Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)
Nunca Máis
Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
Affaire San Gil: mais unha alucinación colectiva
magusto , 18.02.2008, (Id: 14334)
Cando unhas imaxes televisivas nas que claramente uns mallan noutros e non outros nos uns, e a maquinaria meiática consegue inducir a unha alucinación colectiva na que se incrimina aos estudantes e se parabeniza aos agresores, o único que nos queda é recoñecer que triunfa un modelo que realmente postula guerra como paz, a liberdade como escravitude e a ignorancia como forza.
Certos individuos, columnistas, opinadores públicos, todólogos, xornalistas da demagoxia, políticos en plena campaña e autoridades político-empresariais teñen tratado o tema do incidente San Gil con pouco rigor e de maneira parcial e interesada. Iniciaran un proceso público de descrédito e criminalización dunha serie de estudantes en base a uns presupostos que se demostraron falsos e empaquetados informativamente de maneira falaz e servil a un interese subrepticio.

A continuación observaremos a secuencia dos feitos e daremos alguhas interpretacións sobre o acontecido:

1) Organízase un recebemento-protesta a María San Gil, política (“persoa pública”) do PP que, por esa condición, representa a un partido político. Teñamos en conta que nos atopamos en plena campaña eleitoral.

2) O dereito de expresión ampara a crítica e a discrepancia e lexitímaa, e esta pode exercerse a través de medios escritos, orais ou, cando se fai de forma colectiva, mediante unha protesta.

3) Esta terceira vía de protesta, o "recebemento" a unha institución ou un representante público que acude a un acto público (que non privado, sutil diferenza) é relativamente común. Semanalmente hai mobilizacións de sindicatos que acuden a protestar diante de ministros e conselleiros (mariscadores da ría do burgo, defensa da ría, non á planta de gas, prestige..); de colectivos cidadáns que cren vulneradas as súas liberdades e/ou dereitos; mesmo aficcionados deportivos que presentan publicamente a súa queixa mediante faixas e asubíos etc.

Significativamente, moitas manifestacións rematan diante de delegacións do goberno, concellos, delegacións de consellarías e diferentes poderes públicos (o elemento “antagonista” do protesto) para amostrar a súa queixa perante calquera cuestión.

4) Ninguén se pode amparar na xustiza para ilegalizar unha marcha de protesto ou unha concentración, pois conculca os dereitos das persoas. De forma excepcional a xurisprudencia contempla o impedir marchas e concentracións cando se presupoña de antemán que poden atentar contra os dereitos de outras persoas, mais isto está suxeito á interpretación e moitas veces á arbitariedade do poder político de turno cando intenta calar aos discrepantes. Por tanto o equilibrio é difícil e suxeito á parcialidade por poder.

3) Chegado este ponto, o único que podemos soster é que a convocatoria á chegada de María San Gil, sen deternos nas razóns que a impulsaran, non é nada novo. Repítese semana tras semana, por veces créanse situacións de tensionamento, mais nunca fóra tan sacado de quicio como esta ocasión. Os mesmos que condenan este protesto teñen realizado recebementos ou pitadas similares noutras ocasións. A mesma María San Gil interrompeu plenos municipais en alomenos dúas ocasións. Militantes do PP teñen apupado a Zapatero en determinados actos. E volvendo atrás, recapitulemos e pensemos na época do Prestige, en Galiemprego, as folgas sindicais cos piquetes etc etc. O recibimento mais ou menos hostil é , pois un “clásico” da protesta con antecedentes que nos levarían cando menos cen anos atrás no noso país.

4) A non ser que pretendamos desmantelar o estado de dereito (se realmente existiu algunha vez) e derogar os dereitos de libre reunión, expresión, crítica etc, este tipo de protestos non poden ser proibidos nen limitados, e forman parte do difícil equilibrio que supón o exercicio dos dereitos e liberdades.

5) A tensión pode dar lugar, claro está, a incidentes, e iso tamén ocorre con certa asiduidade, as moitas veces provocados polas propias forzas represivas cando intentan limitar os movementos dunha masa de manifestantes e/ou concentrados. Forma parte da violencia lexítima do estado, exercida moitas veces de maneira arbitraria e mesmo criminalizadora, parcial e inxustificada.

