galiza.indymedia.org
::fotoreportaxe | cacerolada en defensa da cultura libre::
Olholivre , 19.01.2008, (Id: 13907)
Case 200 persoas participaron do acto de protesta convocado polo komando Anti-SGAE/Acción Cultura Libre.








Nin choiva nin policía desmobilizaron ás case 200 piratas que participaron do acto de protesta convocado polo komando Anti-SGAE/Acción Cultura Libre[ http://antisgae.blogaliza.org/] [ http://www.galiza.indymedia.org/gz/2008/01/13880.shtml].

Durante case duas horas, as convidadas á "noite dos autores" [ http://galiza.indymedia.org/gz/2008/01/13887.shtml] foron recibidas cunha tremenda cacerolada, abucheos e as identidades-performativas de algunhas compas -ramoncín, vampiros, etc.

“Copiar! pegar! poder modificar!!”, “Amancio Ortera copia e pega!!”, “Todos e todas somos creadoras!!”, “Ahí está a cova de Aalíbabá!!”, “Copyleft! cultura libre!!”, “Nos as piratas! vos os ladróns!!"...

Desde o komando sinalan que o acto non ficará como un momento isolado, senón como a primeira posta en escea da relación entre a cidade e a SGAE; o primeiro acto dun novo ciclo de loitas en defensa do común. De feito compañeiras da Radio Kalimera [ http://www.akalimera.org/] estiveron presentes na presentación da que é a nova sede da SGAE no noroeste do Estado español para levar as súas preguntas. Interrogando desde abaixo e á esquerda aos señores feudais:
"700eur. ao ano por familia en concepto de canon, ou o gasto de 10 millóns do erario e a cesión por parte do concello e da USC da finca de Vista Alegre non lles parece excesivo nunha organizaciòn sen animo de lucro?"

***Se desexas colaborar co comando Anti-SGAE pásate polas asembleas: todos os mércores ás 20:00 horas na Casa Encantada (rúa Betanzos nº 35 baixo).