A realidade oculta do empório de Amancio Ortega
Novas da Galiza
,
03.01.2008, (Id: 13736)
Em pouco mais de trinta anos, Amancio Ortega Gaona conseguiu vir a ser o maior milionário do Estado através da rede empresarial da Inditex. Este enriquecimento meteórico é um fenómeno inusitado no sector têxtil.
Capa do Novas da Galiza 61
Nom todo calha bem na vertiginosa ascensom de Amancio Ortega. Em pouco mais de 30 anos conseguiu ser o maior milionário do Estado, tendo aberto já 3.600 lojas em mais de 60 países. Este fenómeno só consegue entender-se a partir de umha calculada exploraçom massiva, do facto de beneficiar de fortes injecçons de capital para o crescimento e de contar com umha afinada maquinaria empresarial ao seu serviço. No entanto, permanecem sem esclarecer numerosas qüestons à volta da sua acumulaçom de dinheiro. Desvendamos alguns elementos para a análise com o fim de explicar os porquês da omnipotência desta personagem. Introduzimo-nos na rede empresarial e jurídica de Ortega, umha figura que se tornou intocável para o poder e permanece blindada perante a opiniom pública.
este,
05.01.2008 (Id: 9874)
por favor, se queredes facer publicidade do voso negocinho pagadea, non usedes o indy
mmm...,
06.01.2008 (Id: 9880)
Nom sei se o novas é exactamente um negócio... Tem demostrado ser um jornal suficentemente imparcial como para nom merecer-se esse comentário. Creio eu, vaia.
este ,
06.01.2008 (Id: 9882)
imparcialidade?¿?¿?¿?¿
galega,
07.01.2008 (Id: 9884)
non deixo de sorprenderme, cada día que visito o indy quedo coa boca aberta. Non fagades caso aos ininigos do noso país que en ocasións aqui escriben. Só pedir que manteñades unha mínima educación, porque se nos poñevos a valorar... non sei como quedarían as cousas
Adiante co Novas da Galiza
Compromiso coa independencia
Gusanito,
07.01.2008 (Id: 9885)
Pois non coñezo ó novas o suficiente para saber ata que punto é un negocio lucrativo ou non. O que si que sei que grazas a Amancio Ortega e ó seu seu séquito de explotadores (galegos algúns deles) podese traballar por un módico salario nos seus talleres como no século pasado ou coma en calquera país de África.
Como se pode ver o desenvolvemento dun Estado Galego independente non garantiza a supresión da explotación do "home polo home". O Nacionalismo Político e o Nacionalismo Cultural camiñan xuntos para inventarse un pasado glorioso (onde uns nobres galegos moi boiños oprimian roubaban e asasinaban a campesiños indefensos que só querían vivir en paz) e un futuro de prestixio (con xuices galegos, policias galegos, cadeas galegas, exército galego con esplotadores galegos e con selección galega).
A creación dunha conciencia nacional e un asunto puramente educacional e baséase na diferienciación e no odio o estranxeiro no noso caso ó espanhol (pobres aqueles fontaneiros de Soria que se levantan tódolos días e teñen que facer 12 horas de traballo para poder levar a casa o pan do sustento). Un é galego, español, chino ou xaponés como é cristiano, xudeu, musulmán. En base a súa educación autoritaria. O interesante sería tira coas cadeas que xeneran as diferencias entre as diferentes familias da humanidade, e deixar que os pobos sexan donos dos seus propios destinos.