Un panfleto para difundir - O SIGNIFICADO DO ACONTECIDO POLOS "INCIDENTES" DE MARIA SAN GIL
praxe!
,
19.02.2008, (Id: 14352)
ou como o xogo electoral pode vulnerar os teus dereitos
DIFUNDE NO TEU ENTORNO!!! SÓ FORTALECENDO A SOLIDARIEDADE PODEMOS EVITAR O LINCHAMENTO ELECTORALISTA!!!
(para difundir: imprime o arquivo de imaxe adxunto polas dúas faces dun folio, córtao á metade e xa tes dous panfletos)
"Toda a vida das sociedades nas cais reinan as condicións modernas de produción anúnciase como unha imensa acumulación de espectáculos. TODO O QUE ERA DIRECTAMENTE VIVIDO AFASTOUSE NUNHA REPRESENTACIÓN."
Guy Debord
OS FEITOS
Un grupo de estudantes maniféstanse na faculdade de económicas da USC contra a presenza (a pago da universidade, por tanto, das propias taxas dos estudantes) de María San Gil, política a quen consideran unha persoa "pouco democrática" (para seguir coa xerga do sistema). Ironicamente (como veremos a contrinuación), protestan porque apoia medidas de ilegalización de opcións políticas en tanto que tais e acostuma a infundir medo vinculando a acción política pacífica coa violencia de ETA para ganhar votos.
Até aí pódese estar máis ou menos de acordo coas razóns, os métodos, o cor da camisola, e blablabla d@s manifestantes. Pero esa non é a cuestión.
A seguridade privada da política pepera introduxo armas ILEGAIS (que non poden ter) na Universidade de Santiago (onde non poden estar armas nen legais nen ilegais). E coa axuda de maderos de escolta (que tampouco poden estar na universidade sen o permiso do reitor, e non o tinhan...), dedicáronse a responder os berros de rexeitamento (insistimos, simples berros; nen ameazas nen nada) con punhetazos, porrazos, patadas, empurróns e outras agresións aos manifestantes.
Os medios de comunicación de masas danlle un bulo tremendo á nova, ofrecendo imaxes seleccionadas previamente (nas que aínda así, por moito que se mire, non se ve a ningún estudante tentando agredir a San Gil) e verquindo opinións infundadas do sucedido que curiosamente rematan todas pedindo algún tipo de actuación policial ante algo "que non se pode permitir". O que non se pode permitir?
O que foron só forcexeos entre manifestantes e seguridade/policía, debidos ao nível de violencia coa que os segundos respostaron ao intento de boicote non-violento (como Gandhi, lembras?), rematou sendo presentado desde os altofalantes mediáticos dos benpensantes como unha agresión, ou no mellor dos casos intento de agresión, que nunca existiron.
Como se explica que non detivesen a ninguén até que se viu que a historia acadaba a trascendencia mediática que acadou? Porque se tanto delito cometeran, por que carallo non os detiveron no momento?
O TRASFONDO
O que pasou a raíz do "incidente" de económicas non pode ser considerado fóra do contexto pre-eleitoral. A esaxerada resposta e os linchamentos públicos tenhen unha causa.
Ante o acontecido, o PP intenta explotar o tópico recurso da política antiterrorista a poucas semanas das eleccións (quen non lembra ese memorábel "foi ETA" de Acebes no 11M?). Pon a funcionar a súa influencia nos medios (El Correo, El Mundo, ABC, La Razón, antena 3), grandes personaxes, opinólogos, e demáis, que se ponhen mans a obra coa esaxeración e criminalización do acontecido coa fin de utilizar a historia como argumento eleitoral: non se pode ter un "governo brando", porque senón "o terrorismo crece". Por tanto, o primero que tinhan que facer era asimilar o acontecido a "terrorismo".
