Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)
Nunca Máis
Pesquisar:

com imagens
com áudio
com vídeo

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
print
radio
satellite tv
video

Africa
ambazonia
canarias
estrecho / madiaq
nigeria
south africa

Canada
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor
winnipeg

East Asia
burma
japan
manila
qc

Europe
alacant
andorra
antwerpen
athens
austria
barcelona
belgium
belgrade
bristol
bulgaria
croatia
cyprus
estrecho / madiaq
euskal herria
galiza
germany
grenoble
hungary
ireland
istanbul
italy
la plana
liege
lille
madrid
marseille
nantes
netherlands
nice
norway
oost-vlaanderen
paris
poland
portugal
romania
russia
scotland
sverige
switzerland
thessaloniki
toulouse
united kingdom
west vlaanderen

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
chile
colombia
ecuador
mexico
peru
puerto rico
qollasuyu
rosario
santiago
sonora
tijuana
uruguay
valparaiso

Oceania
adelaide
aotearoa
brisbane
burma
darwin
jakarta
manila
melbourne
oceania
perth
qc
sydney

South Asia
india
mumbai

United States
arizona
arkansas
atlanta
austin
baltimore
big muddy
binghamton
boston
buffalo
charlottesville
chicago
cleveland
colorado
danbury, ct
dc
hawaii
houston
hudson mohawk
idaho
ithaca
kansas city
la
madison
maine
miami
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new hampshire
new jersey
new mexico
new orleans
north carolina
north texas
nyc
oklahoma
philadelphia
pittsburgh
portland
richmond
rochester
rogue valley
saint louis
san diego
san francisco
san francisco bay area
santa barbara
santa cruz, ca
seattle
tallahassee-red hills
tampa bay
tennessee
united states
urbana-champaign
utah
vermont
western mass
worcester

West Asia
beirut
israel
palestine

Topics
biotech

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer
A desastroika Labrega
Alberte Momán , 25.02.2008, (Id: 14498)
Apunto no título, ese termo utilizado xa por Eddy Jiménez na súa Revolução dos Camaleões, para referirme ao proceso congresual vivido no seo do Sindicato Labrego Galego, en novembro deste ano 2007, aos seus antecedentes e ás repercusións futuras de difícil vaticinio.

-

Dúas liñas de debate

Sen perderme no odioso das comparacións e afastándome das sentencias erradas que se deron demasiado habitualmente nas últimas semanas, e que clamaban por unha suposta independencia da acción política do BNG, o Sindicato Labrego Galego súmese nunha pugna entre a visión abertamente nacionalista e aquela coa mirada posta na organización estatal COAG.
Trala máscara dunha maior implicación da afiliación nos órganos de dirección do SLG, a opción, chamémola, aperturista, desprega as súas redes na procura de apoios, sobre os labregos e labregas, utilizando os seus propios deuses, sempre intocables, personificados na figura da antiga Secretaria Xeral, xerando un ambiente de alerta vermella sobre o feito da acción da base crítica. A estratexia do medo, cobra aquí un papel determinante. A opción alternativa, pola súa parte, en franca minoría, pecha filas sobre os seus cadros, creando unha liña de ataque mediática, que finaliza coa ruptura total de negociacións entre as partes.
Os puntos de debate son claros. A integración da organización labrega en COAG, da que se mostra fervente defensora a liña oficialista, e a adopción dunha liña sindical que xire en torno a un concepto ambiguo, polas innumerables connotacións que desprende, o da agroecoloxía. Para conseguir a defensa destes dous puntos clave, que modificarían toda a liña sindical, variación que xa se viña xestando dende antigo, artéllanse unha serie de medidas importantes. Por unha banda, a erradicación da sección crítica de todo órgano decisorio do Sindicato. Neste sentido, xoga un papel indispensable a ampliación, nos Estatutos, do artigo referente ás incompatibilidades, segundo o que, as persoas que ostenten un cargo de dirección no sindicato, non poderán participar en listas electorais, nin ocupar papel preponderante na estrutura de ningunha opción política. Con esta medida, a liña oficial, asegúrase o sacar de diante aos molestos cadros da facción crítica, que debido á súa historia, son os máis implicados politicamente. Por outra parte, a desvirtuación do concepto de labrego e de afiliado ao SLG. Por esta medida, afiliado da organización non só é a persoa titular da explotación, senón tamén toda a súa familia, estendendo tamén o concepto de labrego a toda persoa vinculada a unha explotación, independentemente de que a actividade sexa ou non agraria. Deste xeito, por unha banda, ampliase o censo de votantes potenciais achegados, malia que descoñecedores, da liña oficial, e por outra parte, permítese que Carme Freire, actual Secretaria Xeral, figure como labrega, malia ser liberada do sindicato a tempo completo. Unha terceira medida imprescindible, e ligada a esta última, é a de impedir que ninguén, que non pertenza a esa nova caste de labregos, poida penetrar no fortín da estrutura interna do SLG. Deste xeito, a sección crítica, queda moi limitada no acceso a calquera debate interno. Débese lembrar, para contextualizar esta medida, que Lidia Senra non era labrega cando foi nomeada Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, igual que o seu antecesor no cargo.