6) Vendo como, por tanto, un "recebemento" pouco cordial é algo común , resulta intrigante a forma na que se pretende criminalizar a un grupo de estudantes no triste episodio que deu lugar a toda esta agria polémica. A "opinión-pública" (denominamos así aos conglomerados político-empresariais que conforman a maneira de pensar das masas) determinou que, neste caso, había una situación extremamente violenta, baixo a calificación de "agresión", e que por tanto, a diferenza de outras concentracións críticas e pitadas, era censurable, ilegal, inmoral e susceptible de ser perseguida polas autoridades xudiciais.

7) A prensa estableceu que os responsables dunha situación de violencia plasmada polas cámaras como unha situación de enfrontamento de dous bandos eran os estudantes. Precisamente o colectivo con menor capacidade de reposta mediática e sen cobertura real da "violencia lexítima" que se supón ampara aos policías e gasda-costas oficiais que acompañaban a San Gil.

8)Cómpre sinalar, tal e como vemos claramente no vídeo (1) –retirados dos meios-, que a comitiva entra na faculdade sen problemas e que unha vez dentro un estudante se aproxima a San Gil lentamente (presumíbelmente interrogando a súa presenza na faculdade) despois do cal é guindado ao chao polos escoltas. Aí empeza a situación violenta, o resto de concentrados permanecían en segunda liña , mais ao ver que o seu compañeiro era agredido achegáronse , logo do cual comeza a trifulca onde se cruzan descalificacións (a prensa silencia os insultos da escolta, chamando "zorras" a rapazas, maricón a un mozo, etc etc) e en cambio subliña os dos estudantes (fascista, etc).

1.  http://br.youtube.com/watch?v=nwXg4djDONs&feature=related

8) Os axentes da "violencia-lexítima" levaban porras estensíbeis, algo proibido nunha universidade. Con elas e valéndose de chaves de karate, puñadas, patadas nos testículos, bofetadas, e todos aqueles procedementos de reducción nos que están adestrados, comezaron a agreder indiscriminadamente aos estudantes sen calquera limitación e de maneira arbitraria, e mesmo exhibindo indisimuladamente armas de fogo. Deixan varias mozas magulladas.

9) Mais todo aponta a que en nengún momento San Gil fora obxecto de nengunha agresión mais alá dos apupos verbais dos concentrados, nen que potencialmente puidese telo sido. Mesmo é dificil que ela temese polo seu perigo (proba diso é o aberto sorriso que se percebe na súa cara nas fotografías tomadas durante o incidente, despois do cal deu a súa conferencia(2).

2)  http://www.publico.es/resources/archivos/2008/2/12/1202830524838san-gil-detdn.jpg

11) O único que se saca en claro observando detidamente as imaxes (que como toda filmación está suxeita á subxectividade do camera-man e ás circunstancias da gravación) é que :
a) Os estudantes son os inicial e continuadamente agredidos con violencia.
b) María San Gil non corría nengúna perigo que xustificase ese proceder por parte da escolta, que no lugar de dirixirse ao salón do 1º piso no cal ía ser dada a conferencia presionou cara a esquerda do Hall (como podía ser iso posíbel se se tiñan que dirixir precisamente cara o outro lado?). Por tanto:
c) A prensa falseou interesadamente o sucedido con fins políticos e alentou un proceso xudiciario que, de non ter feito acto de presenza esta maquinaria de "opinión-pública" nunca se tería iniciado.

11) A conclusión que podemos tirar en claro é que hai un interese claro en sacar réditos político-eleitorais mediante a criminalización de colectivos que resultan incómodos para o estado e certos conglomerados político-empresariais. Iníciase un proceso a partir dunha situación na que se acusa públicamente a un grupo de estudantes que inicialmente foran agredidos.

12) Sobre os motivos para concentrarse contra María San Gil no acto eleitoral camuflado de conferencia que ía ter lugar nesa facultade non nos imos parar. Serían en todo caso lexitimos aínda que non concordasemos con eles, amparados nos dereitos de libre reunión e de expresión. Calquera de nós estima que unha agresión física durante o exercicio deste dereito é moralmente execrábel, públicamente condeábel e mesmo susceptíbel de ser denunciado, a non ser que se exerza como defensa, pois neste caso supón un atenuante sempre que se poida considerar proporcionado.

12) Mais neste caso e moi claramente son os denunciados pola fiscalía os que son obxecto das agresións dos escoltas. A propia fiscalía actúa de oficio, algo sorpredente e só críbel na medida do poder da organización político-empresarial da interesada, con notábies influencias na xudicatura (directa ou indirectamente) . Isto iníciase logo da calumnia continuada e do proceso extra-xudicial promocionado desde certos meios de comunicación en plena época eleitoral.

