Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)
Nunca Máis
Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
MANIFESTO-CONVOCATORIA DE GALIZA NOM SE VENDE
AGRUPAÇOM DE MONTANHA AUGAS LIMPAS , 05.02.2008, (Id: 14136)
A Agrupaçom de Montanha Augas Limpas esta a trabalhar, junto com outros colectivos ecologistas e de defesa da terra da "Rede Galiza nom se vende", na manifestaçom contra a destruçom do territorio do 17 de fevereiro em Compostela. Recolhemos aquí o manifesto:

Galiza nom se vende
Galiza nom se vende



CONVOCATORIA CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO
Manifestación en Santiago de Compostela o 17 de febreiro ás 12 h.

Galiza no ano 2008:

Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza.

O litoral galego está a sufrir un proceso especulativo de urbanización e privatización sen precedentes que destrúe a paisaxe e dana irreversiblemente os seus recursos pesqueiros e marisqueiros. A artificialización da costa e a continua construción de recheos (que, as máis das veces, constitúen terreo de balde para empresas que nada teñen que ver co mar), únense a uns niveis de contaminación nunca ata agora rexistrados nas nosas rías e a un Plan de Portos Deportivos absurdo que pretende crear en Galiza máis amarres que os que ten todo o longo litoral oeste de Italia, multiplicando por catro os que existen en Francia por cada quilómetro de costa: Privatización do que é de todos para disfrute e negocio duns poucos.

A esa desfeita temos que unir un Plan Acuícola devastador que significa a destrución de centos de hectáreas das zonas mellor conservadas do noso litoral para a construción de múltiples e enormes piscifactorías, para proveito de dúas empresas transnacionais.

Os nosos ríos viven un proceso de degradación e sobre explotación hidroeléctrica que se suma ao abandono total do rural e dos montes: eucalipto e lume. Estes últimos son ademais víctimas dun desaforado Plano Eólico que non ten en conta áreas de alto valor ecolóxico nin mesmo protexidas.

Por outra banda en Galiza temos dúas das centrais térmicas máis contaminantes de Europa e exportamos máis do 40% da enerxía eléctrica que aquí se produce.

Todos estes Plans (piscifactorías, portos deportivos ou parques eólicos indiscriminados), non significan ningunha mellora para a cidadanía. Xeran un número ridículo de postos de traballo e a riqueza que producen vai parar só aos petos das grandes empresas, dos grandes capitais, sen repercutir practicamente nada no tecido económico e social do país. Pero si destrúen, degradan e usurpan o que é de todas e todos nós: o medio ambiente, os recursos naturais, a paisaxe e o territorio.

Outro destes Plans da Xunta, o da Minaría, é un triste modelo de espoliación do territorio. Significa a destrución dun dos nosos tesouros naturais máis valiosos e queridos, un tesouro que chegara intacto ata nós: A Serra do Courel. Pero tamén a Terra Cha e moitas outras comarcas de Galiza sufrirán as súas consecuencias.

Un rosario de industrias perigosas segue a espallarse polo país.
Reganosa, na Ría do Ferrol, é un exemplo paradigmático de temeridade, irresponsabilidade e desprezo pola cidadanía. Ence segue, ano tras ano, contaminando gravemente a Ría de Pontevedra. O proxecto de Parque de Residuos no Ribeiro sinala o rumbo polo que nos queren levar. E a lista podería seguir e seguir. Beneficios para uns poucos e inseguridade, lixo e destrución para tod@s.

O modelo de transporte e de mobilidade que se está a perpetuar e fomentar é o do vehículo privado diante dun transporte público actualmente misérrimo. A construción de autovías e vías de alta capacidade supón un forte impacto no territorio e o uso do automóbil privado máis emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.

Quen vexa o ridículo mapa dos ferrocarrís de Galiza saberá do que estamos falando: Catro raias mal trazadas constitúen toda a nosa “rede ferroviaria”. Lonxe de tentar remedialo, agora queren vendernos (como abelorios aos indios) o AVE como solución. Un negocio tamén destrutor do territorio, elitista, enerxeticamente insustentábel e que de ningún modo solucionará o problema da vertebración do país.

Por se todo isto fora pouco, os Concellos das nosas vilas e cidades andan a debuxar Plans Xerais de Ordenación que, lonxe de pretender mellorar a calidade de vida da cidadanía, consisten en ver quen constrúe máis. Un alarde de urbanismo salvaxe que na maioría dos casos pretende duplicar, senón máis, o número de habitantes nun prazo de dez ou quince anos. Pouco ou nada se fala neses planos de servizos, transporte público, carril bici, depuradoras... Construír e destruír a contorna rural é o lema, atendendo a non se sabe que absurda previsión de crecemento demográfico.

Coa coartada da ampliación da Rede Natura 2000 baleirouse de contido todo o sistema anterior de espazos protexidos. Así, e só na provincia de Pontevedra, máis de 20.000 hectáreas de solo perderon toda a protección anterior. O patrimonio histórico, os nosos petroglifos, mámoas e monumentos líticos son presa da destrución máis feroz.

A legalidade urbanística e medioambiental é sistematica e impunemente vulnerada coa complicidade das distintas administracións, cando non pola súa propia actuación e iniciativa. O país reborda de obras, actuacións e proxectos ilegais protexidos e bendicidos polos nosos gobernantes. As sentencias firmes de derrubo, mesmo as do Tribunal Supremo, nunca son executadas, aumentando a sensación de impunidade de uns e a de burla e desprezo á cidadanía.

E que dicir da clase política: Silenciosos, cómplices e coautores da catástrofe. Uns e outros, todos eles, préganse como nunca á avaricia dos grandes intereses económicos que subvencionan aos seus partidos e subornan as ideas que din representar. Por iso, coa voz dos seus amos, pretenden enganarnos con palabras como progreso, desenrolo, crecemento... engadindo sempre, como unha xaculatoria hipócrita, a palabra “sostible”. En realidade o crecemento é só para aqueles que lles pagan. Os recursos de Galiza (e os do planeta) son limitados, e esta carreira de depredación e espolio é un camiño que non leva a ningures. Ou que leva só a hipotecar o futuro dos nosos fillos e á miseria das próximas xeracións.

Quedamos só nós, as cidadás e os cidadáns, para defender unha vez máis esta Terra da desfeita programada. Temos que recuperar o espírito das vellas xestas para amosar que aínda mantemos intacta a dignidade de pobo que non quere morrer.

Hoxe, máis que nunca, Galiza precisa de ti, da túa voz e da túa forza.
Xuntos e firmes estaremos o 17 de febreiro en Compostela para defender a nosa paisaxe, a nosa natureza, a nosa identidade e a nosa forma de vida. Xuntos e firmes, baixo o sol ou baixo a chuvia, será un domingo radiante de esperanza para a terra dos nosos pais e dos nosos fillos, para a vida futura e, por que non dicilo tamén, para o noso ameazado planeta.

GALIZA NON SE VENDE


- Caixa dos correios:: linguaesociedade@yahoo.es