Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)

Nunca Máis

fugaemrede.info

Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Erva denuncia o proxecto do lago das Pontes como tapadeira dos verquidos da futura ENCE
Grupo Ecoloxista Erva , 24.01.2008, (Id: 13990)
O grupo ecoloxista Erva considera que o proxecto de facer un lago nas Pontes respode á vontade do bipartido de levar ENCE para este concello, perpetuando un modelo forestal e industrial de corte colonialista e claramente perxudicial para o país.
ERVA CALIFICA DE DESPROPÓSITO E ESTAFA AMBIENTAL O PROXECTO DO LAGO ARTIFICIAL DAS PONTES

Ante as novas aparecidas recentemente nos medios de comunicación referidas ao peche da mina de lignito das Pontes e á inminente execución do proxecto de criación do lago artificial que cobriría a antiga mina, o grupo ecoloxista ERVA quere manifestar o seu rotundo rexeitamento ao citado proxecto, nas condicións actuais nas que se encontra a mina.

O presente proxecto de criación do lago adoece de importantes eivas técnicas e non se lle deu solución a condicionantes ambientais existentes de grande transcendéncia. Estas cuestións, de non se resolver antes de iniciar o asulagamento da mina, van impedir a medio prazo o uso recreativo do lago. Estes lastres e condicionantes son:


- A imposibilidade de “selar” ou desactivar os frentes do mineral e os depósitos de lignito non extraídos pola sua escasa rendibilidade económica, así como as ladeiras ácidas ou hiperácidas que permanecerán asulagadas en ambientes non anóxicos (ata 8-10 metros de profundidade). Isto provocará a paulatina acidificación do lago, de maneira que o periodo real de vixéncia das actividades recreativas proxectadas será mui breve. A partir dese período serán necesários labores de reparación de grande custo económico, que implicarían o vaciado parcial do lago.

- Segundo o proxecto, o control das aguas de escorrentía das zonas ácidas e hiperácidas non asulagadas implicará o mantimento dunha canle de recollida de aguas para o seu traslado a outro lago de aguas ácidas non apto para actividades recreativas. A existéncia deste lago e desta canle introducen factores de risco a medio prazo (desprendimentos, bloqueos da canle, fugas de aguas ácidas, etc.) que reforzarían a probabilidade de acidificación do lago destinado a usos recreativos.

- Os prazos de tempo barallados para encher de agua a mina (4-5 anos) implican detraer do río Eume un caudal que non garantiría o mantimento das condicións ecolóxicas do próprio rio aguas abaixo do lago, o cal suporía un impacto de enorme gravidade sobre a fauna e a flora ribeiriña durante o periodo de formación do lago.


Precisamente, a insisténcia en abordar o proxecto de forma inminente e dispoñer do lago en 4-5 anos fai pensar que a Consellería de Medio Ambiente o que realmente pretende é favorecer o traslado da celulosa de ENCE a As Pontes, tal como adiantaba algún medio de comunicación. A existéncia deste lago a partir do ano 2013 permitiría á multinacional forestal contar cun grande caudal de agua onde diluir os seus verquidos, puidendo iniciar o seu traslado nesta lexislatura e comezar a producir na nova ubicación a partir dese mesmo ano 2013. Por iso, resulta lamentável que se condicionen os ritmos de recuperación ambiental da mina das Pontes aos intereses doutra das empresas máis contaminantes de Galiza.

Tlfno. de contacto: 630-690869
Pedro Alonso. Portavoz de ERVA. Responsábel da Comisión de Política Forestal
- Caixa dos correios:: ervacomp@aeiou.pt