13) Todo nos leva a barallar un cúmulo de factores na apertura deste proceso que incluíu detencións arbitarias (só se imputan 8 dos máis de 20 concentrados, só se citan unhas siglas que representan ao sumo a 3 dos implicados no incidente...), identificacións, declaracións perante xuíz, acusación de atentado, inxurias...). Un suceso que protagonizou decenas de columnas de opinion, apertura de noticiarios...

Poderíamolos resumir en :

a) Interese da multinacional político-empresarial "PP" e meios afíns en acusar ao Goberno de inacción, de ruptura nacional e de pacto con "extremistas".

b) Interese da multinacional político-empresarial "PSOE" e meios afíns de defenderse destas acusacións e apresentarse, logo do fracaso das negociacións con ETA como unha maquinaria eficaz no combate contra o radicalismo e un difuso e presunto novo "terrorismo".

c) Interese mutuo dos poderes españois en reprimir calquera deriva secesionista que se poida producir en Galiza, violentando e "cortando de raíz" os intentos das opcións independentistas por construír espazos própios.

d) Interese global, sistémico, por criminalizar calquera tipo de disidencia/crítica por parte dos discordantes co obxectivo de silencialos e limitar o seu medre a base de provocar o medo na sociedade.

e) Enmarcado na actual "guerra global contra o terrorismo" converter as opcións disidentes en "terroristas" ante a opinión pública meiante a acusación de exercemento de violencia e complementariamente reforzando e invisibilizando a acción da violencia-lexítima.

f) Inducir na sociedade determinados patróns de medida e de comportamento tendentes á desmobilización dentro do plan da “pax-social” que propugna a eliminación do antagonismo de clase, nacional e de calisquer outro tipo. Un esquema que nos leva a criminalizar formas de protesto arraigadas e con antecedentes amplos no pasado inmediato e mesmo en decenios moi afastados.

g)Impulso meiático a unha presunta “correción política e persoal” que enmascara esta vontade desmobilizadora e lobotomización colectiva da forma-protesta con contido antagonista que deriva en novas formas de protesta controladas e conducidas polas organizacións político-empresariais que intenten sacar réditos delas (no caso do estado español o binomio PSOE-PP).

h) Provocar na sociedade un estado permamente de alerta e medo que xustifique as accións represivas contra o falso “terrorismo” como coartada para múltiples obxectivos: invasións militares, feche de fronteiras e tráfico de traballadores, mundialización da economía e globalización financieira, acentuación das desigualdades norte-sur en base ao comercio asimétrico, descentralizacións e despidos masivos e un longo relatorio no que non imos entrar.

CONCLUSIÓN FINAL:

A persecución xurídico-meiático-política alcanza a un grupo aínda por determinar de estudantes que se concentraran durante a visita de María San Gil á Facultade de Económicas de Santiago e na cal se viviu un episodio de enfrontamento entre a escolta da política e os anteditos. Este proceso inclúe o seu linchamento e deshonra pública através da acción difamadora , a presión nos centros de estudo e colectivos estudantís, a presión nos grupos familiares co obxectivo da desestabilización emocional, a presión en grupos políticos para tensionar o seu funcionamento interno.

Este proceso é posíbel a partir da condición excéntrica dos grupos de alumnos encausados, ao non pertenceren a algunha das mencionadas organizacións político-empresariais que asegurasen a súa defensa dentro do sistema, nen a liñas oficiais de sindicatos ou organizacións doutra clase, mais con marxe de manobra dentro deste.

Ten como obxectivos fundamentais os anteriormente mencionados, entre os cais deberiamos destacar o da modelaxe/enxeñaría social do sistema de cara a conseguir un novo tipo de cidadán submiso ás organizacións político-empresariais, o cal supón un completo desmantelamento do estado de dereito que tanto se afanan en citar os político-empresarios ao servizo desas maquinarias de captación de vontades individuais e colectivas.

Para conseguir todo isto, os representantes político-empresariais non teñen calquera escrúpulo en aplastar calquera opción discordante, aínda que sexa a base de difamacións, mentiras e violencia, ou mesmo destrozar a vida persoal dunha ducia estudantes, como é o caso.

