Primeiro número do vozeiro do Movimento pola Base
El Uali
,
19.02.2008, (Id: 14357)
Pode-se já aceder em pdf ao vozeiro nacional desta nova organizaçom política.
"Pola Base" número 1 em pdf -
Esta é a apresentaçom que aparece na sua web:
"Xa está editado o primeiro número do voceiro nacional da nosa organización, que repartimos masivamente na mobilización nacional de Galiza Non se Vende e que agora distribuiremos ao longo do país. Cunha tirada de 5.000 exemplares, aborda diversos temas da actualidade política galega e internacional.
Ademais de artigos de análise sobre a realidade política e social (sobre a crise económica e as suas repercusións, sobre a aplicación de Boloña, o Tratado de Lisboa ou sobre “Galiza Non se Vende” e a crecente despolitización dos movementos sociais…), abórdanse cuestión internacionais referidas a Colombia, Palestina ou Euskal Herria, así como a caza de bruxas anticomunista en Europa do Leste.
Artigos de carácter crítico como a análise dunha serie de frases fora de lugar do portavoz nacional do BNG, ou sobre a liquidación do proxecto histórico do periódico A Nosa Terra, ademais dunha sección de recomendación de libros e webs de interese e unha serie de referencias breves sobre a actualidade política veñen a completar os contidos desta publicación."
gnb,
20.02.2008 (Id: 10322)
5000 exemplares! Carallo, hai cartiños!
Pero ben. Gosto dos conteúdos e do formato.
Parabéns.
megaprogre,
20.02.2008 (Id: 10328)
que din eses de políticas tan nomeados polo asunto de boloña (obviando as loitas asemblearias que se cadra escolleron con mais tino os brancos da sua protesta), sobre o asunto da san gil? Ai, é que senón non hai futuro na política oficial, non? Como se lles ve o plumeiro a algúns...
SOLiDARiEDADE co@s REPRESALIAD@S!
ceive,
20.02.2008 (Id: 10330)
No vozeiro fala-se de Bolonha -com umha análise ao meu ver mui bem enfocada- e citam-se (de facto acabo de comprová-lo e só umha vez, por isso nom entendo o de "tam nomeados") as mobilizaçons de Políticas, por ser o primeiro centro no que se tenta aplicar Bolonha e pola resposta estudantil, que deu lugar às maiores mobilizaçons estudantis na Universidade Galega desde a LOU.
O vozeiro fala também do affaire San Gil, no que, ademais estariam imputados dous estudantes da Faculdade de Políticas, se é certo o que dizia a prensa.
Porém, nom entendo mui bem a mestura que fai o anterior comentário entre um tema e outro. Suponho que, como de costume neste meio cheo de ruído por todas partes, só será com o objectivo de intoxicar.
megaprogre,
24.02.2008 (Id: 10406)
Home, tan nomeados polo feito de obviar e non facer nen referencia ás luitas de corte asemblear (real) que se están xa desenvolvendo desde o ano pasado, e que tampouco fan pouco ruído aínda que non saian en La Voz. E só preguntei a postura de políticas sobre o asunto, que non creo que se esmeren en tratar (aínda que teñan imputados), quen saberá por qué...
Non é ruído, é que determinados poderes se inician a posicionar polo que consideran a luita estudantil digna da sua atención, e iso jode un pouco, cando estás currando noutras coordenadas, repito, ao meu ver con bastante máis tino.
Aínda que si, ninguén dixo que non estivese ben a análise do de boloña...
ceive,
25.02.2008 (Id: 10427)
Parece que neste fio o tema desviou-se e o tema clave é (como nos últimos 30 anos...) o activismo estudantil em Compostela.
Aqui cada quem pode ter as simpatias que tenha, mas é inegável que é umha luita muito mais assemblear (real) a dirigida por umha Assembleia de Estudantes na que participar a maioria da faculdade que outra(s) na(s) que participa umha imensa minoria. A representatividade dessas "Assembleias" é absolutamente nula, e nom som dignas de tal nome. As pessoas que ali participam, no entanto nom consiguem que a maioria se implique, nom tenhem dereito a falar em nome do conjunto do estudantado.
A prensa dá-lhe releváncia ao que já nom pode ocultar, e as mobilizaçons contra o Plano de Estudos derivado de Bolonha fôrom o suficientemente importantes como para ter essa repercussom. E concretamente La Voz fartou-se intoxicar contra o estudantado de políticas, assim que...
Oxalá no resto das Faculdades se monte a mesma movida proximamente.
Ah, e polo que pom no seu web, a Assembleia de Políticas ainda nom se reuniu desde os exames, se hoje falam do tema San Gil, a maioria dos presentes decidirá, nom?