lemas e a nosa música cara á moi próxima praza da Princesa, onde limos de novo o manifesto, e permanecimos alí colando cartaces a tódolos buses que pasaron ata as sete menos vinte da tarde.

Durante o acto repartimos catrocentos panfletos, colamos oitenta cartaces nos buses, así como varios centos de pegatas polas paradas, bancos, paredes, etc.

Sen ningún tipo de incidente e cunha boa acollida por parte das usuarias do transporte público, rematamos este acto de inicio de campaña.


Precarias en Loita, 23.12.2007 (Id: 9786)



encolando





andresrguez, 24.12.2007 (Id: 9788)

Aínda menos mal, que o concello paroulle os pés os senhores de kutrasa e non subiron as tarifas a 1,20 xa que kutrasa decía que ca suba que se puxo ó final tiñan moitas perdas.

En fin, o que pasa nesta cidade é que a kutrasa deuselle moitos beneficios, e como teñen a concesión, pois fan o que queren xa que non hai outras compañías que se queren meter no negocio...

O que tiñan que facerlle os xubilados é poñerlles un pequeno canon, de 10 ou 20 céntimos cada vez que collen o bus, xa que moitos póñense a viaxar de balde facendo turismo ou pillando o bus para baixarse na seguinte.




Dani, 24.12.2007 (Id: 9789)

Tes que ter en conta, Andres, que as persoas maiores pola súa idade moitas veces non poden realizar os traxectos andando que facemos nós, que somos xoves, e o feito de que moitas delas cobren pensións minimas é outro aliciente para que lles salga de balde o transporte, algo que como din os de precarias en loita debia ser gratis para todos. Oxala...

Pd: Por certo, moi guapa a acción.





precarias, 24.12.2007 (Id: 9792)







Máis fotos





precarias, 24.12.2007 (Id: 9793)

anuncio precario móvil
anuncio precario móvil
cocheiras
cocheiras
cocheiras2
cocheiras2

Máis fotos e colando nas cocheiras de Vitrasa