O congreso

Unha vez chegado o congreso, acontecen dúas cousas. Por unha parte, Carme Freire acada o 75 % dos votos, fronte á opción encabezada por Xurxo Álvarez, polo que se considera unha vitoria aplastante da liña oficial. Pero, por outra parte, debido á creación de tres opcións fronte a COAG, que fai que se divida o voto entre integrarse sen máis, solicitar unha serie de cambios na estrutura de COAG antes da integración e a opción de non integrarse en absoluto, provoca que a liña oficial perda esa votación, sen conseguir o fin último que é a integración na organización estatal.
Nese mesmo congreso, saen elixidas as persoas que comporán un dos órganos principais da estrutura interna do sindicato, a Dirección Nacional, respectando a porcentaxe acadada por cada unha das opcións competidoras. Emprázase á Dirección Nacional a unha nova reunión, días despois, para elixir á Comisión Executiva. Esa reunión volve ser polémica, dada a tensión dos días que a precederon, xa que, para evitar calquera intromisión da opción crítica, a mesmísima ex-secretaria xeral impide a unha labrega, elixida nas urnas por toda afiliación, participar con voz e voto nesa xuntanza. Cos ánimos caldeados, e baixo a maioría da liña oficial, conséguese rebaixar de quince, iniciais, a dez os membros da Comisión Executiva, véndose representada tan só unha das opcións convocadas. Desas dez persoas, malia existir unha premisa previa de que tan só poderían formar parte da Executiva labregos e labregas, e escudándose na ampliación do concepto de labrego e labrega propugnada dende a opción oficial, máis da metade son traballadores do SLG, vinculados dalgunha maneira a unha explotación, pero sen actividade agraria real.
Deste xeito, cunha Executiva dominada por traballadores e traballadoras do sindicato, dunha mesma cor política, e coa obrigatoriedade de reunir a Dirección Nacional, esta si bicolor, tan só tres veces no ano, a liña oficial dispón de vía libre para actuar segundo lle marcan os seus designios, e con independencia das necesidades ou opinións de afiliados e afiliadas.

Liberados e liberadas

E entre tanto, que acontece cos traballadores e traballadoras que non poden optar a formar parte da estrutura da organización? Estes teñen unha loita particular, na defensa do seu posto de traballo e para conseguir que os seus dereitos máis elementais sexan respectados. Neste sentido, a vulneración dos dereitos básicos dentro do seo do SLG, foi e sigue sendo unha constante, amparada por dous factores importantes: a militancia ideolóxica e a escaseza de recursos. Traballadores e traballadoras, en nome da militancia ideolóxica, viron reducida a súa posición a meros instrumentos da dirección, obrigados a realizar todo tipo de tarefas, sen horarios e sen apenas compensacións. A escaseza de recursos, pola súa banda, produciu a instauración de salarios de miseria e contrapartidas varias, fomentadas para o autofinanciamento da organización.
As semanas seguintes ao congreso móstranse complicadas, sobre todo para aqueles liberados e liberadas críticas, pendentes de renovación de contratos, ou pendentes de cambio de contrato dos abusivos contratos por obra, moi frecuentes na organización, aos indefinidos. Os rumores de posibles aperturas de expediente a algún compañeiro, obriga a traballadores e traballadoras a convocar unha asemblea o día 16 de decembro de 2007, para tratar a súa situación. Desa asemblea, saen electos tres representantes, que serán os encargados de mediar, coa Dirección da organización agraria, nos posibles incidentes que se puidesen producir. As ameazas por parte dun membro da executiva non se fan esperar, despois da devandita reunión.




Encontro Nacional Labrego

O mes de xaneiro agárdase conflitivo. A candidatura encabezada por Xurxo Álvarez, convoca a todas as persoas, afiliados e afiliadas e liberados e liberadas, a un encontro, o Encontro Nacional Agrario, o sábado 12 de xaneiro, co fin de constituír unha corrente ideolóxica dentro do SLG, acordándose o nome de Encontro Nacional Labrego. Neste encontro, máis dun centenar de persoas debaten sobre os antecedentes e as perspectivas de futuro da organización agraria. Asemade, acláranse cuestións a respecto do Congreso de novembro e faise unha declaración de intencións, co fin de dar inicio a un movemento que devolva ao Sindicato Labrego Galego ás filas da esquerda e da democracia.
A reacción por parte da Executiva do SLG non se fai esperar. A modo de represalia, e por terse decantado pola postura crítica, rescíndeselle o contrato a unha compañeira liberada. Preténdese, deste xeito, minar a paciencia e a resistencia das persoas que apoiaron a candidatura de Xurxo Álvarez e atacar, tamén, a liberdade de expresión de toda unha base crítica, non necesariamente ligada a algunha das candidaturas, que cuestiona o actual cambio de rumbo que ten como base a precariedade e a viraxe cara unha estrutura empresarial de líderes mesiánicos.