O PSOE ve os votos que pode perder debido á eficácia da estratexia do PP e disponse a amosar que non é ningún "governo brando". Ao revés do 11M [*1](e debido probabelmente ao diferente das circunstancias... pensarían: "por deter a un par destes rapaces non vai protestar ninguén"), síguelle o rollo ao PP. De novo, posiciona a súa influencia nos medios en canto lle é posíbel (El País, todo o grupo PRISA, Tele 5...). Ante a unanimidade mediática (a influencia nos medios de PP e PSOE abrangue case a totalidade dos medios), multiplícanse as condenas por todas partes (Ana Rosa Quintana debate placidamente no seu programa, Senén Barro súmase á moda política do momento, comézase a falar da Audiencia NaZional...). E o PSOE, posuidor do aparello de estado como é neste momento, pasa á práctica: comeza coas detencións arbitrarias e co acoso policial ás mostras públicas de solidariedade (manifestacións, concentracións). Nunha palabra: criminalización. Non é un goberno brando, non. Todo o contrario. É un governo FASCISTA.
Por unha farsa eleitoralista iniciada só porque o PP intenta unha vez mais tirar rédito eleitoral do terrorismo, son capaces (o PP e o seu "rival" no ridículo engano "democrático"[*2]) de crear acontecimentos e facelos pasar por verdade, e incluso de deter a dous estudantes inocentes e iniciar un proceso xudicial por delitos ficticios (inxurias, ameazas, desordes públicas e atentado) e cuxas consecuencias poden chegar a ser demasiado reais.
Todo este circo foi montado para crear e aproveitarse de correntes de opinión artificialmente xeradas desde os mass merda, usando como monicreques a un grupo de estudantes que até polas suas leis tinhan o dereito de movilizarse como o fixeron. @s manifestantes viron os seus dereitos vulnerados para crear as condicións dun novo pseudo-enfrontamento simbólico nos média entre PSOE e PP que lles permitise ranharlle algúns votos ao outro, como se se diferenciasen nalgún punto da súa práctica política cotiá. Así é como actúa a economía capitalista feita sistema político ("democracia", chámanlle).
@s manifestantes contra a presenza da política basca nun acto eleitoralista subvencionado pola USC, tiveron que facer fronte a agresións, inxurias e linchamentos públicos de diverso calibre nos medios de comunicación do sistema, e o que é se cabe máis grave: a ameazas telefónicas. E en tres casos (de momento) a detencións políticas (ben se puidera dicer secuestro) e procesos penais por delitos que non cometeron. Iso chámase terrorismo de estado de baixa intensidade.
No momento da redacción deste texto, os dous primeiros detidos atópanse xa en liberdade, un outro continua detido, e a posibilidade de ser detid@s pesa sobre outr@s manifestantes que foron identificad@s (e algunhas persoas que se sacaron da manga, porque nen sequer estaban... vixía se estás na lista da inquisidora López Cancelo!). Pero non nos esquezamos, porque este caso cheo de irregularidades ao máis puro estilo dos reximes totalitarios pódelle custar moi caro a@s estudantes que exercían o seu lexítimo dereito a manifestarse.
Xa eran unha merda, pero desta volta as eleccións "democráticas" para elexir o grupo empresarial que nos goberna están manchadas de sangue. Non consentiremos que vulneren os dereitos humanos de activistas lexitimamente movilizad@s por unha causa xusta para xogar á súa merda de espectáculo eleitoral. Este éo seu Estado de Dereitos. STOP DEMOFASCISMO ESPECTACULAR!
SOLIDARIEDADE URXENTE!
As maos fóra dos movimentos sociais!
AQUÍ O ÚNICO TERRORISTA É O ESTADO ESPANHOL!
Non aos xuízos políticos! Non á criminalización das ideas!
Contra as eleccións farsa, CONTESTACIÓN NA RÚA!
Retiremos a publicidade de quen se permite violar os dereitos por un punhado de votos!
[*1] salvando as distancias, nos dous casos trátase dun grande acontecimento mediático que "pode ter que ver" co "terrorismo" a pouco tempo das eleccións.
[*2] non nos esquezamos da condescendencia "doutras" opcións políticas en todo isto, entre as cais, o BNG. PSOE-PP-BNG, a mesma merda é! Que se vaian todos!