Quen violase o meu vagina daqueles días que deixo de sangrar?
Quen vulnerase a miña intimidade?
Recordo que alguén subiu á lúa e as viaxes de ida e volta á Europa despenalizada.
A soidade e a incerteza do que incumbe ao xénero do non desexado.
As voltas dunha mente só feminina que non está para criar.
Eu tamén abortei, tantas veces que deixe de contar.
Contar mulleres de idades adolescentes e menopáusicas,salas de espera onde se dan cita decisións dolorosas,para seguir coa vida que nos espera ao cruzar a porta do que nos quitan.
Aborto todos os días, nas viñetas de Mafalda, por non poder parar o mundo e apearme desta farsa globalizada.
Aborto como dereito e digo se á vida que roxe e tira murallas.
Aborto e ábrome de pernas para expulsar guerras,desterrar invasións e desaloxar economías bolsistas,que nos enajenan de liberdades humanas.
Eu tamén abortei de embarazos non desexados en clínicas abortistas, victima de tantas violacións, tantas veces, que deixe de contar.
LQSomos. Turón Val. Xaneiro 2008
http://www.loquesomos.org/lacalle/losotrosyyo/Tantasveces.htm