Por último, debemos lamentar os cada día máis comúns procesos de criminalización pública de individuos e grupos, tendentes ao aleccionamento colectivo da sociedade. Proba evidente de que estas maquinarias están a obter réditos da súa acción diaria e da desmesurada presión mediática desde os centros de poder é que lograran convencer a unha grande parte da sociedade de que uns estudantes que estaban a ser golpeados por uns escoltas eran realmente violentos agresores, mentres que os policías armados e entrenados eran víctimas que debían ser protexidas e enxalzadas publicamente. Todo un exemplo dos novos valores que se impulsan , de comportamentos-predeseñados que debemos aceptar, así como identidades prefabricadas desde oficinas de marketing publicitario para aceptalas e viver dentro do sistema ou aternos ás consecuencias.

Así pois, os que se exteriorizan públicamente como disidentes dos conglomerados político-empresariais, os que exercen a súa liberdade de expresión son apresentados como “conculcadores de dereitos” e totalitarios. Os que defenden agresións ao medio, minorías e traballadores, como impostores e perigosos para-terroristas. Os que denuncian a explotación, o racismo, a mercantilizacion de servizos, resultan molestos.

Dese ponto de vista non hai dúbida, calquera que cuestione o modelo, único, inmutábel e uni-direccional deberá aterse ás consecuencias, pois non nos enfrontamos a un delirio da literatura orwelliana, se non á realidade diaria nun país subsidiario do centro chamado Galiza.

Cando unhas imaxes televisivas nas que claramente uns mallan noutros e non outros nos uns, e a maquinaria meiática consegue inducir a unha alucinación colectiva na que se incrimina aos estudantes e se parabeniza aos agresores, o único que nos queda é recoñecer que triunfa un modelo que realmente postula guerra como paz, a liberdade como escravitude e a ignorancia como forza.

Saúde e solidariedade incondicional cos encausados. Aínda hai forza suficiente para determos a cruzada contra a liberdade (a de verdade, non a dixital).


aquel, 18.02.2008 (Id: 10264)

fixerona famosa eses pardillos!





praxe!, 19.02.2008 (Id: 10291)

Parabéns pola análise. Moi axustada á realidade. Agora o que hai é que organizar a solidariedade e difundir sen parar até que freemos esta loucura.

SOLIDARIEDADE CO@S REPRESALIAD@S!!!





Carlinhos, 21.02.2008 (Id: 10368)

Of course no one could object to a peaceful demonstration during Maria San Gil's conference in Vigo. But when it comes to pushing and shoving shouting nasty slogans like "Fascists," "españois fora da Galiza," and a lot worse which I have heard personally, that's just not permissible. Maria San Gil has the right to free speech, just as you have. I must point out that in her native Basque Country (Euskal Herria), violent groups linked to ETA, such as Herri Batasuna and its associated groups, have made fre speech a virtual impossibility. I do not believe the Basque example is one we want to follow in Galicia/Galiza.
Spain is a democratic country, although perhaps not yet a fully mature one. I have observed that groups such as the main political parties and most political associations respect the democratic rules of free speech, the right to meet peacefully, etc. No matter how much the readers of this blog might oppose the ideas proposed by many politicians, academics or others, the rules of the game are that you have to let them express themselves freely. So, even if you hate the idea of a bilingual Galiza/Galicia, Catalonia or Basque country, even though you abhor the liberal and free-market principles of your opponents, learn to let them have their say, express their opinions, meet freely and promote their ideas, and they will do the same.
As I live in Galiza/Galicia and speak much more Spanish, French, Portuguese, English and Italian than I do Galician/Galego, it is easier for me (as for many others) to communicate with the authorities in Spanish. Why not let me do it in peace? My children learn Galego/Galician in school, but why muct the learn almost all of their courses in Galego, when their native language is Spanish? Would you like it if your children could only study in their native language two or three hours per week? Well, that is what is happening in Catalunya/Catalonia, to children of Castilian-speaking families. Is this fair? I wouldn't like to see Galicia/Galiza follow that route, and I hope you the readers of this journal will give me the opportunity to express my opinion without shouting and screakming that I am a "FASCIST..." whatever that is in today's world. Thanks for the opportunity for me to air a few views.


Caixa dos correios:: paxton@jet.es




super-freak, 24.02.2008 (Id: 10407)

non entendo moito inglés, pero isto é do maior frikismo que se ten acadado no indy...