5ª Crònica. Fuga Em Rede. Dende Mèxico.
Fuga Em Rede
,
24.01.2008, (Id: 13985)
cronica 5 brigadas de observacion terra e territorio
Ya basta.
un chamaco duns cinco anos caminha polo patio
do centro politico cultural tierradentro cargando no seu reboso
ao seu irman chiquito entre sones jarochos ao vivo
e tendas indixenas e zapatistas e menus compas e vexetariano
e un chingo de internacionais e activistas coas suas computadoras
a poucos metros dos chamacos no lokal de capise
preparan brigadas de observacion tierra y territorio
cecais á afastada comunidade onde eles non puderon nacer
caminhamos cara o espertar hacia un novo amencer. pisamos por segunda vez
o caracol III. xa o anunciaran, o 1 de xaneiro todo volve á normalidade. a
garrucha recibenos cuase deserta, ausente do bulhicio das perto de 3000
que nos encontraramos. nomás restan daquela algunhas coloristas pancartas
e unha ramona tamanho xigante
a catro horas de redila, no municipio autonomo de san manuel, quince
familias resisten un novo amencer
a comunidade mide o tempo en compás de 3 x 8. 8 horas de trabalho, 8 de
descanso e 8 de lecer. a armonia campesinha erguese co sol e descansa ao
levantarse a lua. suma saudable do tempo vital
manuel ten 20 anos. dende fai 2 é promotor de saude da sua comunidade.
compaxina o trabalho na milpa cas campanhas de vacinacion á rapazada da
aldea, por 15 dias un mes si e un mes non. fai seguemento da saude das
mulheres durante o embarazo e tralo parto e atende casos de desnutricion,
gripa, diarreas, tos, calentura... frecuentes na selva chiapaneca. pola
selva chiapaneca caminha 2 horas ata a microclinica zapatista a mercar
mencinhas. fai o seu trabalho en pura conciencia
mario é medio hombresito. escoita atento a platica e agarda sentado cando
ésta remata. omar tamen, agochado nas sombras dos bancos da igrexa, a casa
das brigadistas na comuniade. fala a media voz co seu irmao, como se
fosemos quen de entender o seu falar tzeltal. mario di que o meu
cabalo-debuxo non é tal. rinse. rin moito. tralo libro, omar afirma que é
un burro. mario vainos regalar un cabalo de verdade. non temos tempo de
cabalgar no seu cabalo branco. entre cabalos e pitos en papel pasa a nosa
ultima noite na comunidade. mesmo debuxan unha casa chingona: de puro
bloque pues. mesmo nestas terras cemento e a lamina estanlhe ganhando a
batalha ao adobe, a palla e a madeira
con madeira e nailon arranxaron os compas a letrina das brigadistas. de
madeira e nailon construiron os compas unha ducha para brigadistas. as
brigadistas limpanse entre fumes delicados mentras delicadas risas
indixenas corretean nerviosas tras longas melenas trenzadas con delicado
esmero antes de atravesar o campo co caldeiro da auga para ferver o milho
das delicadas tortilhas feitas ao lume no comal. no comal, as mulheres fan
as delicadas tortilhas co milho da milpa colectiva
a milpa trabalhase en colectivo e colectivamente defendese. en colectivo
caminhan, nunca na noite, por si los agarran pues. agarrar, agarranse e
agarran a terra. o inimigo berra ameazas. un meninho da cor da terra
berralhe a vida. na noite, corre mario trala nosa redila
bolon ajaw comunidade de bases de apoio zapatista
no caracol de morelia entre ocosingo e palenque
tzeltales chegados de varias comunidades a mais de duas horas
47 familias que tomaran posesion destas terras no ano 2001
339 hectareas tomadas prestadas a este bosque subtropical
deste lado do rio son tamen tzeltales zapatistas priistas ou opddiqueros
do outro lado tamen divididxs indixenas choles
aldea bolon ajaw no caracol de morelia
xunto ao rio de auga azul entre fervenza e fervenza
son tzeltales zapatistas campesinxs chiapanecos
que buscan autonomia entre acosos do goberno
á comunidade chega un grupo internacional
para observar os dereitos que se seguen a pisar
dezanove camionetas de milikos no crucero
estes compas coas guardias seguirán vencendo ao medo
aldea bolon ajaw de tzeltales zapatistas
xunto ao rio de auga azul construindo autonomia
unha galinha zapatista ten catorce pitos e un guajolote adoptado
no mencer un galo canta lonxe e outro agora mais perto
un terceiro xa na porta da nosa choza
un colibrí de flor en flor de pola en pola de arbore en arbore o colibrí
un chamaco co seu machete nun dedo fixo un corte
os dias que o tivo medio vendado ao chegar a nos
erguia o dedo e decia machete machete
o flaco can pede comida cos seus olhos pero o pito do guajolote
xa da un brinco ao banco e picache a tortilha
nunha hamaca feita polas presas pasamos as noites de bolon
a lua medrando sonhos entre o penal e as estrelas
rio de auga azul rapidos e fervenzas
a milpa e o cacao o colibrí e a ceiba
rio de auga azul o machete e a selva
e priistas co turismo estragando a reserva
rio de auga azul ocupación de terras
son pobres zapatistas fuxindo da miseria
rio de auga azul no quer manchas bermelhas
que son mayas irmans no medio dunha guerra
as tan diferentes linguas non nos separan non
a falta do significado das palabras dalhe unha nova dimension
as olhadas os sorrisos e outros xestos
as mans asperas ou suaves eses dedos quentes eses dedos frios
e a musica das incomprensibles palabras
ocolagual compas ocolagual
comunidades zapatistas 20-1-08
+,
24.01.2008 (Id: 9975)
imagens
un,
24.01.2008 (Id: 9983)
E gratificante ver a traves das vosas fugas relatadas a realidade dunha comuna realmente autónoma, viva en resitencia contra o establecido por arriba, abrindo camiño o andar.
Adiante e saude!