solidário,
19.02.2008 (Id: 10278)
Ah, mui bem, este sindicato sim que nos vale porque é de imigrantes, nom?
Qualquer outra convocatória sindical (ainda que afectasse a muitíssimas mais pessoas e fosse no país) nunca teria estado na coluna central.
Mesmo o Colectivo Editorial poderia ter considerado que é dumha "filial" e te-la enviado ao indylixo, pois eles decidem quem som os auténticos merecedores de usar este meio com normalidade e quem nom.
E por suposto, todo o apoio solidário desde Galiza aos trabalhadores de todo o mundo!
qualquer,
19.02.2008 (Id: 10279)
Manda autêntico caralho que se meta na coluna central o desvario dum cristiao que se crê o novo Jesus-Cristo na terra e que está a vender aos trabalhadores migrantes na Andaluzia e a prometer-lhes desatinos incomprensiveis. Um ejemplo: tem chegado a prometer-lhes aos migrantes que AO ESTAR FILIADOS AO SEU SINDICATO NAO PODERAO SER EXPULSOS DO ESTADO. Dar cancha a estas notícias é fazer pouco favor aos operários migrantes. Mas às vezes o chachi-guai-pirulismo val mais do que a informaçao. Perguntade à malta de Madrid, Córdoba e Jaen de que vai a questao. MAs, pelos operários, retirade esta notícia e nao deixedes que este impresentavel vo-la cole outra volta.
lksf,
19.02.2008 (Id: 10280)
Se vai a haber algo en Galiza sobre o tema, non me parece mal que se meta o da xornada de loita do 23, agora como xa dixen na propia nova do SOI o de meter isto na central é un erro e unha irresponsabilidade, porque todos os datos que se teñen sobre esta xente o que dan lugar é moitas dúbidas, e a súa nova parece pouco real e bastante fantasiosa.
un,
19.02.2008 (Id: 10281)
.... a mala baba cobra ás veces unha nova dimensión...
ainda de ter sido un desacerto (que eu non o penso), non son os xeitos de expresarse. tan alto nivel de violencia verbal so agocha un fondo resentimento cara todo. por certo: si houbo editoriais sobre loitas sindicais, e penso que esta linha de sacar editoriais cubrindo diferentes aspectos da nosa realidade (7 ed. en menos de dous meses) fai pensar que si haberá unha cumprida crónica de feitos diversos nos que os sindicatos sexan máis protagonistas. se esa censura da que tanto gostades falar fose certa, o editorial anterior a este non se tería feito, e o anterior, e o anterior...
por certo, non sabía que os accionistas do indy-gz eran tan concienzudos co nivel da producción... ah, qué non hai accionistas no indy-gz, que o fan por placer (ou aburrimento)... entón... é autoorganización?... igual pensan que é un combustible ou algo así...!!
por certo, os iluminados deberían mandar exemplos prácticos de como se leva con tanto criterio como o que esixen un portal de autopublicación, xa que vese que é unha laboura que desenrolan á perfección..., sen dúbida polo seu amplo conhecemento práctico... ou non? agardamos ligazóns para comezar a conhecer como fanse realmente ben as cousas, qué ansia, aprender dos grandes iluminados...
namentres, aupa a folga das compas migrantes, e aupa toda a xente que loita (dentro e fora dos sindicatos)
ateio,
19.02.2008 (Id: 10282)
Temos aquí umha notícia subida pela igreja católica. Fora já. Ou nom sabemos quem e a igreja catolica???'''
outro,
19.02.2008 (Id: 10284)
qué ben faríades algúns as cousas...!! (é unha mágoa que non as fagades!!)
que despidan ao colectivo editorial, que eu tenho un primo tonto que o vai facer que te cagas de ben : )
por certo, os represaliados do editorial anterior (algúns) estaban a facer un claro exercicio de proselitismo, non deberíamos eliminar tamén ese editorial? (e non me quero meter co irmao/amigo/moz* de ninguén, que conste!!)
CMI-Gz ,
19.02.2008 (Id: 10298)
:::NOTA:::
O colectivo editorial quer aclarar que, a subida a destaque de umha nova
do SOI (
http://galiza.indymedia.org/gz/2008/02/14305.shtml) obedeceu a
propria petiçom do colectivo convocante. Aclaramos que, dentro da política
editorial, está recolhido o dar-lhe prioridade e subir editoriais de
aqueles colectivos que assim o solicitem. Tras a colaboraçom e crítica de
muitas, e tras comprobar o desacertado do destaque passamos a deixar a
nova na columna de autopublicaçom, más deixa-la fora do destaque da
central editorial.
Queremos pedir desculpas polo erro que entendemos cometimos.
Queremos aproveitar para animar a todo o mundo a (1)sumar-se a este
colectivo aberto e a (2)enviar-mo-nos propostas de centrais para seguir
construindo um medio entre por e para todas.
Obrigadas,
Colectivo Editorial IMC GZ
zorgh,
19.02.2008 (Id: 10303)
a verdade é que tamén me sorprendeu bastante que subirades esto á coluna central; loitas coas que nos solidarizar há moitas, pero o feito de que existan cmi en cada territorio é pra iso, para que en cada parte agromen as dalí.
pero decidín non facer comentario por que seguro que esta plétora de "críticos" que só parecen querer tumbar o colectivo editorial para poder dominar o indy seguro que aproveitarían
mas como parece que xa tomastes a decisión felicitarvos por ela, animarvos a continuar traballando na liña actual e non vos deixedes amilanar por esta panda de iluminados intolerantes!!
ánimo indy-GZ!
Eu,
19.02.2008 (Id: 10307)
Isto é solidariedade internacionalista e o resto son papahostiadas! Non vos entendo...
qualquer,
20.02.2008 (Id: 10315)
eu sigo a ver a notícia no destaque central
calquer outro,
20.02.2008 (Id: 10334)
xa se quitou o desvario cristián, e pediron desculpas polo erro. a info que queda ten certo interese (e non promociona a nengún aproveitado como o do soi); polo tanto morreu o conto, non?
e polo tanto podíades deixar xa de atacar, se cadra...
qualquer,
20.02.2008 (Id: 10336)
É certo e pedo desculpas, ao ver a notícia a primeira vista nao percebí que faltava aquele texto. Se se ve conveniente que se quite o comentário.