galiza.indymedia.org
Novo ataque aos movementos sociais
Comisión de denuncia-GZ , 23.01.2008, (Id: 13982)

Dende a Comisión de Denuncia de Galiza, temos que dar noticia dun feito especialmente grave, por constituir un nidio exemplo de persecución aos movimentos sociais críticos e autónomos por medio de criminalización dos seus integrantes. Este vez o obxectivo é a asociación PreSOS, integrante da Comisión de Denuncia e o ataque dirixese persoalmente contra un dos seus fundadores.

Na noite do 30 de decembro de 2004, varios axentes axentes da Policia Local de Santiago de Compostela detiveron utilizando a forza fisica dun xeito absolutamente desproporcionado a un cidadán na Rua de San Pedro. Varias persoas foron testigos da desproporcionada actuación policial, entre eles o Presidente da Asociación PreSOS GALIZA ,Fran del Buey.

Fran del Buey tentou por medio de sua intervención mitigar a desproporcionada actuación policial chegando a ser ameazado con ser obxecto de detención, nembargantes manter unha actitude sosegada o representante da asociación PreSOS ca forza policial.

Editoriais anteriores vencelhados: Repressom e disconformidades , Campanha Non lles des os teus datos , Marcha á Lama , Campaña en defensa dos dereitos sociais das persoas presas.


A asociación PreSOS e no seu nome FRAN DEL BUEY presentou denuncia no xulgado de instrucción.Coetaneamente, en virtude do atestado policial, se lle aperturaron dilixencias penais ao cidadán agredido como autor dun delito de danos.

A denuncia interposta por PreSOS determinou a celebración dun xuizo de faltas contra os axentes da policia municipal. O xuizo estivo cheo de irregularidades, chegando a manifestar unha testemuña que o representante de Asociación PreSOS atopabase merodeando momentos antes para roubar nos coches aparcados na Rua de San Pedro, nidia manifestación de incredibilidade desta declaración.

Como é habitual nas interpostas contra integrantes de forzas policiais a denuncia de PreSOS rematou con sentencia absolutoria para os policias. Como resposta a esta actuación de defensa frente aos abusos policiais, a policia do Concello de Santiago pretende devolver o golpe e presenta unha querela contra o presidente da asociación de preSOS,imputando un delicto de Denuncia falsa do art 456.1.2 do CP, coa imposición dunha multa de 16 meses con cuota diaria de 12 euros e de Falso testimonio do art 458 do CP. coa imposición dunha pena dun ano de prisión e multa de 4 meses a cuota diaria de 12 euros, ousexa 1440 €.

Mas, sumado ao ataque persoal, a meirande gravedade destes feitos deriva de que se pretende, por medio da criminalización dos seus activistas, a neutralización dunha asociación que leva 20 anos traballando na defensa dos dereitos fundamentais da persoas, sen vacilar en denunciar ou enfrontarse a calquera administración (tamen ao concello de Santiago) en exercicio das suas finalidades estatutarias. PreSOS e a plataforma de colectivos COMISIÓN DE DENUNCIA son organizacións autoxestionarias, que non dependen de subvencións nen recoñecen fidelidades ou instruccións externas e porén, a forma de facelas calar non é senon utilizar o sistema represivo que teñen criticado ambas entidades de forma tenaz.

Lembramos hoxe a cita de Martin Niemoeller: primeiro viñeron buscar aos comunistas e eu non falei porque no era comunista; Despois, viñeron polos socialistas e polos sindicalistas ,e eu non falei porque non era non o un nen o outro. Despois viñeros polos xudeos, e eu non falei porque non era xudeo. Despois viñeron por min y para enton xa non quedaba ninguen que poidera falar por mi.

Dende a Comisión de Denuncia non estamos dispostos a esperar que mañá o obxectivo represivo sexa outr@ disidente diferente ao noso compañeiro. Esperamos que vos tampouco.


a kalimera, 24.01.2008 (Id: 9979)

AudioK - Denuncia contra Fran preSOS ( em ogg ) -
>

Lá vai o audio da kalimera com a leitura do Comunicado, para espalhar polas ondas....