Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Vigo: Máis control e Menos liberdades
GAS , 26.12.2007, (Id: 13663)
Tras anos de darlle voltas, o Concello de Vigo parece decidido a contentar á Asociación de Comerciantes da rúa do Príncipe e poñer cámaras de videovixilancia.

Scanner Darkly
Scanner Darkly

O desenvolvemento da nosa cidade segue adentrándonos en futuros/presentes xa soñados nos pesadelos de ciencia ficción de Philip k. Dick co departamento de Precrime en Minority Report ou da sociedade controlada permanentemente por TV de 1984.

Aliviadas de que finalmente a Policía Local non obtivese permiso para usar as perigosas pistolas eléctricas, enfrontámonos agora a unha nova ameaza, tras anos de tentalo, a Asociación de Comerciantes do pretendido Centro Comercial Aberto da rúa Príncipe ten agora vía libre para facer videovixilancia sobre todas as persoas que pasamos ou paseamos por alí. As comerciantes porán os aparellos e a policía local nos vixiará, unha perfecta simbiose entre represión e protección dos intereses económicos dunhas poucas (pero que representan moito, falando en euros).

Imponse o principio, de novo tan en boga na sociedade moderna, de que a seguridade está por riba das liberdades. Por suposto, a seguridade desa pretendida “zona nobre” da cidade, que se quere turística, museificada e carente de vida (humana) propia, onde só son benvidas as turistas, consumidoras e clientas, para que gozen dos escaparates e do ocio comercial, onde a mellor comunicación sexa a da tarxeta de crédito.

As sospeitosas vendedoras ambulantes, en permanente conflito existencial coa Policía Municipal, e as habituais cabezas de turco que poñemos en cuestión a imaxe creada pola televisón de poboación democrática e de cidadanía moderna, debemos ser controladas e monitorizadas en todas as nosas actividades e movementos cando entramos nesas zonas.

A modernidade camiña cara a un urbanismo baseado na paranoia permanente. Precisa muros máis grandes, cámaras en todas as esquinas, máis policías (privadas, locais, rexionais, nacionais, europeas) e, en xeral, sistemas cada vez máis sofisticados de alarmas, seguridade, etc. A xente vive asustada, engaiolada, nas súas casa/pisos caixa forte e desprázase noutras caixas de metal a maior velocidade posíbel e illadas fisicamente dos “outros” (masa indefinida, rival polo espazo urbano e ameazante por descoñecida).
En defensa da súa opulencia cortan rúas, as urbanizacións fanse co paso restrinxido, os xardíns gárdanse baixo chave e poñen cámaras, moitas cámaras.

Constrúense cidades e realidades fundadas no artificial e no consumo masificado que reproducen o tipo de persoa obediente, materialista, solitaria e egoísta que o sistema necesita e quere crear. Sen lugares onde a xente poida atoparse, relacionarse, comunicarse ou asociarse para algo que se saia do guión, onde se cuestionen os seus planos do que é unha cidade moderna ou onde se lembre o pasado recente do que foron as relacións humanas.

É necesario facerlle fronte a estes permanentes cambios sociais fundados na invasión das novas tecnoloxías, na mercantilización de todos os aspectos da nosa vida e cos grandes medios de comunicación sensacionalista, corruptos e manipuladores coma únicos creadores de opinión e difusores de coñecementos. Estes medios tentan substituír as verdadeiras relacións humanas cada vez máis dificultadas polo ritmo frenético imposto na nosa existencia.

O espazo urbano só pode usarse para consumir (cousas, servizos ou lecer) pero todo perfectamente preaprobado, nos lugares que corresponde, manufacturado, empaquetado e mastigado.

Nós reivindicamos a cidade e, especialmente, as rúas peonais ou as prazas como espazos libres, verdadeiros espazos públicos onde ficar á marxe do consumo e do espectáculo do sistema, onde os seres humanos poidamos atoparnos, permanecer fronte á imposición capitalista do desprazamento continuo, onde poidamos expresarnos política e artisticamente, ou atopar formas de ocio á marxe da oferta oficial e comercial.

Non recoñecemos a rúa do Príncipe como centro comercial aberto, nin aceptamos que se nos someta a vixilancia permanente con cámaras ou outros medios.

Rebelámonos contra este sistema sen ética que non deixa de crear leis para violar os nosos dereitos individuais, para perseguir as opinións e as conciencias ou exercer un control absoluto sobre as nosas vidas e desexos.

Sectores enteiros da poboación somos considerados delincuentes potenciais: xente nova, radicais, inmigrantes, precarias, mendigas, toxicómanas, minorías relixiosas,...

Apoiados pola histeria que crean os medios de comunicación, os gobernos crean a ilusión de que as propias víctimas da represión piden máis policía, máis cárceres e máis man dura.

En última instancia, toda persoa entra agora na categoría de “Sospeitosa”.

G.A.S.